Nas últimas semanas, as nosas propostas culinarias
tiveron coma protagonistas algúns animais que viven en China. A nosa cociñeira
Noa animouse a elaborar un mono dourado. Mirade nas imaxes que ben lle quedou.
lunes, 2 de mayo de 2022
O MONO DOURADO DE NOA
lunes, 25 de abril de 2022
CHINA
Tras salvar a Aouda, o señor Fogg continúa a súa viaxe ata China. Un dos países máis impresionantes do mundo. Preparados para coñecelo?
sábado, 23 de abril de 2022
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Para celebrar un día tan especial, onte a ANPA da nosa
escola repartiu entre todo alumnado do centro minilibros de Kalandraka. Son contos
de pequeno tamaño pero cun contido e unha forma moi coidada. Ideais para levar
de viaxe.
Dende a biblioteca escolar tamén quixemos conmemorar esta
data tan especial editando a seguinte guía de lectura en
formato dixital.
lunes, 18 de abril de 2022
A TORRE EIFFEL DE NOEL
Que difícil é construír a Torre
Eiffel con galletas barquillo! Pero o noso cociñeiro Noel conseguiuno! Parabéns!
martes, 5 de abril de 2022
O ELEFANTE DE AARÓN
A Aarón encántanlle os elefantes e animouse a enviarnos a
foto do que cociñou. Mirade na imaxe que nos mandou o ben que lle saíu. Está
feito un cociñeiro espectacular!
lunes, 28 de marzo de 2022
ELEFANTES ASIÁTICOS
Traballando ao redor da India, descubrimos que aman moito
aos elefantes e gustan de decoralos e facer desfiles con eles.
E como xa sabedes que nos gusta a cociña, propuxemos elaboralo coa seguinte receita sinxeliña. A ver quen se anima a realizalo.
domingo, 27 de marzo de 2022
A HIXIENISTA DENTAL
O mércores pasado tivemos outra visita especial. Veu Maruxa,
unha hixienista dental a falarnos da importancia de coidar a nosa dentadura. Contounos
unha chea de curiosidades sobre os dentes dos animais do mundo e da importancia
da alimentación no seu coidado.
Da súa man aprendemos que temos que lavarnos os dentes
tres veces ao día e durante tres minutos. Para practicar tróuxonos unha boca
xigante e un cepillo. Lembrounos que, nesta tarefa de hixiene bucal, non
podemos deixar atrás a lingua, onde se acumulan multitude de xermes.
Para rematar deixounos unha bolsiñas con agasallos,
consellos e unhas saborosas receitas para preparar merendas saudables.
jueves, 17 de marzo de 2022
lunes, 14 de marzo de 2022
VACAS SAGRADAS
O noso viaxeiro Fogg chegou á India, un impresionante
país onde as vacas son sagradas. No
capítulo 6 da famosa serie televisiva "A volta ao mundo en 80 días", vimos as
consecuencias para Tico e Rigodón de non tratar estes animais co seu debido
respecto. Pero a nós serviunos de inspiración para a proposta culinaria da semana pasada.
lunes, 7 de marzo de 2022
LIBROS DE EXIPTO
Na nosa biblioteca escolar temos unha chea de libros de literatura infantil pero tamén moitos fondos onde buscar diversa información. Hoxe aproveitamos a nosa visita á biblioteca escolar para ver onde están situados os libros de Exipto. Comprobamos que todos teñen pegatina branca e o número 9 porque tratan de xeografía e historia.
martes, 1 de marzo de 2022
ENTROIDO 2022
Este curso volvemos a celebrar o Entroido a nivel de aula para cumprir coas medidas sanitarias. “A volta ao mundo” no sentido máis amplo da palabra foi a temática ao redor da que xiraron os nosos disfraces, cunha homenaxe especial á artista xaponesa Yayoi Kusama.
No transcurso da maña no puidemos xuntarnos co resto das clases
pero divertímonos igual cantando, bailando, lendo contos, facendo manualidades
e xogando.
A MOMIA DE ANA E NOA
E xa que andamos a coñecer o Antigo Exipto, propuxemos elaborar unha divertida momia. E aquí están as creacións das nosas espectaculares cociñeiras
Ana e Noa.
EXIPTO
O barco onde viaxa o señor Fogg chega ao Canal de Suez. Aproveitamos a parada en porto para coñecer o impresionante Antigo Exipto.
jueves, 17 de febrero de 2022
O NIÑO DE PAXAROS DE NOA
A nosa cociñeira Noa xa nos mandou as fotos co proceso de
elaboración do niño de paxaros. Mirade nas imaxes que bonito e apetitoso lle quedou, dan ganas de
comelo.
ITALIA
O señor Fogg, na súa andaina ao redor do mundo, pasou por
Italia e alí coñecemos a Befana. Unha bruxa boa que adoita deixar caramelos na Noite
de Reis aos meniños italianos. Preparados para aprender a súa canción?
A TORRE EIFFEL DE NOA
Noa púxose mans a obra e mirade que ben lle saíu a Torre
Eiffel. Ademais de cociñeira é unha estupenda arquitecta. Grazas Noa por
compartir connosco as fotos de todo o proceso.
domingo, 6 de febrero de 2022
A TORRE EIFFEL
Como andamos a voltas con París, non podíamos deixar
pasar a oportunidade de levar ás nosas propostas culinarias da fin de semana o
seu monumento máis famoso. Neste enlace
tedes a receita que levaron o nenos o venres para casa. Pero se referides unha
opción máis saudable, facendo clic aquí
accederes a unha versión con moras e framboesas.
E xa que andamos a voltas coa Torre Eiffel, deixámosvos esta bonita canción e a súa versión con xestos que compartiu connosco a mestra Marta de Ribadumia.



















