lunes, 29 de abril de 2024

O MENÚ SAUDABLE

O venres levamos para casa un divertido prato para axudar a distribuír as porcións de  alimentos de xeito saudable. A metade do prato está dedicada a froitas e verduras, un cuarto a proteínas como pescados ou carnes brancas, e o cuarto restante, a grans integrais entre os que están a pasta ou o pan.

viernes, 26 de abril de 2024

ANIVERSARIO DE ANA E NOA

Que maiores! Xa son tantas as velas que non collen nunha torta. Necesitamos dúas e facer unha suma para chegar a seis. Parabéns!

miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024


Para conmemorar o Día do Libro, a ANPA da escola trouxo unha chea de libros para Zapatocas e uns agasallos para cada neno. Estamos desexando ir á biblioteca para lelos todos. Moitísimas grazas!!

lunes, 22 de abril de 2024

IMOS AO TEATRO

A semana pasada fomos ao Auditorio de Abanca a ver a obra de monicreques Pingüín. Unha tenra e divertida historia sobre os cambios familiares tras o nacemento dun novo membro.

Ao rematar, aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para brincar e xogar nun dos parques da vila.




O MONTE, FONTE DE RECURSOS


Grazas a mamá de Noel e á Escola de Enxeñaría Forestal Universidade de Vigo, puidemos coñecer o traballo desenvolvido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña.

Vimos como utilizan parcelas do monte para cultivar froitos do bosque e cogomelos, pero tamén para a produción de mel e a cría de cabalos e ovellas. Ademais aprendemos como plantar e a importancia que teñen as árbores nos ecosistemas.



Tras recuperar forzas cuns saborosos bocatas, volvemos para casa cunha chea de agasallos. Grazas Xana!