Mostrando entradas con la etiqueta Abandono de cans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Abandono de cans. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2018

ALIMENTATE BEN E SOLIDARIDADE

Onte foi unha mañá intensa.  Con motivo da visita dos responsables da protectora de animais O Refugio de Cambados, os meniños chegaron á escola cargados de obxectos e materiais para doar. En nome de todos os animaliños que viven nas súas instalacións: ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!. Despois de ver todos os produtos cos que podemos colaborar e a gran utilidade que teñen, pasamos a realizar un marcapáxinas  de canciños para conmemorar o día do libro que se celebrará o próximo luns. 
Mentres, as cociñeiras do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata” prepararon xogos e actividades para ensinarnos os beneficios de incluír o peixe na nosa dieta. Case sen darnos conta, chegou o momento de elaborar os bocatas cos ingredientes a gusto de cada comensal: atún, sardiña, mexillóns, calamares … despois viñeron os agasallos: unha gorra e un receitario para preparar ricos bocadillos.
Tras o recreo, veu Olga coas súas mascotas para explicarnos o traballo que realizan na protectora e o seu programa de Educación en Valores. Pero sen lugar a dúbidas, o que máis nos gustaron foron as mascotas.


lunes, 19 de marzo de 2018

LOLA


A semana pasada vimos unha nova aparecida no xornal “La Voz de Galicia” sobre unha cadeliña chamada Lola. Foi roubada e recuperada dez anos despois grazas ao microchip. Esta noticia serviunos de detonante para falar sobre a importancia desta pequena cápsula e lembrar o que xa viran os nenos ao respecto na aula de natureza. Despois limos o conto “El nunca lo haría  e iniciamos unha reflexión sobre o abandono animal e o traballo que realizan as protectoras de animais. Neste enlace tamén podedes coñecer unha aventura Chispa, o can dos Bolechas, titulada “Sultán non ten microchip”.

viernes, 17 de enero de 2014

UN FOGAR PARA LUCÍA E LUCÍANA

Trátase de dúas cadeliñas que abandonaron a principios de ano nun contedor de auga. Esta semana vimos a noticia no xornal Faro de Vigo. Agora están no  Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia en Meis, á espera de que alguén as poida adoptar. En clase estivemos traballando ao redor do tema e sobre todo reflexionando sobre o coidado dos animais. Tamén limos un precioso conto que temos na biblioteca e que vos recomendamos “El nunca lo haría”. Esperamos que Lucía e Lucíana atopen logo unha familia que as coide.

miércoles, 26 de octubre de 2011

¿QUEN ME QUERE ADOPTAR?

Fai un par de semanas que ando a vagar pola escola. Os primeiros días achegábame aos cativos con ilusión, esperaba as carantoñas ás que estaba afeito. Sen entender  o porque, os mestres botábanme fora do recinto escolar. Os nenos querían xogar comigo pero os adultos non lle deixaban. Comecei a pasar fame, a ter feridas, perdín o meu colar pero, sobre todo, empecei a comprender que tiña que escapar das persoas… Hoxe, unha meniña, María, tróuxome as sobras do churrasco de onte, a mestra, aínda que chovía, queríamas dar pero eu escapaba, agora teño medo, estas semanas malláronme  moitas veces… ao final a fame puido máis que o medo e achegueime a comer… como eu non podo falar, a mestra pregunta por min: ¿quen me quere adoptar?...