Mostrando entradas con la etiqueta Dinosauros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dinosauros. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de noviembre de 2022

CONTANDO DINOSAUROS


O conto “Diez dinosaurios terribles” que limos na biblioteca escolar serviunos de detonante para traballar a numeración ata o 10 durante varias semanas. Preparados para contar?


lunes, 24 de octubre de 2022

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

 

Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas co fin de concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o labor dos bibliotecarios. Para conmemoralo, dende a biblioteca escolar editouse a seguinte guía de lectura onde os dinosauros son os protagonistas.


viernes, 21 de octubre de 2022

O DINOSAURO DE NOEL

O noso cociñeiro Noel xa nos mandou as fotos do seu saboroso dinosauro. Mirade que ben lle saíu.

sábado, 15 de octubre de 2022

O ESTEGOSAURO DE LÚA

 

A nosa cociñeira Lúa elaborou un espectacular estegosauro  empregando uvas en lugar de fresas para as placas do lombo. Quedoulle xenial co seu nome incluído!

martes, 11 de octubre de 2022

ADOPTAR UN DINOSAURIO

 

A semana pasada Zapatocas tíñanos preparado este simpático conto para ler na biblioteca. 


Ademais de  divertirnos do lindo con el, serviunos de escusa para traballar ao redor dos días da semana.

lunes, 10 de octubre de 2022

O ESTEGOSAURO DE ANTÍA

A nosa cociñeira Antía xa nos enviou o estegosauro que elaborou a fin de semana. Quedoulle espectacular!

DINOSAUROS DE PLASTILINA

 

Noa e Ana levaron a proposta culinaria ás artes plásticas. Realizaron dous dinosauros espectaculares con plastilina de cores. Mirade nas imaxes do proceso que chuliños lle quedaron. Están feitas unhas artistas!


domingo, 9 de octubre de 2022

O ESTEGOSAURO DE BRAIS


A proposta culinaria desta fin de semana continua tendo os dinosauros coma protagonistas. Nesta ocasión concretamente un estegosauro. A nosa receita ten coma base unha filloa pero neste enlace tedes outra versión substituíndoa por sandía. Pero se o que vos apetece é cociñar un magnífico triceratops, facede clic aquí.

Os nosos chefs Brais e Lía xa elaboraron a proposta. Mirade nas fotos do proceso que ben o pasaron cociñando en familia.

Quedoulles espectacular! Que rico!!


miércoles, 5 de octubre de 2022

CANTOS TIPOS DE DINOSAUROS!

 

Grazas ao contiño “¿Soy Tuyo?”, ademais de ver que os dinosauros nacían de ovos, descubrimos que podían ser moi diferentes entre si. Os estegosaurios tiñan púas longas, planas e afiadas no lombo.  Os branquiosaurios  o pescozo moi longo.  Os triceratops tres cornos. Os coritosaurios unha crista na cabeza. Os tiranosaurios moitos dentes na boca. E os protagonistas do conto, os pterosaurios, un par de alas, un fociño en punta e dúas patas fortes, curtas e robustas.

AS RECEITAS DE NOA

 A nosa cociñeira Noa xa nos enviou as fotos das últimas propostas culinarias.

O dinosauro, coma podedes ver na foto, quedoulle xenial. 

Para realizar o coche substituíu as uvas por cenoria e engadiulle o volante. Unha opción moi colorida e saudable. 

Ademais engadiulle o volante. Que boa idea!

lunes, 3 de octubre de 2022

OS DINOSAUROS DE AARÓN, ANTÍA, BRAIS E LÚA

 

Os dinosauros chegaron ás nosas propostas culinarias da fin de semana cunha nutritiva receita a base de froitas.  Nas fotos que nos enviaron as familias temos varias versión, todas espectaculares e divertidas.


A Aarón quedoulle xenial! Igualiño ao modelo.

Lúa incorporou o seu nome. Unha idea magnifica para personificar as creacións. Ademais substituíu as pebidas de chocolate por arándanos, unha opción moito máis saudable.

Brais contou coa inestimable axuda da súa irmá Lía. 


E incorporou fresas e mandarina á receita, que ricas!

A nosa cociñeira Antía optou por unha versión máis nutritiva a base de pera e uvas. Que boa idea!

Grazas familias por compartir as vosas creacións connosco!

miércoles, 28 de septiembre de 2022

TESOUROS DE OUTONO

Coa chegada do outono o parque da nosa escola énchese de pequenos tesouros: castañas, ourizos, landras, follas de diferentes formas, tamaños e cores … Con eles cada día a hora do recreo convértese nun recurso cheo de posibilidades didácticas que aproveitamos de diversos xeitos.

A semana pasada a recollida e o reparto de castañas serviunos para traballar as cantidades e o reconto. Cada meniño levou cinco para casa. Se vos animades a cociñalas podedes enviarnos fotos ao correo e comentarnos se estaban ricas.

Ás veces, desprender as castañas dos ourizos sen picarse tamén é todo un esforzo de coordinación.


 As castañas gordas hainas que separar das planas que carecen de valor culinario, pero teñen un potencial impresionante para a creatividade artística. Mirade na imaxe que estegosauro máis espectacular fixeron Noa e Aarón empregando as castañas planas para as púas do lombo e as landras para as patas.

lunes, 26 de septiembre de 2022

¿SOY TUYO?

 

Hoxe na nosa visita semanal á biblioteca, Zapatocas tiñanos preparado este bonito conto. Con el comprobamos que non todos os dinosauros son iguais e decidimos comezar a investigar ao redor destes impresionantes seres. Preparados para acompañarnos?