Un ano máis o noso festival
de Nadal veu cargado de teatro, actuacións, xogos, bailes e, por suposto, a visita do Apalpador.
viernes, 22 de diciembre de 2023
FESTIVAL DE NADAL 2023
miércoles, 29 de noviembre de 2023
ÁRBORE DE NADAL
Chega o Nadal ás nosas propostas culinarias da fin de
semana cunha saudable árbore de uvas. A nosa chef Antía xa se puxo en marcha e
quedoulle xenial.
E para os amantes do kiwi, o noso cociñeiro Brais tráenos
unha espectacular versión con esta froita como ingrediente principal.
viernes, 30 de diciembre de 2022
FESTIVAL DE NADAL 2022
Este curso por fin puidemos volver a celebrar a chegada do Nadal xuntándonos cos nenos de todas as aulas e as familias.
Tivemos unha maña
repleta de actividades: contacontos, badaladas, merendola, visita do Apalpador
e as espectaculares actuacións das aulas baixo a dirección da mestra Olalla de
música. Grazas a todas as persoas que colaboraron na organización da festa.
A continuación vos deixamos con moito agarimo o divertido
vídeo en lingua de signos que editou a mestra Malú.
jueves, 8 de diciembre de 2022
A PIRULETA DE PAPÁ NOEL DE LÚA
A nosa cociñeira Lúa xa elaborou a piruleta de Papá Noel que propuxemos a
semana pasada. Mirade na imaxe que nos enviou que divertida lle quedou.
miércoles, 7 de diciembre de 2022
AS ÁRBORES DE NADAL DE ANTÍA, BRAIS E NOA
E chegou o momento de encher de árbores de Nadal as nosas propostas culinarias da fin de semana. Nesta ocasión propuxemos empregar
mandarina coma ingrediente principal.
O noso chef Brais, usou plátano para o tronco e arándanos e fideos de colores para decorar.
Coma outras veces, contou coa inestimable axuda da súa
irmá Lía.
E despois de cociñar, nada mellor que gozar saboreando a creación.
A nosa cociñeira Noa optou por boliñas de chocolate na decoración da árbore.
Tres versións diferentes e todas boísimas!
martes, 22 de noviembre de 2022
PARA MERENDAR RENOS DE MANDARINA
O Nadal chegou ás propostas culinarias da fin de semana. Comezamos
con esta divertida receita chea de vitaminas.
lunes, 21 de febrero de 2022
O RENO DE NOA E ANA
Mirade nas imaxes que chuliña queda a versión realizada
por Ana e Noa do reno
empregando pan de molde e queixiños mini babybel.
martes, 11 de enero de 2022
AGASALLOS DO APALPADOR
Antes das vacación de Nadal, escribiramos cartas ao
Apalpador pedíndolle cousiñas para compartir na aula. Onte cando chegamos non
atopamos nada, pero buscando, buscando …
dimos con sorpresas para todos.
martes, 21 de diciembre de 2021
FESTA DE NADAL
Aínda que non puidemos xuntarnos cos nenos das outras
escolas, si que tivemos unha mañá festiva. Comezamos vestidos para a ocasión e
con panxoliñas.
Recibimos a visita do Apalpador que recolleu as cartas
coas nosas peticións e deunos un agasallo. E rematamos a xornada con xogos e
bailes. Grazas familias pola vosa colaboración.
lunes, 22 de noviembre de 2021
PEQUENO AZUL PEQUENO AMARELO
Hoxe é o día 22 polo que, continuando co xogo de lecturas inclusivas proposto por Zapatocas, tivemos que buscar na árbore de Nadal da biblioteca a bóla que ten ese número. Debaixo está agochada a portada do conto “Pequeno azul, pequeno amarelo”. Un bonito libro que fala de como dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se converten nunha nova cor.
A ÁRBORE DE NADAL DE NOEL
O noso cociñeiro Noel tamén comezou co Nadal nas súas
creacións. Mirade nas fotografías que ben elaborou a árbore con kiwi.
A continuación tedes a receita e o vídeo da versión con
uvas.
domingo, 14 de noviembre de 2021
ÁRBORE DE NADAL
Aínda estamos en novembro pero xa comezamos cos
preparativos de Nadal, unha das festas que máis gusta a pequenos e maiores. As nosas
propostas culinarias da fin de semana tamén van encherse deste aire festivo. Empezamos
cunha árbore de Nadal do máis saudable a base de kiwi. No vídeo tedes o proceso de realización e na imaxe inferior a nosa receita.
jueves, 11 de noviembre de 2021
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Un ano máis o Concello de Ribadumia convoca o seu tradicional concurso de postais. Coa axuda da mestra Ana cada meniño está realizando a súa para participar. Paseniño van quedando preciosas. Grazas profe Ana!



































