A semana
pasada a irmá de Gael fíxonos chegar unha carta cun debuxo dun lobo que nos
gustou moito. Decidimos redactar unha resposta e darlle as grazas por tan
agradable presente. Entre todos puxémonos de acordo co contido e serviunos de detonante
para traballar ao redor das partes dunha misiva. Entre isto e os contos de cartas
que andamos a ler, aos meniños entráronlles moitas ganas de escribir aos seus
amigos e familiares. Animádevos na casa a axudar aos nenos a envialas e veredes
que ben o pasades e a ilusión que fai recibilas.
Mostrando entradas con la etiqueta Cartas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cartas. Mostrar todas las entradas
domingo, 27 de octubre de 2019
jueves, 17 de octubre de 2019
DÍA MUNDIAL DO CORREO
A mascota
da nosa biblioteca tamén gusta de ollar a prensa diaria. O pasado mércores, no
xornal que nos trouxo Marta, leu que cada 9 de outubro se celebra o Día Mundial do Correo. Quixo celebralo connosco e preparounos unha bolsiña coa
noticia do periódico e unha chea de contos de cartas. Dende entón, cada día o
encargado elixe cal quere que leamos. Son libros cheos historias, con sobres, postais e unha chea de sorpresas que paseniño imos descubrindo á vez que nos mergullamos no mundo das cartas.
miércoles, 5 de octubre de 2016
ZAPATOCAS E O CAMIÑO DE SANTIAGO
Así que xa sabedes, se na casa tedes materiais relacionado con “O Camiño de Santiago” podedes traelos á escola para crear un novo recuncho e aprender todos xuntos.
martes, 12 de enero de 2016
ZAPATOCAS EN CANARIAS
Onte, na nosa visita semanal á biblioteca
escolar, descubrimos unha nova carta da nosa mascota. Nela Zapatocas cóntanos
que marchou para Canarias e anímanos a buscar información sobre esta Comunidade
Autónoma.
Na nosa aula imos comezar un novo proxecto con este impresionante
lugar como protagonista, pero primeiro temos que desmontar o recuncho de
Andalucía e seleccionar que materiais conteñen tamén datos das Illas
Afortunadas. Para quentar motores no obradoiro de cociña desta semana
empregaremos como ingrediente un dos seus principais produtos: o plátano de
Canarias. Neste enlace
tedes información sobre este alimento e as características que o diferencian da
banana.
lunes, 12 de enero de 2015
CARTA DE FÉLIX
A nosa lebre viaxeira chegou a Australia. Soubémolo
hoxe a través dunha misiva que recibimos na biblioteca. Nela fálanos dunha chea
de cousas descoñecidas para a maioría de nós, pero nas vindeiras semanas iremos
debullándoas e seguro que aprenderemos moitas cousiñas.
Para comezar intentamos
memorizar o nome do país, aínda nos custa pronuncialo, e miramos nos mapas para localizalo. Limos e buscamos na
carta os nomes dalgúns animais que coñecemos e outras palabras que xa somos
capaces de atopar no texto sen problemas. Un novo proxecto está en marcha, xa
vos contaremos.
miércoles, 24 de septiembre de 2014
CARTA DE FÉLIX DENDE A SELVA AMAZÓNICA
Xa
sabemos onde está a nosa lebre viaxeira: ¡en “A Selva Amazónica”!. O luns
recibimos a primeira carta de Félix deste curso e nela fálanos de animais
sorprendentes: preguiceiros,
golfiños rosados,
tucanos, anacondas …
Levamos varios días traballando ao redor da
súa misiva e pronto comezaremos a montar un recuncho con toda a información que
atopemos sobre este impresionante lugar. Se na casa tedes contos, libros, DVDs, fotos, quebracabezas,
postais, mapas, obxectos, folletos ou publicidade de axencias de viaxes,
receitas… relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo
traer para velo na aula e aprender
xuntos. Graciñas.
viernes, 30 de mayo de 2014
FÉLIX ESTÁ NO CARIBE
Sabémolo
dende o luns que recibimos unha nova carta da nosa lebre viaxeira. O mesmiño ca
nós, Félix estaba canso de tanto frío e mal tempo, así que decidiu marchar para
O Caribe. Na súa misiva fala de cocos, golfiños, baleas… e, coma sempre,
aproveitamos a nosa visita á biblioteca para buscar información ao respecto e
comezar a montar un novo recuncho. ¡Benvidos a “O caribe”!.
martes, 1 de abril de 2014
FÉLIX NO POLO NORTE
Onte
soubemos que a nosa mascota viaxeira leva varias semanas vivindo cun neno
esquimó no Polo Norte. O luns na biblioteca limos a súa última carta e xa
comezamos a buscar información sobre este novo lugar. Como sempre, se na casa
tedes materiais relacionado co tema, podedes traelo á escola para aprender
todos xuntos.
viernes, 24 de enero de 2014
FÉLIX E AS GRÚAS DA PAZ
Esta semana recibimos unha
nova carta da nosa lebre viaxeira. Ela serviunos de punto de partida para
coñecer a historia de Sadako Sasaki e reflexionar sobre as consecuencias da guerra. Sadako vivía en Hiroshima
e tiña dous anos cando lanzaron a bomba
atómica. Nove anos despois, enfermou de leucemia como consecuencia da radiación
recibida.
Mentres estaba no hospital unha amiga contoulle
a lenda das grúas de papel: aquela persoa que fora capaz de facer 1.000 conseguiría
que o seu desexo se fixera realidade. Sadako comezou a
crear grúas pero pensou que no sería xusto pedir a curación soamente para ela e
pediu que o esforzo que ía facer servira para traer a paz. Lamentablemente morreu despois de facer 644, pero os seus
amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas coa esperanza de que
se evitaran as guerras no futuro. No Parque da Paz de Hiroshima realizaron unha estatua dela cunha grúa na súa man. Cada ano chegan grúas de papel de todo o mundo coa esperanza de que leven os seus desexos de paz. Na
nosa aula tamén queremos render unha pequena homenaxe a Sadako e comezamos a construír
grúas de papel para celebrar o vindeiro xoves o día escolar da paz.
lunes, 30 de septiembre de 2013
CARTA DE FÉLIX DENDE XAPÓN
Cando Félix desapareceu no ceo, tanto
Sofía coma nós quedamos preocupados. Pero agora xa sabemos que está ben, aínda
que tivo un aterraxe un pouco accidentado. Contóunolo nunha carta que estivemos
a ler a semana pasada, nela nos di que chegou a Xapón e que vai quedar alá pero…
¿onde está ese país?... en clase estivemos vendo mapas e intentado localizalo. Xa
empezamos a saber que está formado por illas pero ao igual que Félix queremos
coñecer a súa cultura, costumes, gastronomía…

Agora imos montar un recuncho na
aula con todos os materiais que atopemos relacionados co país nipón. Coma sempre,
se tedes na casa contos, libros,
DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos, propaganda de axencias de viaxe, folletos
ou calquera outro material relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos
alumnos, podédelo traer para velo na aula e aprender todos xuntos.
lunes, 15 de abril de 2013
FÉLIX CHEGOU A NOVA YORK
Soubémolo
hoxe, cando limos a carta que lle enviou
a súa amiga Sofía. Nela fálanos dunha estatua xigante, un parque enorme e
rañaceos. Na vindeiras semanas investigaremos sobre todo isto. Para empezar,
ademais de buscar varias palabras significativas na carta de Félix, estivemos vendo
os libros que temos na biblioteca que falan Nova York. 
Tamén imos montar un
novo recuncho en clase, polo que, se
tedes contos, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos, folletos de axencias de viaxe ou calquera outro
material relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo
traer para velo na aula e aprender todos xuntos.
lunes, 8 de octubre de 2012
FÉLIX ESTÁ EN EXIPTO
Contóunolo nunha carta que limos a
semana pasada. Nela fálanos de pirámides, camelos, desertos, incluso dun río
chamado Nilo… Hoxe, na biblioteca escolar, estivemos vendo os libros de Exipto que
hai nela.
Temos moitos e puidemos observar algunhas das cousas das que nos
falou Félix. Tamén descubrimos outras sorprendentes: uns signos estraños que a
mestra chamou xeroglíficos, reis e raíñas, xoias… ¡ata momias! E o que moitos
non se esperaban: ¡que existen de verdade!. 
Nas vindeiras semanas iremos
recompilando e organizando toda a información sobre este marabilloso país que o
noso amigo está a visitar. Por agora, xa sabemos que se queremos atopar
información de Exipto na biblioteca, temos que buscar na zona documental no
número 9, nos libros que teñen unha pegatina branca.miércoles, 11 de enero de 2012
CARTA DE FÉLIX DENDE PARÍS
Sofía, a protagonista do conto “Cartas de Félix” que estamos lendo na aula, recibiu outra misiva do seu peluche. Como podedes ver na imaxe, marchou para París.
Antes das vacacións estivemos traballando sobre esta carta e incluso intentamos aprender a xogar á petanca. Agora imos a investigar e coñecer cousiñas desta cidade e do país onde está situada, xa vos contaremos.
jueves, 13 de octubre de 2011
FÉLIX ESTÁ EN LONDRES
![]() |
Sofía, a protagonista do conto “Cartas de Félix”, recibiu unha carta do seu peluche. En clase, tamén a limos e buscamos nela algunhas palabras significativas para aprender como se escribían á vez que nos imos familiarizando con este tipo de texto. Agora queremos investigar sobre esta cidade e o país onde está situada…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




































