Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024


Para conmemorar o Día do Libro, a ANPA da escola trouxo unha chea de libros para Zapatocas e uns agasallos para cada neno. Estamos desexando ir á biblioteca para lelos todos. Moitísimas grazas!!

martes, 25 de abril de 2023

TARROS DE CONTOS

Co motivo do Día do libro, a biblioteca encheuse de tarros de contos. Cada botiño agocha unha historia. Paseniño iremos lendo e vendo cada un dos libros aos que fan referencia.

sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Para celebrar un día tan especial, onte a ANPA da nosa escola repartiu entre todo alumnado do centro minilibros de Kalandraka. Son contos de pequeno tamaño pero cun contido e unha forma moi coidada. Ideais para levar de viaxe.

Dende a biblioteca escolar tamén quixemos conmemorar esta data tan especial editando a seguinte guía de lectura en formato dixital. 


lunes, 26 de abril de 2021

ERIK E O CONTO MUY FAMOSO


O noso seguinte protagonista na recreación de portadas é un famoso futbolista. Seguro que todos recoñecedes a Erik nun conto no que aparece practicando o seu deporte favorito. Moitas grazas por participar! Quedouvos xenial!

viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta culinaria. Nesta ocasión queremos renderlle unha pequena homenaxe a Don Quixote elaborando uns divertidos muíños de vento. Unha forma diferente de celebrar o Día do Libro en familia. 

E para ir quentando motores, nada mellor que esta alegre canción de Don Quixote.

Se vos animades, aínda estades a tempo de participar na proposta de recrear portadas. Ademais das colgadas no noso blog, podedes visitar o da aula de Ribadumia B e veredes unha chea de ideas divertidas.

jueves, 22 de abril de 2021

MARTA E O CONTO SOFÍA ALEGRÍA: EXPERTA EN UNICORNIOS

Marta é a primeira nena de Leiro en participar na proposta para conmemorar o Día do Libro. Na recreación da portada converteuse na protagonista do conto Sofía Alegría: experta en unicornios. Disfrazouse coma ela e ata imitou a súa postura á perfección. Moitas grazas!

martes, 20 de abril de 2021

COÑECENDO A DON QUIXOTE

Co gallo do Día do Libro, onte Zapatocas preparounos unha recompilación de libros ao redor da figura de Don Quixote. No transcurso desta semana iremos coñecendo algúns dos personaxes e aventuras da obra máis coñecida de Miguel de Cervantes.



jueves, 15 de abril de 2021

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

O vindeiro día 23 celébrase o Día Internacional do Libro. Para conmemóralo Zapatocas compartiu connosco esta divertida proposta que realizaron noutros coles. Trátase de escoller un conto e, con materiais que teñades na casa e a vosa imaxinación, recrear a súa portada. Cando a teñades lista, mandade por correo electrónico a foto da portada orixinal do conto elixido e a foto coa vosa recreación a escoladeleiro@gmail.com. A modo de exemplo iremos publicando nesta entrada as que estamos a facer as mestras. 






jueves, 2 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos. A data coincide co nacemento do  escritor  Hans Christian Andersen, autor de contos tan populares como “O parruliño feo” ou “O soldadiño de chumbo”. A continuación déixovos un vídeo cunha recompilación deles, seguro que gozades lembrándoos.


Para conmemorar este día tan especial dende casa, propóñovos encher o blog de lecturas. Podedes enviarnos fotos co voso libro favorito e contarnos que o fai tan especial. Mentres que chegan, déixovos a imaxe que nos mandou Lía do libro e a nave espacial tan chuliña que realizou tras a súa lectura.
Estes días de confinamento son ideais para escoitar e soñar cos contos que tedes nos seguintes enlaces:

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Onte, para celebrar o día do libro, a ANPA da escola trouxo unha preciosa caixa de contos para a biblioteca escolar e plantiñas para todos. ¡Moitas grazas por este bonito agasallo!
Dende a biblioteca escolar tamén o conmemoramos editando unha guía de usuarios para dala a coñecer entre a comunidade educativa. Nela inclúese unhas nocións básicas sobre a súa organización con códigos de números e cores.

Este sistema de clasificación se denomina Clasificación Decimal Universal (CDU) e axúdanos a atopar con facilidade os libros que buscamos. Cos meniños fomos lendo e coloreando os códigos. Despois xogamos a atopar as materias nos andeis e, coa axuda da guía, as maiores rapidamente localizaban os libros.

miércoles, 4 de mayo de 2016

A MIN GÚSTAME LER EN…

Entre outras moitas actividades, este ano na escola quixemos celebrar o día do libro facendo unha exposición fotográfica na festa dos Maios baixo o lema: “A min gústame ler en…”. Cada pequeno, coa axuda da súa familia, retratouse lendo no seu lugar favorito. Para todos aqueles que non puideron vela o día da festa, a continuación publicámola en formato dixital, esperamos que vos guste. 

sábado, 30 de abril de 2016

FESTAS DOS MAIOS 2016

O venres foi unha mañá chea de actividades e emocións. Comezamos a xornada traballando duramente na confección dos colares de margaridas necesarios para decorar o Maio. Aínda que realmente o labor xa o empezaran as familias o día anterior baleirando ovos e apañando fiúncho, flores, laranxas e limóns para traelos á escola. Unha vez máis graciñas a todos pola vosa colaboración e xenerosidade, sen ela a elaboración do maio non seria posible.
Despois os cativos confeccionaron coroas de flores coas que acicalarse e aínda tivemos tempo dunha sorpresa moi especial: a visita da científica Luísa do CSIC en Galicia.
Ademais de contarnos un precioso conto co que nos explicou como xurdiu nela a necesidade de investigar e descubrir o porqué das cousas, ensinounos a través dun divertido experimento que a auga salgada pesa máis que a doce. Abraiados co resultado e con ganas de máis chegou o momento de recuperar forzas coa rica merendola que trouxeron as familias. 
Mentres, paseniño o Maio foi collendo xeito ata quedar rematado e a nosa exposición “A min gústame ler en …” tamén. Entón chegaron os músicos e o tempo das cancións e xogos ao seu redor.  A ritmo de gaitas bailamos, cantamos e gozamos dándolle a benvida a primavera.

jueves, 28 de abril de 2016

O DÍA DO LIBRO EN INGLÉS E "CON PILAS NOS BOCATAS"…


O venres continuamos coas nosas actividades para conmemorar o día do libro cunha xornada repleta de propostas. Para quentar motores comezamos a mañá realizando marcapaxinas conmemorativos con ilustracións alusivas á “Lenda de San Xurxo”.

Mentres, no Local Social uns mestres moi especiais chamados PANS andaban a argallar un obradoiro de cociña do máis nutritivo. Cando todo estivo listo pasamos e explicáronnos que PANS é a abreviatura de Profesores da Alimentación e da Nutrición Saudable. 
A través de diferentes xogos foron ensinándonos as avantaxes de comer peixes e outras especies mariñas.
E como na escola non temos onde gardar estes produtos sen que se estraguen, mostráronnos como preparar un espectacular bocadillo con conservas: Atún, mexillóns, sardiñas, chocos … enriquecidas con leituga, tomate, cenoria … Cada cativo puido elixir os seus ingredientes favoritos ata poñerlle as pilas o seu bocata.
Despois de repoñer forzas con esta saudable merenda, continuamos co noso programa mergullándonos na lingua inglesa coa actuación KID´S & US. Con elas celebramos o aniversario da raíña de Inglaterra e practicamos diverso  vocabulario na lingua da súa maxestade.

Non podíamos rematar un día tan sinalado sen facer mención a “Don Quijote de la Mancha” no 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes. Da man de “Las Tres Mellizas viaxamos no tempo e visitando este enlace vimos a aventura dos muíños

martes, 26 de abril de 2016

IMOS A UN CONCIERTO DE MAMÁ CABRA

Como xa vos comentamos na entrada anterior, co gallo do día do libro foron moitas as actividades que se desenvolveron no centro a semana pasada. Unha moi especial foi a saída a Pontevedra a ver o concerto-teatro “15 primaveras” patrocinado por Afundación. Nel o grupo musical Mamá Cabra fixo un percorrido pola súa historia e as súas mellores cancións para celebrar o seu quince aniversario.


Pero sen lugar a dúbidas a favorita dos rapaces foi a que traballaron coa mestra Olalla e que os deixamos a continuación.

Despois de repoñer forzas cos bocadillos, continuamos coa segunda parte da nosa excursión, a visita o Café Moderno e o obradoiro “Arquitecturas emocionais”. A través da súa mascota, Modernio, explicaron aos cativos como rehabilitaron o edificio, xogaron a identificar coas mans os materiais empregados e expresaron as emocións que os diferentes espazos producían. Ata fixeron de arquitectos por un día e deseñaron a súa propia habitación.

viernes, 22 de abril de 2016

UNHA FLOR, LIBROS E MOITO MÁIS…

Achegase o Día Mundial do Libro e para celebralo son moitas e variadas as actividades que desenvolvemos esta semana no centro.

O mércores a profe Montse preparou para nós unha espectacular sorpresa na biblioteca. Coa axuda do mestre Jose foi enchendo unha gran tarteira cuns ingredientes moi especiais: ilusión, fantasía, imaxinación … 
Paseniño foi cociñando contos para que puideramos degustar a historia do “Gato Lambón” e coñecer, a través de monicreques, a fermosa lenda de San Xurxo. Música, cancións, risas e, para rematar, un petisco de nubes colmadas de soños.

Pero as sorpresas comezaron antes do contacontos. Dúas mamás da ANPA chegaron cargadas de plantas para todos e unha caixa de contos para a biblioteca escolar. Deste xeito fixeron participes a toda comunidad escolar da fermosa tradición de celebrar o Día do libro regalando unha flor e un libro. ¡Graciñas pola vosa xenerosidade!