A semana pasada xa rematamos de ler todos os
contiños dos Irmáns Grimm que tíñamos na nosa bolsiña de lecturas. Como non nos
dera tempo de substituílos por outros, decidimos mirar no recuncho que temos
montado na biblioteca dedicado a estes
autores. Comprobamos que, ademais de libros, hai un montón de DVDs con títulos
que descoñecíamos: “Los tres pelos de oro del diablo”, “La bola de cristal”, “La doncella de los
gansos”, “Los dos hermanos”… e outros moitos que coñecíamos a súa versión
impresa pero non a película: “El satrecillo valiente”, “Los músicos de Bremen”…
Sen dubidalo comezamos a escoller cal visionar primeiro. As que vimos ata agora
gustáronnos tanto que optamos por dedicar durante uns días a hora de ler ás
películas dos Irmáns Grimm.
Mostrando entradas con la etiqueta Irmáns Grimm. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Irmáns Grimm. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de mayo de 2015
lunes, 18 de mayo de 2015
A CASIÑA DE CHOCOLATE
Agora que o noso amigo Félix volveu a Alemaña, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levar ao noso obradoiro de
cociña un dos contos máis famosos dos Irmáns Grimm. Aínda que non calculamos
ben a cantidade de crema de cacao que necesitabamos e quedaron un pouquiño
escasas, o venres non deixamos nin unha casiña de chocolate sen comer.
miércoles, 6 de mayo de 2015
MERGULLÁNDONOS EN ALEMAÑA
Pouquiño a pouco, coa
colaboración das familias, o noso
recuncho do país xermano vai collendo xeito. Hoxe, para quentar motores, ondeamos
e levamos para casa a bandeira que fixeramos a semana pasada.
Na hora de ler, onte
xa rematamos as lecturas dedicadas aos canguros, e está mañá a nosa bolsiña veu
cargada de contos dos Irmáns Grimm. Estes escritores nacidos en Alemaña, percorreron
o país recollendo contos e lendas que logo recompilaron nos chamados contos de
fadas.
sábado, 13 de abril de 2013
OS IRMÁNS GRIMM MARCHAN PARA SISÁN
O luns pasado foi o
último día que pasamos con eles. Pero antes de que a súa maleta siga
percorrendo o resto das escolas, na hora do empréstito, os nenos que quixeron,
puideron optar por levar para casa o seu conto dos Irmáns Grimm favorito.
Para
os que desexen comprobar canto aprenderon neste trimestre sobre os libros que
temos na nosa biblioteca destes autores, aquí lles deixamos o seguinte LIM,
soamente tedes que clicar na frecha branca ou no cadradiño de pantalla completa e… ¡a xogar!martes, 2 de abril de 2013
FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Hoxe, co fin de promover a lectura entre
os máis pequenos e salientar a súa importancia no seu desenvolvemento, conmemórase
o Día Internacional
do Libro Infantil. Na nosa escola celebrámolo cunha pequena guía de
lecturas dedicada aos Irmáns Grimm. Despois de todo un trimestre téndoos coma
protagonistas na nosa “hora
de ler”, non queríamos deixar pasar esta oportunidade de recompilar aqueles
libros que, por espertar a nosa imaxinación, por axudarnos a coñecer
Alemaña, por ensinarnos a cociñar
unha casiña de chocolate, poñer a proba o
noso enxeño … foron importantes para
nós neste denominado “Ano
Grimm”.
domingo, 17 de marzo de 2013
UNHA CASIÑA DE CHOCOLATE
Iso
foi o que cociñamos o venres no noso obradoiro de cociña. Despois de tantos
días a voltas cos contos dos Irmáns Grimm, non podíamos deixar pasar a
oportunidade de crear o atractivo principal da historia de “Hansel e Gretel”. Paredes de pan de molde con crema de cacao,
porta de galleta con chocolate branco e ventás de obleas de coco e vainilla…
O
éxito da receita estaba asegurado. Primeiro transformamos en triángulo unha das
rebandas pan. Xuntámola coa outra e démoslle
forma de casiña. Con coidadiño para non romper o pan, fomos untando a crema. A mañá
estaba fría, moi fría, pero a primeira hora puxemos a crema de cacao xunto ao
radiador para que abrandara e poder estendela con facilidade. Colocamos as galletas
para a porta e as fiestras.
Un lacasito
para o faiado e, co resto do pan, construímos
a cheminea. Despois cada quen empezou comendo o que máis lle gustaba: a porta,
o tellado, as ventás… O mellor era que podíamos probar o que quixeramos porque
na nosa casiña non había bruxa.sábado, 16 de marzo de 2013
ADIVINA DE QUE CUENTO SOY
Este
é o título do libro onde atopamos a adiviña que eliximos para o mes de outubro.
Por agora seguimos coas relacionadas cos contos dos Irmáns Grimm. Esta obra
ofrécenos a oportunidade de poñer a proba o que sabemos dos personaxes dos
relatos clásicos a través de adiviñanzas, con pistas claras para que todos as
poidamos acertar. Seguro que xa sabedes a solución … ¿Quen se anima a enviar un novo
comentario coa resposta ao mes de outubro?.jueves, 7 de marzo de 2013
ADIVIÑAS PARA TODO O ANO
O
noso calendario escolar do vindeiro curso xa está en proceso de elaboración. Este
ano ímolo dedicar ás adiviñas. Como andamos a voltas cos Irmáns Grimm,
comezamos co libro “El país de las adivinanzas”. Nel
hai que descubrir obxectos ou personaxes relacionados cos contos
clásicos.
Para agochar a resposta, colocamos unha portiña… Nas vindeiras
semanas iremos completando o noso particular almanaque do curso 2013 / 2014. Con
cada mes traballaremos un libro de adiviñas e animámosvos a resolver a que
elixamos. Para empezar… ¿quen nos envía un comentario coa solución á do mes de
setembro?...miércoles, 27 de febrero de 2013
A FAMILIA DOS IRMÁNS GRIMM
Na
revista dominical que acompañaba ao xornal “La Voz de Galicia” do 17 de febreiro,
viña unha reportaxe sobre os Irmáns Grimm. Nela limos algunhas curiosidades da
súa vida e que sempre quixeron estar xuntos. Pero o que máis nos gustou foi coñecer
á súa familia. Nunha ilustración aparece un retrato con todos, incluso unha das
avoas que lle contaba as historias que eles posteriormente escribirían.jueves, 21 de febrero de 2013
A PORTA DE BRANDEBURGO
Este
é un dos monumentos
que podemos visitar se viaxamos a Berlín. Vímolo no libro “Mi
viaje a Berlín” que temos na maleta
dos Irmáns Grimm para “a hora de ler”.
Ademais de coñecer os seus contos e
a súa biografía, queremos aprender cousas do país onde naceron. Nesta guía de viaxe para nenos, podedes atopar
museos curiosos, paseos divertidos, xogos, pasatempos e receitas. Nas vindeiras
semanas continuaremos véndoa e coñecendo diversos aspectos da cidade onde tamén vive Sofía, a amiga
inseparable do noso amigo Félix.sábado, 26 de enero de 2013
A PITA CEGA
Esta
semana, mentres líamos o conto “O
lobo e os sete cabritiños” da maleta
dos irmáns Grimm, vimos nunha ilustración na que as sete cabuxas xogaban á
pita cega. Moitos dos nenos non sabían de que se trataba e onte decidimos
aprender. Iso de recoñecer a un amiguiño
empregando soamente o sentido do tacto é complicado e ninguén acertou. 
Nos vindeiros
días seguiremos xogando para pouco a pouco ir descubrindo que son moitos os datos
que podemos obter coas nosas mans: se leva o pelo longo ou curto, se ten pinzas
ou un lazo, se os botóns do seu mandilón son grandes ou pequenos, se ten
pendentes ou colar… Se esta fin de semana tamén queredes probar a xogar en
familia, no seguinte enlace http://www.youtube.com/watch?v=bnRJ_f-2n7A
tedes un vídeo coa canción e as normas, non é exactamente como o facemos na
aula pero é divertido.sábado, 19 de enero de 2013
NA HORA DE LER, OS IRMÁNS GRIMM
Este
ano, Alemaña celebrará o seu denominado “Ano Grimm“
para conmemorar o bicentenario da primeira edición dos contos destes
irmáns. Na nosa escola tamén queremos unirnos a esta conmemoración con diversas propostas.
Comezamos a semana pasada cociñando unha torta de aniversario.
Continuamos cunha maleta cargada cos seus libros
para a hora de ler. Son tantos que o encargado de escoller cada día non sabe
por cal decatarse. Tamén contén películas baseadas nas súas historias que,
pouco a pouco, iremos vendo nos moitos recreos chuviosos que estamos tendo este
mes. ¡Benvidos ao ano Grimm!sábado, 12 de enero de 2013
OS CONTOS DOS IRMÁNS GRIMM ESTÁN DE ANIVERSARIO
O
pasado 20 de decembro cumpríronse 200
anos da primeira edición dos contos recompilados por Jacob e Wilhelm Grimm: Brancaneves, Cincenta, A casiña
de chocolate, Polgarciño, Carapuchiña Vermella… 
E como en clase nos encanta
celebrar aniversarios, decidimos unirnos á conmemoración engadindo as candeas
correspondentes á torta de nata con froitos secos que cociñamos o venres. 
A
receita era ben sinxela, pero abrir os paquetes dos sobaos non sempre resulta
doado.
Tampouco o foi quitarlle o envoltorio pero, o máis complicado era
conseguir que algúns dos pequenos non comeran os ingredientes antes de elaborar
a torta…Co xeito fomos colocando os sobaos, cubríndoos con nata e
engadindo os froitos secos sen casca. 
Por último o máis divertido, cantarlle aos contos dos Irmáns Grimm, soprar as candeas e comer a torta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














