O venres, a pesar da choiva e o mal tempo, as familias
trouxeron camelias das máis variadas formas e tamaños. Con moitos pétalos, con
poucos, rosas, brancas, vermellas, de dúas cores, pechadas, abertas, grandes,
pequenas … paseniño fomos observándoas todas e descubrindo as súas diferenzas.
Logo, baseándonos nas ilustracións dos libros de Óscar Villán “O abecedario” e “Cinco”,
reproducimos o seu particular estilo e realizamos as letras e números do cartel
da nosa exposición. Rematamos creando os debuxos e fotos para participar no concurso
organizado polo Concello. Moitas grazas ás familias que coa súa colaboración fixérona posible.
Mostrando entradas con la etiqueta Camelia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camelia. Mostrar todas las entradas
domingo, 18 de febrero de 2018
jueves, 15 de febrero de 2018
EXPOSICIÓN E CONCURSO DA CAMELIA
O
Concello de Ribadumia organiza o II Concurso Artístico Infantil coa temática da
camelia. Na nosa escola queremos colaborar organizando a nosa particular
exposición para observar as súas cores e variedades. Se queredes participar os
nenos traerán mañá á escola as variedades de camelias que logredes
conseguir.
jueves, 20 de febrero de 2014
A NOSA EXPOSICIÓN DA CAMELIA
Brancas, vermellas,
rosa claro, rosa escuro, fucsia, de dúas cores, con moitos pétalos, con poucos,
cos estames á vista, con eles agochados, pechadas, abertas… ¡cantas clases de camelias!.
Unha vez máis
queremos agradecer ás familias a súa colaboración, grazas a elas onte tivemos
flores dabondo e puidemos observalas, tocalas, cheiralas, escollelas, colocalas,
organizalas e, por último, debuxalas.
martes, 18 de febrero de 2014
A CAMELIA
Dende
que Mencía nos trouxera unha flor de camelia para o noso recuncho de Xapón,
estabamos a esperar que floreceran as do noso xardín para traballar ao redor
delas. Cando o fixeron, os interminables días de choiva non nos deixaron saír a
contemplalas. Durante estas semanas vimos no xornal varias noticias que tiñan a camelia como protagonista e son múltiples as exposicións que se organizan en
diversas localidades. Hoxe, aproveitando a tregua que por fin nos deu o mal
tempo, puidemos saír a velas, aínda que estaban moi estragadas pola choiva. En clase
tamén queremos facer a nosa particular exposición da camelia para observar as
súas cores e formas. Se o tempo o permite, mañá podedes traer á escola as variedades de camelias que logredes
conseguir, a ver que tal nos queda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



