Mostrando entradas con la etiqueta Día da ilustración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da ilustración. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para conmemorar o Día da ilustración, onte levamos para casa unha guía de lectura que recompila os contiños que temos na biblioteca de Gómez. Paseniño na aula estamos lendo todos e facendo actividades ao seu redor.

miércoles, 24 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día da ilustración. Este ano dedicámolo a artista Gómez, autora das imaxes do libro Daniela Pirata. Estamos vendo e lendo moitos dos contos que ten ilustrado e realizando actividades ao seu redor. Comezamos a semana pasada coa divertida obra “Un dedo no nariz”

lunes, 24 de enero de 2022

ROCÍO BONILLA

 

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao,  conmemorase o Día da ilustración. Con esta efeméride a Consellería de Cultura pretende potenciar esta arte. Dende hai varios anos, na nosa escola unímonos a esta conmemoración traballando ao redor dun ilustrador ou ilustradora. Este curso ímolo dedicar a Rocío BonillaAntes de Nadal leramos “Os fantasmas non petan á porta” e encantáranos  os debuxos realizados por esta artista catalá. Agora andamos a recompilar todos os contos que dela temos na biblioteca e mercando algunhas novidades. Nos vindeiros días iremos léndoos e familiarizándonos co seu xeito de ilustrar.

sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Como xa os comentaramos nunha entrada anterior, hoxe celébrase o Día da ilustración. A nosa escola únese a esta celebración editando a seguinte guía de lectura dedicada a Eric Carle, ilustrador ao redor do que estamos traballando este trimestre.


domingo, 24 de enero de 2021

COÑECENDO A TÉCNICA DE ERIC CARLE

O xoves dedicamos parte da mañá a familiarizarnos coa particular técnica que emprega o ilustrador Eric Carle nos seus contos. Comezamos vendo o seguinte vídeo que, aínda que está en lingua inglesa, enténdese e amosa con bastante claridade o proceso que sigue.

Despois, coa axuda da mestra Ana, puxémonos a tentar imitalo. O primeiro pintar os papeis, para conseguir as cores vivas que emprega nas súas obras. 

 

Para iso reciclamos folios de fotocopias estragadas. Cada neno ilustrou empregando pinceis, esponxas e os dedos. 


Por último, deixámolas secar. A próxima semana seguiremos traballando con elas. 

lunes, 18 de enero de 2021

ERIC CARLE

 

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, conmemórase o Día da ilustración. Na nosa escola unímonos a esta celebración coñecendo ao escritor e ilustrador Eric Carle.


Comezamos hoxe na biblioteca escolar vendo os libros que Zapatocas tíñanos preparados nun recuncho. Paseniño iremos léndoos todos e aprendendo a particular técnica deste artista.

martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, cada 30 de xaneiro, en memoria do nacemento de Castelao e para salientar o papel dos ilustradores, celebrase o día da ilustración. Desde a biblioteca escolar quixemos conmemóralo editando unha guía de lectura dedicada Óscar Villán. 

Nela aparecen recollidos os libros ao redor dos que andamos a traballar na aula e que temos na nosa biblioteca escolar.