Mostrando entradas con la etiqueta Eirugas de seda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eirugas de seda. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de abril de 2012

LISTAS PARA LEVAR

As eirugas de seda xa medraron o necesario para poder ser manipuladas sen problemas. Hoxe algunhas xa marcharon para os seus novos fogares en caixiñas de cartón as que lle fixemos buratiños para que poidan respirar. No libro “Buzz” da editorial Parramón estamos lendo como é o seu ciclo vital. Soamente comen follas de moreiras como as da árbore do noso patio de recreo. Precisan poucos coidados e brindan aos pequenos a oportunidade de observar o proceso de transformación en bolboreta. Para todos os que desexen aprender un pouquiño máis sobre estes inofensivos seres vivos, poden visitar as webs http://www.gusanosdeseda.com/gusano.htm   http://calasanz.edu.gva.es/gusanito/index.html

viernes, 30 de marzo de 2012

XA NACERON AS NOSAS EIUGAS DE SEDA

Fai un par de semanas que os ovos das eirugas de seda que tiñamos gardados eclosionaron. Esta primavera, como está sendo moi calorosa, a moreira do patio de recreo xa está cuberta de follas e ás eirugas non lle falta comida. Aínda son moi pequerrechiñas e as nosas mans non teñen destreza dabondo para conseguir collelas sen esmagalas. Por agora é a mestra a que se encarga de cambiarlle as follas secas pero despois de vacacións, cando medren o suficiente, poderemos ser nós os encargados de facelo e iniciaremos un pequeno proxecto para aprender cousiñas sobre elas. Naceron moitas e son incontables os ovos que están a punto de eclosionar, todos aqueles que queiran levar algunhas para casa e ser responsable do seu coidado, soamente teñen que llo pedir á mestra.