Mostrando entradas con la etiqueta Protexe os animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Protexe os animais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de marzo de 2023

XORNAIS

Nas últimas sesións que traballamos ao redor dos periódicos, comparamos os nomes dos diferentes xornais na prensa en papel. Observamos que cada un é diferente, aínda que con semellanzas. Algúns teñen un nome longo, outros moi curto. Hainos con moitas noticias de deportes e con poucas. Uns teñen os nomes en color, outros en branco e negro. O tipo de letra tamén é diferente.

Pero o que máis gusta dos periódicos é ver as novas na prensa dixital, especialmente se van acompañadas dun vídeo explicativo. A adopción dunha cadeliña por parte da localidade de Tui, conmoveunos a todos; pero a noticia sobra as cegoñas en Ourense, serviunos de detonante para traballar ao redor destas queridas aves.

lunes, 28 de junio de 2021

REMATAMOS O TRIMESTRE


Case sen darnos conta chegamos a final de curso. Xa rematamos os traballos, empaquetamos todo e levamos as cousas para casa. Para meter todos os traballos do trimestre a mestra Ana axudounos a personificar unhas bolsiñas.

Nas últimas semanas completamos o calendario escolar de Frida Kalho. A portada é unha pequena guía de lectura. Nela aparecen recollidos os libros que consultamos ao longo do curso adaptados ás idades dos nosos alumnos. 

Quedara pendente de publicar neste blog a versión signada do conto Zapato, que con tanta ilusión reescribimos e memorizamos.


 Déixovola a continuación para que poidades practicar en familia.

A última crisálida que tiñamos, tamén saíu do seu casulo e soltámola para que puidera continuar o seu ciclo vital.


lunes, 7 de junio de 2021

PORQUIÑOS

 

Continuando coa temática de animais nas nosas propostas culinarias, chegoulle a quenda aos porquiños. Noa e Marta fixeron dúas versións diferentes pero igualmente divertidas. 

Na imaxes tedes todo o proceso de elaboración da ópción de Noa e un resultado do máis saboroso e nutritivo. Está feita unha auténtica chef.


A nosa cociñeira Marta optou polo pan de molde coma base e o efecto foi tamén espectacular.


O noso cociñeiro Erik ademais elaborou a vaca e mandounos unha foto con ambos animais. 



domingo, 23 de mayo de 2021

A VACA DE MARTA

Continuamos a voltas cos animaliños nas nosas propostas culinarias da fin de semana. O venres suxerimos elaborar unha vaca e Marta xa nos enviou a súa creación. Quedoulle espectacular.

Ademais da idea recollida na receita, neste enlace tedes outra versión igualmente divertida.

jueves, 20 de mayo de 2021

O PAVO DE ERIK

Erik tamén animouse a elaborar o noso nutritivo pavo de froitas. Mirade nas imaxes que chuliño e gracioso lle quedou.

miércoles, 19 de mayo de 2021

O PAVO DE MARTA

Dende que comezamos a coñecer as mascotas da artista Frida Kahlo, decidimos levalas ás nosas propostas culinarias da fin de semana para renderlle unha pequena homenaxe. Xa elaboramos o mono araña e o papagaio. Agora tocoulle quenda ao pavo. Nós propuxemos unha receita empregando pera como ingrediente principal.

Marta xa se animou a elaborala. Mirade nas imaxes que espectacular lle  quedou e a cara tan divertida que ten o pavo.



martes, 18 de mayo de 2021

CALENDARIO ESCOLAR DE FRIDA KAHLO

 

No terceiro trimestre sempre elaboramos un calendario do vindeiro curso que dedicamos a un artista. Nesta ocasión, a pintora protagonista é Frida Kahlo. En cada mes traballamos ao redor dunha das súas obras á vez que coñecemos os feitos máis relevantes da súa vida a través de diversa bibliografía. Paralelamente afianzamos o coñecemento da serie numérica ata o 31, os días da semana e os meses do ano.

Como este ano andamos a voltas cos animaliños, nos cadros seleccionados os protagonistas son as mascotas de Frida.












martes, 11 de mayo de 2021

O PAPAGAIO E A ABELLA DE ERIK

 

Neta ocasión o noso cociñeiro Erik elaborou dúas receitas xuntas. Na súa versión do papagaio empregou peladillo como ingrediente principal e mirade que ben lle quedou.


Para a abella, substituiu os arándanos por uvas e, como podedes apreciar nas imaxes, o resultado foi do máis divertido.


O PAPAGAIO DE MARTA

Marta tamén animouse a elaborar o papagaio dos cadros de Frida kahlo. Mandounos as fotos do proceso, mirade que bonito lle quedou.



martes, 23 de marzo de 2021

COÑECENDO A FRIDA KALO

 

Co conto “Frida kahlo y sus animalitos comezamos a coñecer unha das pintoras máis importantes da historia. Partindo das mascotas que inspiraron a súa arte, este libro narra a vida da artista mexicana.

domingo, 21 de marzo de 2021

CONTOS PARA UN PLANETA


Durante algo máis dun mes, a hora de ler vai estar chea de contos que nos axudaran a coñecer criaturas imprescindibles para a vida na terra. Tratase da maleta literaria que pon a disposición dos centros educativos o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental). Solicitouna a mestra Ana do aula de natureza e chegou á biblioteca escolar a semana pasada. Xa limos tres libros que nos pareceron preciosos. Ao rematar cada lectura opinamos sobre ela. Temos que avaliar cada exemplar do 1 ao 5 argumentando a nosa decisión. Unha forma de aprender a pensar e inicialos na  critica literaria.