Mostrando entradas con la etiqueta Dalí. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dalí. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de junio de 2013

OS AMIGOS DE DALÍ

Salvador Dalí coñeceu a Luís Buñuel e a Federico García Lorca na Residencia de Estudantes de Madrid, cidade na que se instalou para estudar Belas Artes. Froito da amizade co primeiro naceu a película surrealista “Un can andaluz”  e o retrato no que nos baseamos para, imitándoo, debuxar aos nosos amigos.

lunes, 3 de junio de 2013

A FAMILIA DE DALÍ

O pasado 15 de maio celebrouse o día internacional da familia. Nós conmemorámolo coñecendo á de Salvador Dalí a través dos retratos que realizou de cada un dos seus membros. Xa viramos a Felipa, a súa mamá; pero nos faltaba o seu pai Salvador e a súa irmá Anna María. Observando as obras do artista intentamos imitalo debuxando a nosa.

lunes, 6 de mayo de 2013

FELIPA E AS NOSAS MAMÁS

Como vos comentamos, a partir do retrato que Salvador Dalí fixo da súa nai, intentamos debuxar as nosas mamás para renderlles unha pequena homenaxe. Este é o resultado, esperamos que vos guste.


viernes, 3 de mayo de 2013

A MAMÁ DE DALÍ

Como este domingo celébrase o día da nai, esta semana coñecemos a Felipa, a mamá de Salvador Dalí. Observamos o retrato que o artista realizou dela e, intentando aprender da súa obra, debuxamos ás nosas mamás. Todas saíron guapísimas pero, como hoxe non conseguimos rematalas, será a vindeira semana cando presentemos en sociedade aos pequenos artistas de Leiro. Tamén vimos os retratos que Dalí realizou do seu pai e da súa irmá, pero esta fin de semana as protagonistas serán as mamás.

domingo, 28 de abril de 2013

A EXPOSICIÓN DE DALÍ EN MADRID

Fai un par de semanas vimos a información no xornal e continuamos traballando ao redor dela. Aprendemos como se chamaba o museo que acollerá a exposición e quen é a "Reina Sofía", persoa á que fai referencia o seu nome e que vemos con frecuencia nos periódicos. Tamén descubrimos que o “X” en “exposición” non soa como en Anxo e que hai que ter coidado cando lemos. Marcamos no noso calendario cando comezaba a exposición, cando remata e, aínda que, como ben di Paula, non podemos ir a Madrid a vela, esperamos que os medios de comunicación falen dela e vexamos as imaxes na televisión. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da noticia en http://www.rtve.es

viernes, 19 de abril de 2013

DALÍ NO XORNAL

E non soamente Dalí, senón tamén Picasso. Ámbolos dous saíron nun dos periódicos que vimos a semana pasada. O primeiro pola exposición que haberá en Madrid e ao redor da cal seguiremos traballando, e o segundo por cumprirse o 40 aniversario da súa morte. Ademais, nun dos libros que temos na biblioteca, descubrimos que cando Dalí viaxou a París foi visitar a Picasso a quen admiraba.

miércoles, 10 de abril de 2013

RECOMPILANDO INFORMACIÓN DE DALÍ

O luns, dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca escolar a buscar os libros que temos de Salvador Dalí. Vimos onde están colocados e comprobamos que todos teñen unha pegatina rosa e o número 75 no seu lombo porque tratan de arte. Mentres, o noso recuncho da aula vai medrando coa contribución de todos: libros, debuxos, datos curiosos, láminas… ata un xadrez con pezas baseadas nos seus deseños coas que lles encanta enredar aos cativos. Nas vindeiras semanas e ata fin de curso, iremos vendo, lendo e organizando todos os materiais aportados para ir sacando información e adaptándoa aos intereses dos nenos. Unha vez máis grazas a todas as familias pola súa colaboración.

jueves, 4 de abril de 2013

COÑECENDO A DALÍ

Dende que vimos o sofá labios de Dalí na revista que acompaña ao xornal dominical,  decidimos coñecer a este artista. Aínda que case todos nos lembrabamos do seu apelido e o seu característico bigote, non  tíñamos tan claro o seu nome. Hoxe vimos como se escribía e realizamos retratos del. Fai unhas semanas Laura tróuxonos un coxín labio que lle prestara a súa tía, con el e con todo o que vaiamos atopando relacionado con Salvador Dalí, imos crear un novo recuncho en clase. Coma sempre, os rapaces poden traer todo tipo de materiais: cadros, libros, imaxes, postais, xoguetes, DVDs, obxectos, láminas, murais, direccións de internet, CDs, debuxos... para enriquecer a nosa pequena exposición e aprender todos xuntos. Por agora o que máis nos gusta deste particular xenio é o seu mostacho.

lunes, 11 de marzo de 2013

DESCUBRINDO A DALÍ

Hoxe comeza a semana da prensa na escola. Nestes días os xornais cobran unha especial relevancia nos centros educativos. Esta mañá, na biblioteca, optamos por ver a revista que adoita acompañar ao periódico dominical, en concreto a do día 10 de febreiro de La Voz de Galicia. Nela atopamos unha ilustración moi especial: ¡Un sofá bico!. Descubrimos que realmente chámase sofá labios e foi deseñado por Salvador Dalí con Óscar Tusquets. Buscamos algúns dos libros que temos deste artista e atopamos outra obra que tamén chamou poderosamente a nosa atención: un teléfono bogavante. Nas vindeiras semanas seguiremos coñecendo a vida e obra deste famoso pintor.