Suave, áspero, brando, duro, quente, frío, rugoso,
liso … podemos saber moitas cousas dun obxecto sen necesidade de velo,
simplemente baseándonos no noso sentido do tacto. A mestra María preparou unha
caixiña moi especial para experimentar apoiándonos unicamente no que percibimos
coas nosas mans. O luns na biblioteca intentamos
adiviñar que había dentro dela. Unha pedra, unha perruca, un estropallo … Aínda
que ao principio os máis pequenos tiñan medo de introducir a man, pronto colléronlle
gusto ao tema.
Mostrando entradas con la etiqueta Os sentidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os sentidos. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de noviembre de 2016
domingo, 20 de noviembre de 2016
PARA SABORES… ¡A FROITA!
Como xa vos comentaramos, esta semana
dedicámola ao sentido do gusto. E como
para variedade de sabores naturais nada mellor que a froita, o xoves fixemos a
nosa particular merendola no que este
alimento foi o protagonista. Entre todos reunimos mazás, peras, laranxas,
mandarinas, kiwis, arándonos, framboesas, freixoas, plátanos, uvas, caquis,
pomelo, limóns, limas e fresas. Estivemos observándoas, cheirándoas, vendo como se
chamaban, fixemos un listado no encerado, escribimos etiquetas con cada nome e
realizamos unha pequena exposición. Á hora da merenda chegou o momento de
degustalas. Probámolas todas. As favoritas as framboesas e os kiwis, as que menos
éxito tiveron as freixoas e os caquis.
lunes, 14 de noviembre de 2016
CON MOITO GUSTO
Na nosa escola
continuamos mergullándonos no mundo dos sentidos. Esta semana vai estar
dedicada ao gusto. Doce, amargo, salgado e ácido, estes son os sabores que
percibimos a través da lingua e que hoxe estivemos identificando a través de
diversos alimentos.
jueves, 10 de noviembre de 2016
GÚSTAME CANDO MIÑA CASA CHEIRA A…
Xa sabemos que hai olores para todos os gustos. Agora trátase
de escoller ese aroma que preferimos atopar
cando chegamos a casa. Para a mestra Ana é o aroma que desprende o pan acabado
de facer. Para Ángeles o do sol cando entra polas fiestras abertas. O mestre Alejandro
opta pola menta e Marina polo limón. Hoxe os meniños levaron unha folla para cubrir
e ilustrar con cadansúa elección, seguro que nos divertimos e enriquecemos
expoñendo os traballos e vendo os dos compañeiros.
miércoles, 9 de noviembre de 2016
COLGANTES AROMÁTICOS
Coa mestra Ana na aula de natureza os meniños estiveron descubrindo o cheiro dalgunhas das
plantas do xardín da escola. Coas sementes de eucalipto continuamos traballando
o sentido do olfacto e creamos colgantes aromáticos para todos.
martes, 8 de noviembre de 2016
PARA GUSTOS... OLORES
Onte cheiramos e
identificamos varios alimentos: pementa, cebola, laranxa, limón, vinagre e
chourizo. Hoxe os clasificamos baseándonos en se nos gustaba ou non o aroma que
desprendían. Descubrimos que cada persoa ten o seu propio criterio e non sempre
valoramos igual.
lunes, 7 de noviembre de 2016
A CIENCIA COS CINCO SENTIDOS
Co obxectivo de contribuír á divulgación científica en
galego, en toda a comunidade autónoma novembro é considerado o mes das ciencias nas bibliotecas. Este curso a nosa escola únese a esta iniciativa traballando e
experimentando a través dos cinco sentidos. Cada semana estará dedicada a un
deles e realizaremos diversos experimentos e actividades. Hoxe a inauguramos
mergullándonos no sentido do olfacto a través dos cheiros de diversos alimentos.
Foi divertido intentar adiviñar baseándonos soamente no seu olor. Descubrimos
que o mal cheiro é o aviso da natureza para no comer algo que podería facernos
dano e comprobamos que os olores afectan ao sentido do gusto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







