Mostrando entradas con la etiqueta LIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIM. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de marzo de 2020

LIM DO SISTEMA SOLAR

Para xogar e aprender algunas cousiñas sobre o sistem solar, clicamos na imaxe inferior.

lunes, 28 de octubre de 2019

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA


O vindeiro mércores celebraremos na nosa escola a festa do Samaín. Para coñecer mellor esta tradición, Zapatocas preparounos na biblioteca un recuncho con contos e diverso material relacionado co tema. Paseniño estamos léndoos e entre risas enfrontándonos aos medos.
E como non podía ser doutro xeito, o Samaín tamén chegou ás clases de informática. A continuación vos deixamos un LIM por se queredes xogar tamén na casa. Picade na imaxe inferior e accederedes ás actividades.

martes, 8 de octubre de 2019

O SISTEMA SOLAR


Onte aproveitamos a nosa sesión semanal no aula de informática para traballar ao redor do sistema solar. Para os que desexen aprender xogando tamén dende casa, a continuación deixamos o vídeo que vimos e os xogos LIM que realizamos. 

Picade enriba da imaxe e accederedes ás actividades.

martes, 1 de octubre de 2019

INFORMÁTICA

A semana pasada comezamos coas clases de informática. Cada luns, a través de xogos, realizaremos diversas actividades para aprender a manexar o rato, facer clic, premer e arrastrar. Paralelamente empregaremos os ordenadores para reforzar contidos traballados na aula á vez que os meniños vanse familiarizando coa linguaxe informática.
Esta semana foi o contiño “A que sabe a lúa?” o que empregamos como detonante para traballar todos eses aspectos. Se na casa tamén queredes xogar picade na imaxe inferior e accederedes ao LIM.

domingo, 13 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a María Victoria Moreno. Na biblioteca estamos montando un recuncho cos libriños que esta autora ten publicados adaptados á idade dos nosos alumnos.  O luns limos e ilustramos un poema de “Eu conto, ti cantas”, unha bonita obra en verso que nos regalou o ANPA polo día do libro. Con estes debuxos e outros que fixemos no transcurso da semana, imos participar no III Concurso de Debuxo Letras Galegas que convoca o ANPA do CRA de Ribadumia.
Se na casa tamén queredes aprender cousiñas sobre a vida e obra de esta autora, podedes facer clic nas imaxes de abaixo e accederedes ás actividades en liña do Seminario Galán.

martes, 12 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


Este ano o día das letras galegas está dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Ao longo desta semana intentaremos que os cativos se familiaricen  un chisquiño coa figura e obra deste autor pontevedrés. Comezaron onte en informática coa mestra Araceli vendo e realizando as actividades LIM propostas polo Seminario Galán e que vos deixamos a continuación por se queren volver a facelas na casa. Soamente tedes que facer clic na imaxe inferior para acceder.



Hoxe estivemos lendo e comentando algúns dos carteis da exposición gañadora do concurso-exposición Letras Galegas 2015, aprendendo a escribir o nome do autor homenaxeado e facendo un quebracabezas da súa caricatura. Nos vindeiros días continuaremos coas actividades propostas no libriño que acompaña aos carteis e coas do equipo de normalización lingüística do centro.

lunes, 12 de mayo de 2014

PREPARANDO O DÍA DAS LETAS GALEGAS


Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro. Baseándonos nos materiais elaborados pola coordinadora do equipo de normalización lingüística do noso centro, esta semana imos coñecer un pouquiño da vida e obra deste escritor galego. 
Hoxe comezamos a familiarizarnos co seu nome vendo un conto da súa traxectoria e, en informática, realizamos algunhas das actividades propostas polo Seminario Galán.  Se na casa tamén queredes facer as actividades podedes clicar na imaxe da esquerda e accederedes ao LIM.

lunes, 20 de mayo de 2013

COÑECENDO NOVA YORK

Pouco a pouco imos familiarizándonos con esta cidade. Sen lugar a dubida o primeiro que chama a atención dela son os seus rañaceos, o Empire State é o máis coñecido, aínda que o que máis lle sorprendeu aos cativo foi a imaxe de King Kong que adoita acompañalo nalgunhas ilustracións. Pero en Nova York temos moito por descubrir. O primeiro, coma sempre, buscar información, e as guías de viaxe que temos na nosa biblioteca escolar son a mellor opción, pero hai que ter claro cales son as que falan de Nova York e cales son da mesma colección pero fan referencia a outras capitais.

sábado, 11 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este é o nome do autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Cada ano, coincidindo coa publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares gallegos”, dedícaselle a unha persoa que contribuíse á promoción e defensa da lingua galega. Durante este mes desenvólvense numerosas actividades para dar a coñecer e difundir o labor e a obra da persoa homenaxeada. Na nosa aula tamén comezamos a coñecer a figura deste dramaturgo baseándonos nos carteis e  traballo realizado polo equipo de normalización lingüística do noso centro. Se na casa tamén queredes familiarizarvos coa vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, aquí vos deixamos estas actividades LIM adaptadas a Educación Infantil e realizadas polo Seminario Galán. Tedes que premer nas imaxes para acceder a elas; o primeiro LIM é sobre a súa vida e o segundo de xogos.

domingo, 21 de abril de 2013

PSICOMOTRICIDADE EN NOVA YORK

Despegamos rumbo a Nova York e pouco a pouco imos collendo a velocidade suficiente para cruzar o Atlántico. Ao chegar o primeiro que vemos e a Estatua da Liberdade, pero para xogar hai que ter claro que a man dereita é a que ten que estar arriba co facho e a esquerda pegada ao corpo coa táboa. Os que teñen ladrillos amarelos son os taxis e o resto os coches. Para cruzar a Ponte de Brooklyn hai que ir a modo se non queremos caer ao río Hudson… Xogamos, interiorizamos o noso esquema corporal, afianzamos a nosa lateralidade á vez que enriquecemos o noso vocabulario e familiarizámonos con algúns dos lugares emblemáticos desta cidade…
E para os que boten de menos Kenia, aquí lles deixamos un LIM co que lembrar algunhas das cousiñas que vimos o trimestre pasado.

sábado, 13 de abril de 2013

OS IRMÁNS GRIMM MARCHAN PARA SISÁN

O luns pasado foi o último día que pasamos con eles. Pero antes de que a súa maleta siga percorrendo o resto das escolas, na hora do empréstito, os nenos que quixeron, puideron optar por levar para casa o seu conto dos Irmáns Grimm favorito. Para os que desexen comprobar canto aprenderon neste trimestre sobre os libros que temos na nosa biblioteca destes autores, aquí lles deixamos o seguinte LIM, soamente tedes que clicar na frecha branca ou no cadradiño de pantalla completa e… ¡a xogar!

domingo, 27 de enero de 2013

O AÑO PITAÑO

Este foi o poema que traballamos esta semana para seguir coñecendo a obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Gústanos e fainos rir cando o escoitamos recitado por nenos pequenos na seguinte presentación http://www.youtube.com/watch?v=QxXcd_qscJw. Pero o que realmente preferimos é ir a informática e facer os xogos LIM da escola de Barciela do CRA de Vilaboa. Se na casa tamén queredes probar, picade na seguinte imaxe.

viernes, 18 de enero de 2013

POLO LARANXAL…

Así comeza o poema de Xosé María Álvarez Blázquez que estivemos traballando esta semana. ¡Canto traballiño lle deu aos maiores conseguir facer o “H” en ligada!... Comprender que os números 1, 2 e 3 pódense escribir empregando letras, tampouco foi doado. Pero pasárono en grande dramatizando os versos.Todos querían ser avelaíñas e xogar a agocharse detrás das laranxeiras. Contar as avelaíñas era máis fácil. Sobre todo se o facemos cun xogo no ordenador. Para todos aqueles que tamén queiran aprender o poema mentres xogan, no seguinte enlace http://seminariogalan.org/inicio/ver/59 teñen varias actividades que realizou o Seminario Galán co gallo de ser Xosé Mª Álvarez Blázquez o autor homenaxeado o día das letras galegas do ano 2008.



jueves, 10 de mayo de 2012

IMOS DE EXCURSIÓN

O venres da vindeira semana visitaremos Apípolis, un centro que ten como obxectivo mostrar as relación das abellas cos seres humanos e a importancia destas para o medio ambiente.  No transcurso da xornada está previsto que visitemos á exposición, vestidos de apicultores entremos ao apiario, realicemos extracción de mel, coñezamos o proceso de extracción de cera, confeccionemos unha vela … Se queredes coñecer onde está situada e saber máis concretamente o que está previsto realizar, podedes visitar o enderezo  http://www.apipolis.com/modalidades-visitas.php, a nosa modalidade de visita é  “Estancia de xornada completa con comida”.
No marxe superior, tedes a opción de vídeos, onde poderedes ver varios para facervos unha mellor idea do que van ver os vosos fillos, ou clicar aquí. Os que prefiran familiarizarse co mundo das abellas xogando, picade no enlace http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/2012/03/as-abellas-e-o-mel.html