Mostrando entradas con la etiqueta Miliki. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miliki. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de diciembre de 2012

¡ATA SEMPRE MILIKI!


Este era o tema central do noso festival de Nadal deste ano. Queríamos renderlle unha pequena homenaxe a este gran pallaso. Durante semanas estivemos preparando a nosa actuación, pero tamén coñecendo moitas das súas cancións. Hoxe, xunto aos compañeiros doutras escolas, gozamos dun autentico repertorio das máis coñecidas. Pero antes das representacións, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro fixemos unhas tarxetas de felicitacións na aula, despois na biblioteca limos o conto “La primera navidad de los animales” que nos encanta, vimos a película “La navidad de Caillou”, xogamos á roda e a “Guante, guante”, e para rematar, decoramos unha careta de pallaso. Case sen darnos conta chegou a hora de merendar … biscoitos, turróns, rosquillas … ¡que ben cociñan as familias de todas as escolas!... Coa barriguiña chea volvemos á aula para disfrazarnos. Fomos os primeiros en actuar como auténticos profesionais, despois o resto das escolas nos fixeron cantar, rir e gozar cunhas simpáticas representacións. Para rematar, a visita do Apalpador, que a cambio das nosas cartas, deunos unha ricas bólas de chocolate. E non podíamos despedirnos do ano sen cantar todos xuntos a panxoliña que prepararamos co mestre Felipe.
¡Bo Nadal e felices vacacións!






viernes, 14 de diciembre de 2012

PREPARANDO A FESTA DO NADAL

Seleccionar unha canción, inventar unha coreografía, buscar un papel para todos e cada un que se adapte aos nosos gustos e posibilidades, ensaiar, axudar aos máis pequenos a que non perdan o ritmo, preparar os disfraces, cortar, probar … ¡canto traballiño extra!... pero ¡que ben o pasamos!. Para a nosa pequena homenaxe a Miliki estamos preparando "La gallina Turuleca". A maioría das veces as cousas non nos saen como nos gustaría pero o imporante é que todos participamos, colaboramos e aprendemos o valor do traballo en equipo.

jueves, 6 de diciembre de 2012

LEMBRANDO A MILIKI…

La gallina turuleca”, “Cómo me pica la nariz”, “Hola, don Pepito”, “Mi barba tiene tres pelos”, El auto de papá… Estas e outras cancións marcaron a infancia de moitos de nós. O pasado mes de novembro Miliki faleceu. Dende a nosa escola queremos renderlle unha pequena homenaxe a este gran pallaso e artista. Consideramos que o mellor xeito de facelo é conseguir que os nosos alumnos tamén coñezan e gocen coa súa música. A nosa festa de Nadal estará dedicada a el. ¡Benvidos ao circo da tele!.