Mostrando entradas con la etiqueta Xogos de roda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos de roda. Mostrar todas las entradas
domingo, 14 de mayo de 2017
jueves, 19 de mayo de 2016
RATÓN QUE TE PILLA EL GATO
Dende que un destes
venres chuvioso viramos como a mestra Marina e os nenos de Sisán xogaban á hora
do recreo no Local Social a “Ratón que te pilla el gato”, tíñamos moitas ganas de aprender. A semana pasada xa
que andábamos a voltas co conto de Manuel María “O bigote de Mimi” e os problemas deste gatiño cos ratos, aproveitamos
para practicar o xogo.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
LA TARARA
Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, na escola estamos a traballar ao redor dalgúns escritores andaluces. Esta
semana centrámonos no poema “La Tarara” que Federico García Lorca compuxo a partir dunhas coplas populares.
Estes versos, nalgunhas zonas de España, son empregados como xogo de roda que
nós aproveitamos para aprender.
Hai moitas versións musicadas de “La Tarara”,
a continuación vos deixamos a de Antonio Vega que é a que máis nos gusta.
martes, 3 de noviembre de 2015
AL CORRO DE LA PATATA
Baseándonos no vídeo que vos deixamos a
continuación, esta mañá estivemos aprendendo a xogar “Al corro de la patata”.
martes, 20 de octubre de 2015
RONDA DE LAS BRUJAS
Este é o xogo de roda que estivemos practicando
esta mañá e co que continuaremos a vindeira semana. No transcurso da canción imos solicitando á bruxa que nos preste diversos obxectos característicos que ela concede sen dificultade.
Para cada un deles temos tarxetas que os
representan con diversos graos de complexidade. Quen ten a tarxeta do elemento
mencionado debe saír ao centro da roda e pousalo. Cando todos quedamos sen
obxectos, pedimos á bruxa que nos tire ao pozo e, ao darnos o seu consentimento,
botámonos ao chan.
A continuación vos deixamos o vídeo coa canción por se
queredes practicala na casa.
jueves, 13 de noviembre de 2014
EN NOVEMBRO… A TRADICIÓN ORAL
Todos eses contos, cantos, lendas, xogos, ditos, regueifas, romances, refráns… que se transmiten de pais a fillos de xeito oral, forman
parte da chamada Tradición Oral. Segundo o calendario das letras e da lectura,
conmemórase na primeira semana de novembro, pero na nosa escola preferimos
prolongala máis tempo. Cada ano gústanos
centrámonos nun tema en concreto, o curso pasado foron os “xogos para botar sortes”. Mestres que rematamos de perfilar o deste, hoxe
comezamos a quentar motores lembrando algún deses enredos nos que é tan rica a
nosa tradición oral e cos que tanto nos gusta brincar ao aire libre. Aproveitando
a tregua que nos deu a choiva á mañá, xogamos a “Pase Misi” e “As abelliñas de
San Miguel”, mirade que ben o pasamos.
jueves, 27 de marzo de 2014
XOGANDO SEN XOGUETES…
O
mal tempo volve pero nós continuamos cos nosos xogos tradicionais dentro da
escola. Agora como xa coñecemos moitos, antes de comezar a xogar, facemos un
listado cos que máis nos apetecen para ese día. Ao rematar, para
tranquilizarnos e aprender a relaxarnos, practicamos as posturas de ioga que aprendemos
co libro “¿Quién soy yo?. Yoga para niños de todas as edades”: tartaruga, abrazo de oso, xirafa…
e pouco a pouco imos descubrindo como a respiración nos calma.
martes, 11 de marzo de 2014
OS NOSOS XOGOS BAIXO O CARBALLO
Despois
dun inverno cargado de choivas, ventos e temporais, por fin puidemos recuperar
os nosos xogos de roda ao aire libre. ¡Canto tempo levábamos sen poder facelo e
como o botabamos en falta!. Hoxe, gozamos dun marabilloso día primaveral e
fixemos un repaso dos nosos favoritos: Pase misí, Á roda, Guante guante, El
patio de mi casa…
martes, 15 de octubre de 2013
OS XOGOS DE RODA PASAN AOS MARTES
Nos dous últimos anos,
dedicabamos a última hora dos venres aos xogos populares. Este curso, entre as
clases de música e o obradoiro de cociña, ese día da semana xa temos actividades
dabondo. A partir de agora será ao final da mañá dos martes cando lembremos
todos eses xogos nos que é tan rica a nosa tradición oral. Hoxe, ademais de “A la rueda, rueda…”, intentamos ensinar aos máis pequenos as normas de “Guante,
guante”; se na casa tamén queredes practicar, neste enlace, tedes unha
versión parecida á que nós cantamos.
sábado, 2 de marzo de 2013
GUANTE, GUANTE
Unha das cousas que
máis gustan dos venres son os xogos de roda, pero se son na herba, ao aire
libre e con sol tanto mellor. A estas alturas do curso xa son varios os que
coñecemos, pero o favorito continúa sendo “Guante, guante”.
sábado, 16 de febrero de 2013
PASE MISÍ…

O
venres non podíamos deixar pasar a oportunidade de xogar ao aire libre. Este inverno
foron demasiados os días de choiva. Onte o sol quentaba e as ganas de brincar fixeron
o resto.
Aínda que os pequenos non sabían xogar a “Pase misí”, e algúns dos
maiores non lembraban ben como se facía, rapidamente collemos a dinámica...viernes, 11 de enero de 2013
PAN TIERNO, PAN DURO…
¡Como
nos gusta este xogo de roda! Para facelo colocámonos todos en círculo collidos
da man e dando voltas cantamos:
“Pan
tierno, pan duro,
que
se vuelva Gabi de culo”
A
nena ou neno nomeado, neste caso Gabi, ten que virarse e, axiña, volvemos
todos a xirar mentres repetimos a canción pero cambiando o nome do elixido por
outro participante.
Así sucesivamente ata que estamos todos en roda pero de costas.
Neste momento chega a estrofa que máis nos gusta:
“Pan
tierno, pan duro,
culos
con culos,
culos con culos…”
E recuamos mentres chocamos as cachas duns cos outros.
lunes, 1 de octubre de 2012
XOGOS POPULARES
Despois de case toda a semana chovendo,
moito agradecemos que o venres saíra o sol. Á sombra do carballo do que tanto
nos gusta apañar landras, empezamos cos nosos xogos de roda. Imitando aos
maiores e coa súa axuda, os máis novos da escola logo colleron xeito e, nun
chisquiño, a roda estaba feita e nós xogando.
Máis complicado foi que
comprenderan a dinámica de “Guante, guante”… Iso de esperar quenda, coller o
obxecto, correr ao redor sen escapar lonxe, sentarte no sitio do perseguido… ¡demasiadas
consignas para o primeiro día!.viernes, 20 de enero de 2012
CHOCOLATE, MOLINILLO
¡Chocolate!, ¡molinillo!
¡corre, corre!,
¡que te pillo!
¡corre, corre!,
¡que te pillo!
¡A estirar, a estirar!
que la coja va a pasar…
que la coja va a pasar…
Hoxe, por fin nin choveu nin fixo frío, e puidemos retomar os nosos xogos de roda dos venres ao pé do carballo.
Aos pequenos, aínda nos costa moito saltar a “pata coxa”, non temos claro se a perna que levantamos do chan ten que ir para diante ou para atrás, dobrada ou estirada… e se por riba hai que saltar á vez, todo se complica…
perdemos o equilibrio e caemos, ou non avanzamos… pero non nos importa, rimos, cantamos…
e o que máis nos interesa: pasámolo ben cos amigos á vez que imos aprendendo a controlar o noso propio corpo.
viernes, 18 de noviembre de 2011
SEI AMASAR…
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar...
¡Canto traballiño custou que nos saíra este xogo popular!. Virábamos para onde non era, caiamos, enredabamonos…Parece doado pero non o é. Primeiro o noso compañeiro de xogo ten que ser da nosa mesma altura e poucos o son, temos que virar os dous para o mesmo sitio e cada un faino para onde lle peta, hai que dar unha vota completa e hai quen da media e quen da dúas… pero agora, tras varias semanas practicando, xa empezamos a ser uns espertos xogadores...
martes, 8 de noviembre de 2011
MIGUEL, MIGUEL, MIGUEL
Voltas á dereita, voltas á esqueda… parece complicado pero cando hai ganas de xogar logo aprendemos… ata a choiva púxose da nosa parte e esperou a que remataramos de brincar… Xa sabedes que estes días andamos na aula a lembrar todos eses xogos no é que tan rica a nosa tradición oral. Neste caso, buscámolo na enciclopedia dos xogos populares “Chirlosmirlos” que dende aquí recomendamos. Pero seguro que se facedes un pouquiño de memoria, evocaredes outros moitos que esperamos nos contedes no caderno “Tradición oral” que hoxe empezou a viaxar polas casa dos nenos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















