Mostrando entradas con la etiqueta Insectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Insectos. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de junio de 2021

REMATAMOS O TRIMESTRE


Case sen darnos conta chegamos a final de curso. Xa rematamos os traballos, empaquetamos todo e levamos as cousas para casa. Para meter todos os traballos do trimestre a mestra Ana axudounos a personificar unhas bolsiñas.

Nas últimas semanas completamos o calendario escolar de Frida Kalho. A portada é unha pequena guía de lectura. Nela aparecen recollidos os libros que consultamos ao longo do curso adaptados ás idades dos nosos alumnos. 

Quedara pendente de publicar neste blog a versión signada do conto Zapato, que con tanta ilusión reescribimos e memorizamos.


 Déixovola a continuación para que poidades practicar en familia.

A última crisálida que tiñamos, tamén saíu do seu casulo e soltámola para que puidera continuar o seu ciclo vital.


martes, 11 de mayo de 2021

O PAPAGAIO E A ABELLA DE ERIK

 

Neta ocasión o noso cociñeiro Erik elaborou dúas receitas xuntas. Na súa versión do papagaio empregou peladillo como ingrediente principal e mirade que ben lle quedou.


Para a abella, substituiu os arándanos por uvas e, como podedes apreciar nas imaxes, o resultado foi do máis divertido.


jueves, 8 de abril de 2021

A ECLOSIÓN DUNHA PUPA

 

.Alá polo mes de novembro estivemos observando unhas eirugas que atopamos nos repolos. Despois de alimentalas durante varias semanas, pasaron ao estado de pupa e así quedaron durante todo o inverno.  

O martes, cando chegamos a clase, atopamos unha inesperada sorpresa. Durante as vacacións de Pascua produciuse a eclosión dun deses casulos. Nós esperabamos que saíra unha bolboreta branca da col pero nos atopamos cunha polilla marrón. 


Despois de observala durante un rato decidimos soltala. Custounos porque tiña medo e non quería saír. Probamos a deixar a tapa aberta e agocharnos pero non funcionou. 


Tivemos que axudala con coidadiño cun lapis e orientala cara á ventá. 

jueves, 26 de noviembre de 2020

BUSCANDO EIRUGAS

Agora que sabemos o moito que comen as eirugas e os estragos que ocasionan nos vexetais que colonizan, axudamos á mestra Ana a localizalas antes de plantalas no xardín da escola.

lunes, 23 de noviembre de 2020

AS BOLBORETAS DE MARTA

Marta tamén animouse a cociñar bolboretas pero enriquecendo a nosa proposta cunha nutritiva variante feita con froitas. Mirade nas fotos que ben lle saíron e que boa pinta teñen.



domingo, 22 de noviembre de 2020

LOS INSECTOS DE MI JARDÍN

Cantos insectos descubrimos no libro Los insectos de mi jardin!. Cada día, despregando as súas páxinas, imos vendo e lendo curiosidades  destes diminutos seres. Paralelamente tamén imos aprendendo a observar e respectar a multitude de bichiños que viven no xardín da nosa escola.


A BOLBORETA DE NOA

Noa tamén animouse a elaborar a proposta culinaria desta fin de semana. Mirade na foto que nos enviou que ben lle saíu a bolboreta.

sábado, 21 de noviembre de 2020

REIRREI

No libriño “Reirrei” que limos esta semana, descubrimos o seguinte recitado para saltar á corda.


Empezamos a xogar e agora os maiores xa o conseguen.  Nos vindeiros días continuaremos practicando ata que lle saiga aos máis pequenos. Animádevos a facelo tamén na casa e recuperar ese divertido enredo infantil.



A BOLBORETA E A XOANIÑA DE ERIK

Xa temos as fotos do primeiro cociñeiro desta fin de semana. Erik elaborou unha divertida xoaniña e unha rica bolboreta. Mirade nas imaxes que ben lle saíron.


viernes, 20 de noviembre de 2020

BOLBORETAS TAMÉN`PARA MERENDAR

Xa é venres e chega o momento da nosa proposta culinaria. Seguimos coa temática dos insectos e tócalle quenda á bolboreta. Nós suxerimos facela con pan de molde pero podedes facelas con froitas, filloas e ata salchichas. Neste enlace tedes moitas ideas, animádevos a facelas cos cativos. Se nos enviades as fotos publicarémolas neste blog.


jueves, 19 de noviembre de 2020

UNHA BOLBORETA NA AULA

Onte entrou na aula unha bolboreta branca da col. Estivo pousada na ventá e puidemos observar as diferentes partes do seu corpo. Despois buscamos nos libros da biblioteca información sobre este insecto e vimos como é o seu ciclo vital. Nos vindeiros días seguiremos investigando.


miércoles, 18 de noviembre de 2020

A XOANIÑA DE MARTA

Xa temos as fotos da xoaniña cociñada por Marta. Mirade nas imaxes que pinta tan saborosa ten e que ben lle quedou empregando como base unha tortiña de arroz.


martes, 17 de noviembre de 2020

A BOLBORETA BRANCA DO REPOLO

Hoxe estivemos observando en clase unha eiruga moi especial.  A través dela esperamos ver o proceso de transformación en bolboretas. Se alimenta de repolos, coliflor, brócoli …  e adoita facer estragos na horta. Trátase da chamada eiruga branca do repolo. Ten moita habilidade para camuflarse no envés das follas, pero se observamos detidamente, seguro que a atopamos.

jueves, 12 de noviembre de 2020

LIBROS DE INSECTOS

O luns na biblioteca escolar estivemos vendo libros de insectos. No día seguinte descubrimos que na biblioteca de aula tamén temos exemplares desta temática. Todos teñen unha pegatina verde e o número 59 porque tratan de animais. Deste xeito os meniños van aprendendo como están organizados os libros.



lunes, 9 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Dende bibliotecas escolares vense impulsando a celebración de novembro como mes da ciencias en galego. Zapatocas, quixo que a nosa escola tamén se unira a esta conmemoración e preparounos un recuncho conmemorativo. Como sabe que andamos a voltas cos arácnidos e os insectos, recompilou os libros que hai na biblioteca desta temática para que continuemos aprendendo.

Hoxe, na nosa visita semanal, comezamos véndoos entusiasmados. Xoaniñas saltóns, libélulas, escaravellos … Cantos insectos!