Mostrando entradas con la etiqueta Fernando Botero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fernando Botero. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2019

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE BOTERO

Despois de varios meses traballando ao redor do calendario de Fernando Botero e o circo, xa está listo para que mañá os meniños o leven para casa xunto co resto dos seus traballiños.








domingo, 7 de abril de 2019

BOTERO NA BIBLIOTECA


Nas últimas semanas, dedicamos a nosa visita á biblioteca a ver os libros que temos do artista Fernando Botero e como temos que facer para localizalos. Consultamos a CDU e comprobamos que teñen a pegatina rosa e o número 75 porque tratan de pintura.

martes, 26 de marzo de 2019

FUNÁMBULA


A semana pasada o conto de Funambulus, levounos a coñecer o seguinte personaxe do circo pintado por Botero e ao que lle dedicamos o mes de outubro. Tamén grazas a este libro coñecemos un novo deporte o slakline que, a diferenza do funambulismo, emprega unha corda de nailon ou poliéster con moita suspensión e balanceo.

sábado, 23 de marzo de 2019

FERNANDO BOTERO


Nos últimos anos, cando chegan estas datas, realizamos un calendario temático escolar do vindeiro ano académico que dedicamos a diferentes artistas. Este curso, como andamos a voltas co circo, imos copiar a proposta da mestra Marta de Ribadumia e traballar ao redor de Fernando Botero, un pintor que ten unha extensa colección de obras con esta temática.