
Aínda nos queda moito que aprender sobre a vida de Napoleón Bonaparte pero, o trimestre avanza, e temos que ir rematando con este personaxe para seguir avanzando noutras cuestións que tamén espetan o noso interese.
Aínda nos queda moito que aprender sobre a vida de Napoleón Bonaparte pero, o trimestre avanza, e temos que ir rematando con este personaxe para seguir avanzando noutras cuestións que tamén espetan o noso interese.
¿Lembrádevos da Catedral de Notre Dame que estaba xunto ao río Sena?, antes de vacacións volvemos a vela pero nesa ocasión por dentro, nin máis nin menos que na coroación de Napoleón. Divertímonos imitando a Josefina e, o día da festa, posando como auténticos “Napoleón a Cabalo”
Xogamos, cantamos, disfrazámonos e, o noso desfile, encheu de colorido o percorrido pola aldea.
A confección do noso traxe de Napoleón, ademais de servirnos para divertirnos e aprender cousiñas deste gobernante francés, hoxe axudou aos maiores a iniciarse na simbolización da suma e, aos pequenos,
a interiorizar a grafía do oito e a cor dourada.
Paralelamente seguimos xogando cos mandatos do Meco, hoxe foron as uñas pintadas as que fixeron furor entre os cativos. Hainas brancas, rosas, azuis, laranxas, de coloríns… probade a intentar adiviñar cos vosos fillos a quen pertencen as mans da foto…
mañá veremos se acertades mentres rimos co último mandato. Se coñecedes aos cativos da escola de Ribadumia, visitade o seu blogue, ou picade aquí, e intentade tamén descubrir a quen pertence cada bigote.