Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller Traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller Traballadora. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2021

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Son múltiples as actividades que dende todos os ámbitos organizase hoxe para conmemorar o Día Internacional da Muller. A mascota da nosa biblioteca tamén quixo celebralo. Preparounos un recuncho dedicado a todas esas mulleres pioneiras que deixaron un legado extraordinario para as seguintes xeracións. Esta mañá, na nosa visita semanal, estivemos vendo moitos deles. Descubrimos mulleres asombrosas nas máis diversas profesión e falamos dos seus logros.

O Concello de Ribadumia tamén se uniu a esta conmemoración. Repartiu chapas con frases inventadas polos nenos dos colexios do municipio.

lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Cada 8 de marzo conmemÓrase o Día Internacional da Muller. Para celebralo, hoxe os meniños levaron para casa o caderno de actividades dos Bolechas pola igualdade. Previamente, na biblioteca, estivemos léndoo e vendo como realizar cada unha das tarefas. Se queredes coñecer tamén o seu libRo podedes velo facendo clic aquí.

jueves, 8 de marzo de 2018

SEMANA DA PRESA NA ESCOLA

Do 5 ao 9 de marzo, os centros educativos galegos celebran a Semana da Prensa na Escola. Como a súa conmemoración coincide co Día da Muller, en clase eliximos para traballar unha nova que ten unha moza galega coma protagonista: Ana Peleteiro, bronce no mundial de atletismo cun salto de 14,40 metros.
Primeiro, en informática coa axuda da mestra Olalla, os meniños buscaron a noticia na prensa dixital e viron o vídeo do impresionante salto. Despois veu o más divertido, tentar imitalo na clase de educación física. Mirade neste enlace que ben o pasaron os futuros campións olímpicos de Leiro.
Por último tocoulle quenda á prensa en formato papel e ao noso traballo ao redor do nome do xornal e da numeración das páxinas.

martes, 6 de marzo de 2018

MULLERES DA HISTORIA

Con motivo do Día Internacional da Muller  que se conmemora cada 8 de marzo, onte comezamos un pequeno proxecto para coñecer algunhas das mulleres máis importantes da historia contemporánea. Empezamos con Marie Curie, a primeira muller doutora en ciencias e a primeira persoa da historia que recibiu dous premios Novel.

domingo, 6 de mayo de 2012

¡FELICIDADES MAMÁS!

E para celebralo xa temos lista a exposición “Mamás traballadoras de Leiro” que comezaramos co gallo do Día da Muller Traballadora baseándonos nas maternidades de Picasso. Cando empezamos co tema, moitos dos cativos non sabían como se chamaban a súa nai. Eles tíñano claro: “mamá chamase ¡mamá!”. Agora, ademais de ter unhas fotos preciosas que os nenos no paran de mirar, todos sabemos os seus nomes, e non soamente o da nosa, tamén as dos nosos compañeiros. Para coñecer mellor a eses marabillosos seres que nos coidan día a día, estamos a desenvolver un pequeno proxecto ao redor delas. Esta semana iniciamos o tema descubrindo cal era a súa cor favorita: verde, amarelo, violeta, marrón … pero a gran triunfadora foi a azul … Fixemos un listado, consultámolo para copiar as dos nosos amigos, axudámoslles a escribilo aos que se lle resistía algunha letra, comparamos, matizamos a tonalidade: “A verde non, a verde claro é a que ela prefire”. Esta fin de semana toca a gastronomía. ¿que lle gustará comer a nosa nai?...

jueves, 8 de marzo de 2012

FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Como xa sabedes, na escola andamos aprendendo cousiñas sobre Picasso e as súas obras. Hoxe estivemos vendo os cadros que este autor ten de mamás cos seus meniños e, baseándonos nelas, decidimos facer a nosa propia versión deles empregando unha foto de cada neno coa súa nai. Para renderlle unha pequena homenaxe a todas as mamás neste día tan especial, con todas elas crearemos a exposición “Mamás traballadoras".