viernes, 22 de diciembre de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

 

Un ano máis o noso festival de Nadal veu cargado de teatro, actuacións, xogos, bailes e, por suposto, a visita do Apalpador.




miércoles, 29 de noviembre de 2023

ÁRBORE DE NADAL


Chega o Nadal ás nosas propostas culinarias da fin de semana cunha saudable árbore de uvas. A nosa chef Antía xa se puxo en marcha e quedoulle xenial.

E para os amantes do kiwi, o noso cociñeiro Brais tráenos unha espectacular versión con esta froita como ingrediente principal.

lunes, 27 de noviembre de 2023

FOTÓGRAFA

A palabra fotógrafa parece sinxela  pero para os nenos pequenos non é fácil de pronunciar. Descubrímolo na nosa sesión semanal dedicada á prensa. No xornal “La Voz de Galicia” limos unha noticia sobre unha fotografa de Vilagarcía que ten recibido varios premios polo seus traballos. A nova serviunos para, ademais de coñecer o seu labor, falar doutras profesións.

NAVEGANDO POLA NON VIOLENCIA



miércoles, 22 de noviembre de 2023

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


O vindeiro día 25 conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Para celebralo, na escola tivemos unha xornada de contacontos e obradoiros sobre igualdade.




lunes, 13 de noviembre de 2023

ESPANTALLO AMIGO


Co motivo do aniversario do nacemento do escritor Xosé Neira Vilas, a semana pasada estivemos a ler e traballar ao redor do libriño Espantallo amigo. Coñecemos ao Tío Ramón, os merlos e outros persoeiros deste entrañable conto. Como non podía ser doutro xeito, levamos ao protagonista da historia ás nosas propostas culinarias da fin de semana.

A nosa cociñeira Lúa xa se animou a elaboralo e enviounos as fotos da súa espectacular creación.

lunes, 6 de noviembre de 2023

FESTA DO SAMAÍN 2023

Unha carreira solidaria, un contacontos arrepiante, unha obra de teatro para morrer de risa, un túnel do terror, unha exposición de cabazas, un saboroso Magosto, bailes, música, disfraces e unha gran merendola. Na festa do Samaín deste curso tivemos de todo. Ata o sol animouse a saír e acompañarnos. Grazas a todos o que colaboraron e fixeron posible esta tradicional festa.








A BRUXA E A SÚA CASA

 

Nesta ocasión recibimos as fotos dunha terrorífica bruxa cociñada pola nosa chef Antía. Para a elaboración dos pelos empregou un nutritivo plátano. Que medo!

E o noso bruxo Aarón animouse a preparar a casa da bruxa. 


Que bonita lle quedou!

lunes, 30 de octubre de 2023

EXCURSIÓN A CLESA


O xoves pasado realizamos a primeira saída do curso para ir á fabrica Clesa.

 Durante a visita, observamos a maquinaria e explicáronnos como o leite se transforma en iogures e sobremesas.

Realizamos degustacións de algúns dos produtos que elaboran. 

Finalizamos a visita transformándonos en expertos chefs e elaboramos unha receita personalizada a base de iogur grego.




MAGOSTO 2023

Xa temos listos os nosos envases para levar mañá as nutritivas castañas que asaremos coa axuda das familias.

AS CASAS DAS BRUXAS


Nas nosas propostas culinarias da fin de semana continuamos a voltas coas bruxas. Nesta ocasión optamos polas casa destes máxicos personaxes. Os nosos cociñeiros Antía e Brais xa nos enviaron as súas saborosas creacións.



miércoles, 25 de octubre de 2023

LEBRES DE MAR


A noticia publicada no xornal Diario de Arousa sobre as lebres de mar aparecidas na praia de Vilagarcía, serviunos de detonante para coñecer estes animaliños mariños. Tamén aproveitamos a oportunidade para traballar ao redor dos xornais e da prensa dixital.