Mostrando entradas con la etiqueta Teru Teru Bozu. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teru Teru Bozu. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de noviembre de 2021

TERU TERU BOUZU

Esta semana rematamos coa temática das pantasmas coñecendo a un tradicional do país natal de Yayoi Kusama: Xapón. Trátase do Teru Teru Bouzo. Un boneco feito con papel branco que se colga nas ventás nos días e chovia. É unha especie de amuleto que se emprega para atraer o bo tempo. Como nós queremos que faga sol para poder saír a xogar fóra, esta semana realizámolos coa axuda das mestras Olalla e Ana.


 Neste enlace tedes un simpático vídeo que vimos para aprender a elaboralo. Se polo contrario desexamos atraer a choiva, hai que colgalos de xeito invertido. 

Aquí tedes unha animación onde dous irmáns teñen desexos opostos e os seus Teru Teru Bouzu comezan unha danza para loitar polo sol e a choiva respectivamente. Animádevos a construír os vosos Teru Teru Bouzu e  personificalos, se mandades as fotos ao noso correo escoladeleiro@gmail.com publicarémola no blog.

jueves, 7 de noviembre de 2013

OS NOSOS TERU TERU BOZU

Rita enviounos esta bonita foto dos Teru Teru Bozu que construíu coa axuda da súa mamá. Estamos seguros de que hoxe á mañá puidemos saír ao patio de recreo grazas ao poder que exerceron os catro xuntiños. ¿Quen máis se anima a mandarnos fotos deste amuleto xaponés que tanto nos gusta?. Se o facedes, iremos colgándoas todas nesta entrada e poderemos divertirnos vendo as creacións dos nosos compañeiros.

viernes, 25 de octubre de 2013

TERU TERU BOZU

Teru Teru Bozu é un boneco tradicional xaponés, feito con papel branco que se colga nas ventás nos días de choiva. É unha especie de amuleto que se emprega para atraer o bo tempo nos eventos importantes. Como nós queremos que deixe de chover para poder saír ao patio e, sobre todo, para facer o Magosto a vindeira semana sen mollarnos, onte realizamos Teru Teru Bozu para todos. Neste enlace tedes o simpático vídeo que vimos á mañá para aprender a elaboralo. Tamén comezamos a memorizar a canción que leva asociada e que vos deixamos a continuación.

Se polo contrario desexamos atraer a choiva, hai que colgalos de xeito invertido. No seguinte enlace  tedes unha animación onde dous irmáns teñen desexos opostos e os seus Teru Teru Bozu comezan unha danza para loitar polo sol e a choiva respectivamente. Animádevos a construír os vosos Teru Teru Bozu e  personificalos, se mandades as fotos ao noso correo escoladeleiro@gmail.com  publicarémolas no blogue.