Mostrando entradas con la etiqueta O sabor da aventura está no mar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O sabor da aventura está no mar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de octubre de 2023

LEBRES DE MAR


A noticia publicada no xornal Diario de Arousa sobre as lebres de mar aparecidas na praia de Vilagarcía, serviunos de detonante para coñecer estes animaliños mariños. Tamén aproveitamos a oportunidade para traballar ao redor dos xornais e da prensa dixital.


martes, 16 de mayo de 2023

O ACUARIO DO GROVE

 

Cabaliños de mar, moreiras, medusas, tartarugas, peixes pallasos … ata pirañas! Todos estes habitantes do mar puidemos observar na nosa visita ao acuario, enmarcada dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.

 Acompañados en todo momento polo monitor Borja, descubrimos diversos ecosistemas mariños.

Sen lugar a dubidas, un dos momentos máis especiais da visita, foi a oportunidade de ver de preto as estrelas de mar.


Ademais da visita guiada, participamos no obradoiro “Ollo co que pescas”. A través de xogos, traballamos ao redor do respecto e coidado do mar e os seus hábitats.


lunes, 12 de diciembre de 2022

EXCURSIÓN A PORTONOVO

Aínda que as previsións anunciaban auga, na nosa saída a Portonovo dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben, gozamos dun tempo estupendo. Tras a viaxe en bus que sempre esperta a ilusión nos cativos, chegamos á lonxa onde nos explicaron o proceso de comercialización do peixe e o etiquetado.


Despois visitamos o porto e amosáronnos as principais actividades pesqueiras e os aparellos que se empregan para capturar o peixe.

Na nave de redeiras coñecemos de primeira man o oficio de reparación e armado de redes.


Ao rematar, fomos á praza de abastos a ver a gran variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor.



Ademais da súa amabilidade ao amosarnos os pescados e explicarnos as súas características, déronnos unha chea de agasallos para levar.

Por último, chegou o momento de coñecer os alimentos do mar dende o punto de vista gastronómico. Puidemos degustar unha merenda mariñeira e levar nunha bolsiña as preparacións que nos sobraron.

lunes, 14 de noviembre de 2022

O GOLFIÑO MANOLIÑO


A semana pasada, a noticia aparecida no xornal La Voz de Galicia sobre o golfiño Manoliño, serviunos de detonante para coñecer algunhas características deste simpático animal. Esperamos que pronto consigan extraerlle o arpón. Estaremos atentos ás novas publicadas.

lunes, 10 de octubre de 2022

OS XORNAIS E O TIBURÓN MARTELO

 

Esta semana comezamos a traballar ao redor dos xornais e a prensa dixital. Comprobamos que a maioría dos nenos non está familiarizado con este tipo de soporte impreso. Consideran que os periódicos úsanse para non manchar a mesa cando se pinta ou para envolver obxectos. Poucos coñecían a súa función informativa. Por este motivo, se na casa ledes a prensa escrita e vos apetece, os nenos poden traer o periódico á escola. Será un xeito motivador para que todos vaian coñecendo a importancia deste medio de comunicación e cada día ver o que acontece no mundo.

 

Mentres iso sucede, a nova aparecida na versión dixital do Faro de Vigo sobre o tiburón martelo, serviunos para coñecer algunhas curiosidades deste animal.


lunes, 6 de junio de 2022

EXCURSIÓN A CORTEGADA


Despois de tanto tempo sen poder ir de excursión debido á pandemia, o pasado 26 de maio por fin puidemos facelo. Cheos de ilusión emprendemos rumbo a Carril en autobús.






Nada máis chegar atopamos a primeira sorpresa: unha estrela de mar! 


Despois veu o máis emocionante, o percorrido en lancha ata a Illa de Cortegada.



Mentres esperabamos polo resto do grupo, fixemos fotos cos compañeiros de Sisán.

E guiados pola monitora Marina, que nos acompañou durante todo o percorrido, coñecemos a illa e descubrimos os seus segredos.






lunes, 30 de mayo de 2022

A CAPITÁ CORTEGADILLA

 

Fai unhas semanas, a mestra Rebeca de educación física tróuxonos unha sorpresa espectacular. Nun dos seus paseos polo río Umia atopou unha botella cunha mensaxe que compartiu connosco. Resulta que a tripulación da capitá Cortegadilla, encargada de coidar o medio ambiente na Illa de Cortegada, desapareceu. Cortegadilla pedía a nosa axuda para rescatala e dábanos unha serie de pistas para conseguilo. Xunto cos nenos da escola de Sisán, comezamos a busca. Pero primeiro realizamos este baile pirata para quentar motores.

Despois chegaron as probas. Para rescatar a cada membro da tripulación debíamos superar unha: resolver adiviñas, facer castelos de area, camiños de follas, tirarnos polo tobogán, adiviñar obxectos polo tacto …



Paseniño os piratas foron aparecendo e entre todos recuperamos a toda a tripulación incluído o loro Refunfuñón.



E para agradecernos a nosa axuda, a capitá Cortegadilla enviounos o seguinte vídeo no que nos invita a coñecer a súa illa.