Mostrando entradas con la etiqueta O Caribe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Caribe. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de junio de 2014

LIMA

Esta semana Rita tróuxonos lima. Puxémola no recuncho de “O Caribe” xunto co coco, e decidimos esperar a hoxe, día semanal da froita, para comer ámbolos dous. 
Comezamos coa lima. Antes de probala moitos dicían que non lles gustaba pero, aínda así, repartimos un anaco para cada un e animamos a todos a degustala.  O resultado foi sorprendente, case todos acabaron dicindo: ¡profe quero máis!... ¡que ricas estaban!... comémolas case todas, deixamos a pequerrechiña, Rita dicía que era o bebé e que non podíamos comela, por este motivo volveu ao noso recuncho caribeño.  
A gran decepción levámola co coco. Despois de moito petar nel sen conseguir rompelo, localizamos un martelo, con moito traballiño logramos abrilo e … ¡estaba podre!... A ver se mañá conseguimos outro en mellor estado.

viernes, 30 de mayo de 2014

FÉLIX ESTÁ NO CARIBE


Sabémolo dende o luns que recibimos unha nova carta da nosa lebre viaxeira. O mesmiño ca nós, Félix estaba canso de tanto frío e mal tempo, así que decidiu marchar para O Caribe. Na súa misiva fala de cocos, golfiños, baleas… e, coma sempre, aproveitamos a nosa visita á biblioteca para buscar información ao respecto e comezar a montar un novo recuncho. ¡Benvidos a “O caribe”!.