Mostrando entradas con la etiqueta Calendario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calendario. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de febrero de 2023

NOEL E O CALENDARIO

A fin de semana pasada, Noel xa comezou a traballar no calendario que levamos para casa. Ademais de marcar o día, reproduce os números e pon pegatina vermella nas xornadas que non hai colexio.

Se vos apetece, tamén podedes facer un rexistro da meteoroloxía coma realizamos na escola. Ao rematar o mes saberedes cantos días fixo sol, choveu ou estivo nubrado.

jueves, 26 de enero de 2023

CALENDARIO COMPETENCIAL 2023


O luns levamos para casa o calendario competencial do 2023 con situacións de aprendizaxe. Trátase dun almanaque especial no que cada día inclúe propostas como procuras de tesouros, cine en familia, lecturas,  actividades para realizar en inglés, música ou pautas de respiración para a mellora da fala.

Tamén podedes aproveitar este almanaque para que os meniños marquen o día como facemos na aula. Poden ir tachando os números que pasan e rodeando o actual, contar para intentar adiviñar o nome do díxito sinalado, o do mes e o do día da semana …

Outra idea interesante é sinalar acontecementos especiais dos vindeiros meses: aniversarios, comezo da primavera, festas … Se vos apetece tamén podedes enviar fotos do sitio escollido para colocalo ou das actividades que realicedes en familia seguindo as súas suxestións.

domingo, 23 de enero de 2022

CALENDARIO COMPETENCIAL

 

O venres levamos para casa un calendario do 2022 especial. Cada día inclúe propostas de aprendizaxe como procuras de tesouros, cine en familia, lecturas,  actividades para realizar en inglés, música ou pautas de respiración para a mellora da fala.

Tamén podedes aproveitar este almanaque para que os meniños marquen o día como facemos na aula. Poden ir tachando os números que pasan e rodeando o actual, contar para intentar adiviñar o nome do díxito sinalado, o do mes e o do día da semana … 

Outra idea interesante é sinalar acontecementos especiais dos vindeiros meses: aniversarios, comezo da primavera, festas … Se vos apetece tamén podedes enviar fotos do sitio escollido para colocalo ou das actividades que realicedes en familia seguindo as súas suxestións.

jueves, 4 de junio de 2020

O TEMPO NO CONFINAMENTO


Queredes saber cantos días de sol tivemos durante a corentena? Choveu máis en maio ou en abril? Houbo máis días nubrados que solleiros? Grazas ao rexistro meteorolóxico de Lía, podemos resolver todas estas dúbidas á vez que practicamos as sumas. Animádevos a realizar vos tamén as vosas propias anotacións nos calendarios! E se queredes practicar sumas neste enlace e aquí  tedes varias opcións.

miércoles, 3 de junio de 2020

CALENDARIOS DO CONFINAMENTO


O luns comezou o mes maio e Lía lémbranos que toca empezar un calendario novo. Ela foi cubrindo todos os dos meses anteriores e envíanos os seus almanaques de confinamento. Para os que necesiten axuda coa ficha, neste enlace podedes descargala.

jueves, 19 de marzo de 2020

A PROPOSTA DE LÍA

Hoxe recibimos un correo de Lía cunha bonita idea para celebrar o Día do pai con agasallos feitos na casiña. Mirade nas fotos que bonitos lle quedaron. Mándanos unha aperta para todos e nós facémoslle chegar unha chea de bicos para toda a familia.  Seguro que para moitos de vós hoxe foi unha xornada moi especial, se queredes podedes enviarnos fotos e publicarémolas.
Ela xa comezou a traballar tamén co calendario. Se vos animades a imitala, podedes anotar o tempo que fai como realizamos en clase. Moitas grazas por compartir connosco as vosas creacións e esperamos seguir tendo mensaxes de todos vós.

miércoles, 18 de marzo de 2020

O MELLOR, QUEDAR NA CASIÑA

Para facer máis amenos estes días de illamento e que os meniños non perdan os hábitos adquiridos, a continuación vos deixamos unha serie de propostas que podedes realizar con eles.
O primeiro marcar o día no calendario. Tachar os números que pasan e rodear o actual, contar para intentar adiviñar o nome do díxito sinalado, o do mes e o do día da semana. Sinalar acontecementos especiais dos vindeiros meses: aniversarios, comezo da primavera, festas … Contar cantos días faltan para que cheguen.
Ler todos os días un conto ou unha parte del. Escribir o título do conto e ilustralo. Facer un listado cos nomes dos personaxes e debuxalos atendendo ás súas características
Pegar unha foto que non sirva nun folio e escribir debaixo: os nomes dos familiares ou amigos que aparecen na foto, o que estamos a facer, onde estamos...
En cada traballo que realice poñer o seu nome e apelidos por detrás e a data, por exemplo: mércores, 18 de marzo de 2020. Isto tamén nos servirá de pequeno diario para lembrar o que aconteceu cando todo isto pase.
Facer listas da compra.
Facer listados de nomes de familiares ou amigos: os que viven na nosa casa, na casa do primo, os que van ó cole, cos que xogan no parque...
Todas as actividades que fagades podedes mandalas ao noso correo electrónico escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes, seguros que aos cativos lle gusta velas e todos colleremos ideas novas para realizar.
No blog da aula de Ribadumia B tamén tedes unha chea de suxestións para estes días. Podedes visitala facendo clic aquí.
E mais propostas en