Tras a xornada de educación vial, decidimos levar as bicicletas
as nosas propostas culinarias da fin de semana. Mirade nas imaxes que espectacular
quedou a que cociñou Brais.
lunes, 27 de mayo de 2024
A BICICLETA DE BRAIS
lunes, 29 de enero de 2024
AS RECEITAS DE ANA E NOA
Xa temos as fotos das creacións das nosas cociñeiras Ana
e Noa. Mirade nas imaxes que ben lle quedaron estas receitas de inverno.
lunes, 22 de enero de 2024
PINGÜÍNS
Cada 20 de xaneiro conmemórase o Día de Concienciación
polos pingüíns,para unirnos a esta celebración, levamos estes animaliños ás
nosas propostas culinarias da fin e semana con esta divertida receita.
O noso cociñeiro Noel xa nos enviou a súa creación. Mirade
nas imaxes que chuliño lle quedou.
martes, 16 de enero de 2024
miércoles, 29 de noviembre de 2023
ÁRBORE DE NADAL
Chega o Nadal ás nosas propostas culinarias da fin de
semana cunha saudable árbore de uvas. A nosa chef Antía xa se puxo en marcha e
quedoulle xenial.
E para os amantes do kiwi, o noso cociñeiro Brais tráenos
unha espectacular versión con esta froita como ingrediente principal.
lunes, 13 de noviembre de 2023
ESPANTALLO AMIGO
Co motivo do aniversario do nacemento do escritor Xosé Neira
Vilas, a semana pasada estivemos a ler e traballar ao redor do libriño “Espantallo amigo”. Coñecemos ao Tío Ramón, os merlos e outros persoeiros deste
entrañable conto. Como non podía ser doutro xeito, levamos ao protagonista
da historia ás nosas propostas culinarias da fin de semana.
A nosa cociñeira Lúa xa se animou a elaboralo e enviounos
as fotos da súa espectacular creación.
lunes, 6 de noviembre de 2023
A BRUXA E A SÚA CASA
Nesta ocasión recibimos as fotos dunha terrorífica bruxa
cociñada pola nosa chef Antía. Para a elaboración dos pelos empregou un
nutritivo plátano. Que medo!
E o noso bruxo Aarón animouse a preparar a casa da bruxa.
lunes, 30 de octubre de 2023
AS CASAS DAS BRUXAS
Nas nosas propostas culinarias da fin de semana
continuamos a voltas coas bruxas. Nesta ocasión optamos polas casa destes
máxicos personaxes. Os nosos cociñeiros Antía e Brais xa nos enviaron as súas saborosas
creacións.
lunes, 23 de octubre de 2023
A BRUXA SOFRONISA
Nunha das nosas visitas semanais á biblioteca escolar, descubrimos
o conto “Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa”. A partir da súa lectura comezamos
a mergullarnos no fascinante mundo das meigas.
As nosas cociñeiras Ana, Noa e Yaiza xa se puxeron en marcha e mirade que creacións máis divertidas nos mandaron.
miércoles, 18 de octubre de 2023
ORELLA CORTADA
Cando limos o contiño de Daniela Pirata coñecemos a
Orella Cortada, o malvado capitán do Caimán Negro, e decidimos levar este
persoeiro ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Os nosos chefs de Leiro
xa nos enviaron ás súas espectaculares creacións.
lunes, 9 de octubre de 2023
OS PAVOS REAIS DE BRAIS, LÚA E YAIZA
Como podedes ver nas fotos, en Leiro temos uns cociñeiros
e cociñeiras espectaculares! Grazas familias por participar nas propostas e
compartir as imaxes connosco!
Ou se o preferides podedes empregar nutritivas framboesas coma
Lúa e Brais. Que saborosas!
E nada mellor que cociñar en familia!
lunes, 2 de octubre de 2023
UN PAVO REAL DE UVAS
Cun outonal pavo real, esta semana rematamos as nosas propostas culinarias coas uvas coma protagonistas. A nosa chef Antia xa nos enviou a súa creación.
Mirade nas imaxes canto traballiño levou e que ben lle saíu.
miércoles, 27 de septiembre de 2023
AS BOLBORETAS DE NOA E ANA
Paseniño o noso blog vaise enchendo de saborosas e
nutritivas bolboretas. Hoxe temos as creadas por Ana e Noa.
lunes, 25 de septiembre de 2023
BOLBORETA DE UVAS
Coa volta á rutina, inauguramos o noso obradoiro de cociña con propostas que teñen as uvas como ingrediente principal. Comezamos cunha divertida bolboreta.
Os máis pequenos con letras móbiles e os
maiores con grafías máis complexas.
Despois en casa podedes elaborar as diferentes receitas e enviarnos as fotos ao correo como fixeron Yaiza e Antía.
Podedes substituír os ingredientes suxeridos por outros que teñades na casa ou facer as vosas propias versións.Grazas a Yaiza e Antía por compartir as súas creacións connosco, quedaron chulísimas!














































