Alá polo
mes de xaneiro, vimos no xornal Faro de Vigo o gran número de niños da avespa velutina que se están a
eliminar. É moito o dano que este insecto está a ocasionar principalmente nas
colmeas de abellas. Fai unhas semanas, cando estabamos no recreo, uns operarios viñeron a colocar trampas
ao redor da nosa escola. Graciñas a eles puidemos coñecer un chisquiño máis
como son e como funcionan.
Mostrando entradas con la etiqueta Abellas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Abellas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 8 de mayo de 2019
domingo, 25 de marzo de 2018
VISITA A APÍPOLIS
Para coñecer o mundo das abellas o venres fomos a Apípolis. Ademais de descubrir e
probar os produtos que producen estes insectos, os meniños puideron vestir o
traxe de apicultor, visitar o apiario, confeccionar unha vela e incluso cociñar
unhas ricas galletas de mel.
martes, 27 de octubre de 2015
AVESPA ASIÁTICA
O xoves pasado foron as avespas asiáticas as que ocuparon a maior parte do tempo que dedicamos
semanalmente a traballar cos xornais. Vimos a noticia no diario “La Voz de Galicia” e aproveitámola para, ademais de ver a numeración das páxinas, coñecer algunhas cousiñas deste
insecto invasor. Buscamos a reportaxe na prensa dixital e quedamos abraiados co
tamaño que alcanzan os seus niños. Vimos algúns vídeos deste insecto en internet,
puidemos observar en directo como as avespas invaden unha colmea para alimentarse
das crías pero tamén como construír trampas para combatelas.
viernes, 12 de junio de 2015
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Viaxe en autobús ata Apípolis, visita ao
apiario vestidos co noso traxe de apicultor, observación da colmea, percorrido
polas salas da exposición para
ver a raíña das abellas e
aprender sobre o mundo destes insectos, extracción e degustación de mel e
polen, creación dunha candea, elaboración dunhas riquísimas galleta de mel … ¡Que
ben o pasamos e cantas cousas descubrimos!
martes, 9 de junio de 2015
PREPARANDO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Este venres, para coñecer o impresionante
mundo das abellas, imos visitar Apípolis. Onte, xa quentamos
motores degustando o rico mel que nos trouxera Carlos da colleita da súa casa. ¡Que rico estaba!... un bico moi forte para a
súa familia por compartir connosco tan delicioso e nutritivo alimento.
Despois,
aproveitando a nosa visita semanal á biblioteca escolar, comezamos a
mergullarnos na vida destes traballadores insectos observando algúns dos libros
que temos deles. Vimos como é a súa anatomía e os nomes das partes do seu
diminuto corpo. Seguro que na excursión descubriremos moitas más cousas. Non vos esquezades de ser puntuais, levar
calzado cómodo e seguir as indicacións da nota que levaron hoxe os nenos para
casa.
martes, 2 de diciembre de 2014
A AVESPA ASIÁTICA
Vímola fai unhas semanas no número 303 dun xornal
chamado Fouce que nos trouxo Mencía. No artigo limos que son perigosas porque
matan ás abellas para comer o seu tórax causando un grave dano ás colmeas. No
reportaxe di que as persoas expertas aconsellan construír trampas, nós
intentamos facelas cunha botella pero o resultado non foi moi bo que digamos, aínda
que serviunos para ter unha idea de como poderían ser.
O xoves Rita deunos un avespeiro baleiro que
atopara o seu pai e retomamos o tema. Estivemos observándoo, buscamos
información nos libros que temos na biblioteca, vimos como medran as larvas no
seu interior, reflexionamos sobre o perigosas que poden chegar a ser e, hoxe, comparámolo co niño das avespas asiáticas que ven no periódico e
rematamos o noso traballo ao redor da noticia.
miércoles, 30 de mayo de 2012
O COLISEO E OS GLADIADORES
No
conto “Cartas de Félix” viramos unha ilustración do Coliseo pero non sabíamos
nada del. A mestra explicounos que era unha especie de “circo” e para axudarnos
a comprendelo vimos o vídeo Cantiflas
visita el coliseo, clicando no título tedes un acceso directo por se
queredes volver a velo en familia.
Nesta liña, aproveitamos a visita semanal dos
luns á biblioteca para investigar.
Alí atopamos o libro “100
cosas que deberías saber sobre los gladiadores” e quedamos abraiados. No
blogue http://migrimorioescolar.blogspot.com.es/search/label/PROYECTO%20LOS%20ROMANOS
que nos recomendou a mestra Marta,
tedes, ademais do vídeo de Cantiflas, moita información
sobre Roma adaptada aos nenos de infantil. E falando da mestra Marta de Ribadumia, visitade
a entrada http://ribadumiapequenos.blogspot.com.es/2012/05/o-marabilloso-mundo-dos-animaisas.html
do blogue da súa aula, veredes uns interesantes vídeos sobre as abellas.martes, 29 de mayo de 2012
AS ABELLIÑAS DE LEIRO
Despois de tantos
días mergullados no mundo das abellas, non puidemos resistirnos a facer a nosa
presentación de aula para a revista escolar transformados nestas fabricantes
de mel…

jueves, 24 de mayo de 2012
O APICULTOR
Despois da visita a Apípolis toca
repasar e afianzar o aprendido. O luns, na biblioteca, limos o libro ¿Cómo
se hace la miel? e lembramos como se chamaba e escribía o oficio das
persoas que coidan das abellas.
A mestra tróuxonos algúns dos obxectos que
viramos na excursión pero que non manipularamos. Comprobamos o suave que é o cepillo
para non mancar ás abellas, fai cóxegas e non puidemos evitar rir. sábado, 19 de mayo de 2012
UN DÍA CHEO DE EMOCIÓNS
![]() |
Coa viaxe en autobús ata Apípolis
comeza a nosa aventura...
|
![]() |
Ao chegar divídennos en pequenos
grupos para rotar por todos os
obradoiros. Para visitar o apiario onde
están as abellas temos que ir ben
protexidos...
|
![]() |
Os monitores van poñéndonos o traxe
de apicultor: a funda, as luvas e, por
último, a máscara. Explícannos
como temos que comportarnos
coas abellas para non molestalas.
|
![]() |
Vestidos de apicultores e listos
para empezar co traballo non hai
quen nos distinga … ¿sabedes quen é quen?
|
![]() |
Coa axuda do afumador, faise
crer ás abellas que hai un incendio.
Introdúcense na colmea e podemos
observalas mellor.
|
![]() |
Co extractor de cadros o apicultor
pode manexar os cadros cos panais
e mostrarnos as larvas, o polen e o mel
almacenado nas celas.
|
![]() |
Ao saír do apiario hai que pasar
o cepillo por todo o traxe para
varrer as abellar que puideran quedar
adheridas a el.
|
![]() |
Chega o momento da merenda.
Unhas ricas galletas axudan
a coller forzas para seguir coa visita.
|
![]() |
As abellas ademais de mel
proporciónannos polen. A
monitora móstranos o sistema
empregado para que as abellas
se desprendan das boliñas del
que transportan nas
súas patas traseiras.
|
![]() |
Xa sabemos como fan os
apicultores para coller o polen que
as abellas colectan,
agora toca cheiralo e probalo.
|
![]() |
As celas que conteñen o mel están
tapadas. Cun coitelo especial
desopercúlanse para poder
extraer o mel que conteñen
|
![]() |
Despois introdúcense no extractor,
pero todos temos que axudar para
facer xirar a manivela se queremos
obter o mel.
|
![]() |
¿Quen quere mel?... Primeiro
probamos un pouquiño
co dedo. Despois, quen
quere máis, soamente ten
que abrir a boca e...
|
![]() |
Pero tamén envasamos un
pouquiño para darllo a
probar a: mamá, papá, o avo...
|
![]() |
Hai que deixalos ben
colocadiños, cada un o seu,
para que non rompan...
|
![]() |
Pero ademais de mel e
polen, as abellas fabrican
cera. Cunha mecha e un
pouquiño de paciencia...
|
![]() |
...construímos a nosa candea
personalizada.
|
![]() |
Tamén hai momentos de
cancións mentres esperamos
para entrar no obradoiro de cociña.
|
![]() |
Fariña, levadura, mantequilla, ovos,
azucre e, por suposto, mel.
|
![]() |
Amasamos, cantamos e,
con moito coidadiño,
dámoslle á masa a forma de galleta.
|
![]() |
Uns minutiños no forno
e xa temos preparadas
unhas ricas galletas de mel.
Metemos catro en cada
paquetiño e ¡listas para levar!.
|
![]() |
A través dun divertido contacontos
coñecemos a historia de
Moncho e o enxame de abellas.
|
![]() |
Embobados e entre risas
seguimos as aventuras de Moncho.
Pero o mellor, o saúdo que debemos facer a abella raíña cando visitemos
a exposición.
|
![]() |
As clase de abellas, as súas
función dentro da colmea,
os seus inimigos … a
través de paneis seguimos
mergullándonos no mundo
destes insectos.
|
![]() |
Coa busca da abella raíña e un
par de xogos máis chega a hora
do xantar.
|
![]() |
Con lanzamentos de pelotas e
carreiras polo campo
esperamos que preparen
as mesas. Ensalada,
croquetas, espaguetes … ¡que rico!
|
![]() |
E pola tarde con cancións e xogos
chega a hora de marchar…
|
![]() |
| No autobús de regreso estamos tan cansadiños que o sono pode con moitos de nós... |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














































