Mostrando entradas con la etiqueta Joan Miró. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Joan Miró. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE JOAN MIRÓ


Debido á suspensión das clases, non puidemos continuar co noso tradicional calendario escolar que este curso dedicabamos a Joan Miró. Pero non queríamos renunciar tamén á recompilación de libros que normalmente facemos nel. Por este motivos editamos a seguinte guía de lecturas na que recollemos todos eses exemplares cos que traballamos pero dun xeito diferente. Esperamos que pronto a nosa biblioteca escolar volva a abrir as súas portas para que todos continuemos gozando deles.

martes, 2 de junio de 2020

O MIRONIN DE LÍA

Preséntovos a Lili, o Mironin que onte creou Lía coas súas cores favoritas. Non sei se a noite pasada xa comezou a vivir aventuras na Fundació Joan Miró. No interior de que obra credes que se instalará Lili?  Animádevos a mandarnos un correo coa vosa elección e un debuxo coa vosa propia versión da obra. Neste enlace tedes moitas. Tal vez puido saír do cadro “Mont-roig, a igrexa e a vila” que vos deixo a continuación ou quizás non, a ver que opinades. Tamén podedes crear outros Mironins, escoller o cadro  do que saíu ou contarnos as aventuras que imaxinades para el.

A NOITE ESTRELADA DE MARCOS

A lúa, as estrelas, o firmamento e unha gama de azuis. Marcos animouse a plasmar no seu debuxo o pequeno anaco do universo que observa dende a súa fiestra como propoñiamos na entrada “Unha horta de estrela”. Para os que necesiten inspiración, a continuación vos deixamos  a obra de Joan Miró “Paisaxe na noite”, seguro que vos motiva.

viernes, 29 de mayo de 2020

MIRONINS

Hoxe imos coñecer uns personaxes moi especiais: os Mironins. Estes pequenos seres viven nos cadros de Joan Miró e saen a pasear pola Fundación do pintor cando cae a noite.



Na seguinte imaxe da súa páxina web, podemos coñecer a personalidade das tres gotas de pintura que escaparon dun dos cadros de Joan Miró. Animádevos a debuxalas?



jueves, 21 de mayo de 2020

UNHA HORTA DE ESTRELAS

Casas, árbores, cabalos, parras … Marcos animouse a fotografar, escribir, debuxar e enviarnos as cousas que ve dende a súa xanela como vos propoñiamos na entrada da semana pasada.
 Hoxe vos suxerimos continuar observando desde a vosa fiestra pero á noitiña e facer a actividade da Fundación Miró MallorcaUnha horta de estrelas”. A noite sempre acompañou a Joan Miró. A lúa, as estrelas e as constelacións son elementos que atopamos en moitas das súas obras. Por isto vos suxerimos abrir a ventá ou balcón e debuxar a vosa particular horta de estrelas como máis vos guste e enviarnos as vosas creacións. Tamén podedes probar a empregar a técnica do monotipo descrita neste enlace da fundación.

miércoles, 13 de mayo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Dende diferentes ámbitos son múltiples as propostas para dar coñecer a figura e obra deste autor. Nós imos comezar coñecendo un dos seus libros máis famosos para nenos “As pitas baixo a choiva”. A continuación deixámosvos a versión en vídeo que fixo o profesorado do CEIP Villaverde-Mourente


E agora que coñecedes o conto podedes xogar coas actividades LIM que propón o Seminario Galán. Picade en cada imaxe para acceder a elas, son en complexidade crecente dependendo do curso de infantil.



Tamén tedes versións para imprimir ou coller ideas picando en 3 anos, 4 anos ou 5 anos.

E por último a nosa proposta. Tedes na vosa casa ou na dos avós un galiñeiro con pitas? Animádevos a debuxalo, contarnos algunha aventura que vos pasara coas galiñas ou mandarnos unha foto. Esperamos a vosa reposta, se non tedes galiñeiro tamén podedes empregar a imaxinación coma Joan Miró e crear o voso propio. Mirade na imaxe o seu cadro titulado “O Galo" e seguro que vos inspirades.

miércoles, 29 de abril de 2020

AS TARTARUGAS DE ERO E ROSANA


A versión da tartaruga que fixeron Ero e Rosana é moi especial. Mais que debuxar, eles deron un paso máis e crearon cadansúa escultura. Incluso puxéronlles nomes: Sofía e  Pipo.
Como veremos no seguinte vídeo, Joan Miró ademais de pintor era un escultor con moita imaxinación. Animádevos a imitalo e crear as vosas propias esculturas como materiais da casa como propón a mestra Marta nesta entrada.

martes, 28 de abril de 2020

A TARTARUGA DE ROI


Igual que a mascota da escola, Carmen, a tartaruga de Roi, medrou moito e o seu acuario quedou pequeno. Por isto están a facerlle un estanque onde poida medrar e vivir con comodidade. Mirade nas fotos que bonito lle está a quedar, seguro que Carmen vai estar encantada cando poida vivir aí.
Tamén enviounos a súa versión da tartaruga de Miró, esperamos que continuedes animándovos a participar e recibamos moitas máis.

viernes, 24 de abril de 2020

AS NOSAS TARTARUGAS

Xa temos a primeira versión da tartaruga de Joan Miró baseada nas fotos da mascota da nosa escola. Esperamos recibir moitas máis, animádevos a envialas ao correo da escola. Para os que necesiten unha pequena axuda para empezar, no seguinte vídeo tedes un modo fácil de facela.

miércoles, 22 de abril de 2020

MIRÓ E A TARTARUGA

Para que vexades o moito que medrou nos últimos anos, a mestra Ana colgou no blog de natureza unhas fotos de Borja, a tartaruga da escola. Aproveitando esas imaxes, propóñovos que fagades como o pintor Joan Miró e as debuxedes. El pintou unha cando tiña 8 anos empregando as cores da súa imaxinación. Animádevos a imitalo e mandarnos ás vosas creacións.

martes, 10 de marzo de 2020

CALENDARIO ESCOLAR DE MIRÓ


Un ano máis imos confeccionar un calendario escolar do vindeiro curso que sirve de lembranza aos que marchan para primaria e de guía de lectura aos que quedan. Nesta ocasión ímolo a dedicar ao pintor Joan Miró. Para a súa elaboración, eliximos un cadro para cada mes e un libro onde aparece recollida a obra. Comezamos a semana pasada co setembro ao que lle dedicamos o cadro “A masía” e o conto “Pequeña historia de Joan Miró”. Paralelamente serviranos para traballar a serie numérica e os meses do anos.

lunes, 2 de marzo de 2020

JOAN MIRÓ

Este trimestre e o seguinte imos dedicalo a coñecer ao pintor das estrelas: Joan Miró. Comezamos esta mañá na biblioteca escolar ollando e comentando os libros que temos del. Paseniño iremos traballando con cada un deles e aprendendo aspectos da vida e obra do artista. Benvidos ao mundo imaxinario deste gran creador.