Mostrando entradas con la etiqueta Cociñando contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cociñando contos. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de noviembre de 2019

A QUE SABE A LÚA?

Esta semana volveremos a ter lúa chea e nós aproveitamos a ocasión para cociñala e animar aos pequenos a probar a cenoria. Comer o nariz ou a boca da lúa feita con esta nutritiva verdura, sempre é unha motivación para degustala.


domingo, 20 de octubre de 2019

COMER UN LOBO

Dende que limos este divertido contiño, decidimos que chegara o momento de cambiar as tonas e ser nós quen comera ao lobo. Así que se na casa tamén queredes cociñar un para merendar, a continuación vos deixamos a receita.



lunes, 12 de marzo de 2018

MIAU

No noso obradoiro de cociña continuamos elaborando contos ilustrados por Óscar Villán. O venres pasado tocoulle quenda a Miau.


domingo, 4 de marzo de 2018

O COELLIÑO BRANCO

Xa fai moito que fixeramos esta receita inspirada no conto “O coelliño branco”, pero quedara pendente de publicala no noso blog. Un xeito divertido de animar aos meniños a comer plátano. Nas vindeiras semanas continuaremos cociñando contos que teñen ao ilustrador Óscar Villán como protagonista.

lunes, 24 de octubre de 2016

O OGRO

No noso obradoiro de cociña continuamos elaborando e merendando aos malvados dos contos. O venres pasado tocoulle quenda ao “O ogro” do libro “Chibos, chibóns”. Ademais de divertirnos cociñando, a receita serviunos para coñecer e degustar o froito co que fixemos os ollos: as framboesas. Pero á hora de escribir a receita quedounos atrás un ingrediente … ¿Lembrades cal?... ¿Quen se anima a enviarnos un comentario coa resposta?

lunes, 9 de junio de 2014

PARA MERENDAR… UNHA XIRAFA


Este curso xa comeramos  lobos, leóns, vacas, porcos, osos, serpes, e incluso dinosauros, pero ata fai un par de semana nunca probaramos xirafas. Están boísimas, tan ricas que non deixamos nin as migallas. Dende que empezaramos coa proposta de “contospara cociñar”, Alejandro tiña ganas de elaborar unha xirafa e non parou ata que o conseguiu. A mestra aproveitou para ler un conto que a ela lle encanta e ten como protagonista unha xirafa: “Unhacasa a medida”.Graciñas a Alejandro e a súa familia por compartir con nós tan divertida e rica receita.


sábado, 31 de mayo de 2014

A TORTA MÁXICA

Moedas de chocolate, biscoito, galletas, pauciños de pan…  todos estes ricos ingredientes formaban parte do conto que Brais, coa axuda da súa nai, cociñou para nós a semana pasada. Graciñas á familia de Brais por preparar para nós esta deliciosa e máxica torta.

miércoles, 21 de mayo de 2014

VIAJE EN TREN

Este é o conto que Adrián cociñou para nós a semana pasada. ¡Como nos gustan os trens de biscoito cargados de lambetadas!... todo estaba delicioso: as rodas, a cheminea, as ventás… pero as vías de regaliz tiveron un éxito espectacular, non quedou ningunha. Graciñas á familia de Adríán por compartir con nós tan rica e divertida receita.

miércoles, 14 de mayo de 2014

HANSEL E GRETEL

Este é o conto que Alejandro cociñou para nós o luns. Un rico tellado de galletas con Lacasitos, paredes de delicioso biscoito e, o que máis gustou aos cativos, un gran valo de lambetadas rodeando a enorme e suculenta casiña. Graciñas á familia de Alejandro por compartir tan exquisita receita.

miércoles, 7 de mayo de 2014

MENRENDANDO… DINOSAUROS

Xa probamos lobos, leóns, vacas, porcos, osos, serpes… pero onte Anxo demostrounos que os dinosauros recubertos de kiwi están exquisitos. Sabemos que lle deu moito traballiño realizalo pero o resultado foi espectacular e conto de pop up no que se inspirou gustounos a todos. Graciñas a Anxo e a súa mamá por cociñar para nós este saboroso dinosauro.

lunes, 5 de mayo de 2014

COCIÑANDO… ¡O ANTIGO EXIPTO!

O río Nilo cunhas beiras de kiwi e mazá riquísimas, un impresionante caiuco de biscoito navegando polas súas cálidas augas de nata, as pirámides, o deserto…  todo isto preparou Gabriel coa axuda da súa mamá e o seu irmán Roi para nós a semana pasada. Graciñas á familia de Gabriel por compartir os seus libros e cociñar esta espectacular torta.

domingo, 27 de abril de 2014

A CASIÑA DE CHOCOLATE

Tellado de biscoito, ventás de galleta, paredes de chocolate e lambetadas… ¡Que rica estaba a casiña que Andrea preparou para nós¡. Graciñas á familia de Andrea por cociñar este saboroso conto.


jueves, 24 de abril de 2014

O GATO CON BOTAS

Comezamos comendo os seus bigotes, despois o fociño, os ollo, a boca… ata non deixar nin as botas. Nunca nos podíamos  imaxinar que un pequeno felino sabería tan ben. Pensamos que o segredo de tan deliciosa receita está no agarimo co que a fixo Antía coa axuda da súa prima Uxía. Graciñas á familia de Antía por compartir con nós este delicioso “gato con botas” e un bico moi especial para Uxía.
  

lunes, 21 de abril de 2014

EL TREN TOM

Este é o título do conto que decidiu cociñar Aaron para nós. Un autentico tren de mercadorías cun vagón cargado de… ¡LAMBONADAS!... Tantas e tan saborosas que non sabíamos por cal decidirnos. Un a un fomos elexindo as nosas favoritas e pouco a pouco o tren foi quedando sen carga. Despois descubrimos que a cheminea estaba boísima e as rodas exquisitas. Grazas a Aaron e súa familia por compartir con nós esta orixinal e rica receita.

lunes, 7 de abril de 2014

O LIBRO DA SELVA

Xa comemos lobos, leóns, vacas, porcos e ata osos… pero hoxe descubrimos que as serpes están riquísimas. Carlos decidiu que quería cociñar “O libro da selva” e coa axuda da súa mamá preparou este rico réptil de froitas que compartiu con nós á hora da merenda. Graciñas a Carlos e a súa familia por esta nutritiva e saborosa receita.

viernes, 4 de abril de 2014

A VACA CONDESA

Este divertido conto que fala da importancia do afecto, é o que escolleu Lucía para cociñar. Tróuxonolo onte e puidémolo ler en clase antes de merendarnos  a súa protagonista.  O máis solicitado no rico menú que nos preparou coa axuda da súa mamá, foi a lingua, pero os cornos, as orellas, os ollos, o fociño… desapareceron case de inmediato. Graciñas a Lucía e a súa familia por compartir connosco as súas bonitas lecturas e ricas receitas.
  

lunes, 31 de marzo de 2014

O REI LEÓN

Xa sabedes que comer lobos nos encanta, pero hoxe descubrimos que os leóns saben de medo. Degustamos ata as melenas e comprobamos que a leituga está boísima. Pablo decidiu que lle gustaría cociñar o conto “O Rei León” e preparou unha receita tan rica que non deixamos nin migalla. Graciñas a Pablo e a súa familia por compartir con nós tan rica merendola.
  

viernes, 28 de marzo de 2014

CARAPUCHIÑA VERMELLA

¡Como nos gusta comernos ao lobo!... aínda que as paredes da casiña da avoa estaban para chuparse os dedos. Carapuchiña Vermella ía tan bonitiña que daba pena pero… non puidemos resistirnos á tentación e merendámola enteiriña. As árbores do bosque pouco a pouco fomos saboreándoas e, ao final estabamos tan cheos, que non fomos capaces acabarnos o rico camiño… Un millón de bicos para Mencía e a súa familia por prepararnos un conto tan saboroso. Graciñas. 

martes, 25 de marzo de 2014

HOXE MERENDAMOS…

Un lobo, tres porquiños, unha casiña de palla, unha de madeira, outra de ladrillos… ¡que rico estaba todo!... non deixamos nadiña. Seguro que con tantas pistas xa sabedes que conto cociñou Rita coa súa mamá. Dende aquí queremos agradecer ás familias a súa implicación, paciencia e axuda en todas estas actividades. Un bico moi forte para todas.

martes, 18 de marzo de 2014

HOXE PARA MERENDAR…

¡Papá Oso e o Osiño Pequeniño!... que rica sorpresa nos tiña preparada María. Ela decidiu que lle gustaría cociñar o conto de “Os tres osiños” e saíulle tan ben a súa receita que a preparou para nós.
Hoxe á hora da merenda soamente tíñamos que decidir se preferíamos comer un anaco do oso grande ou do pequeno, con ou sen nata e, para decorar, Lacasitos.