Esta semana comezamos a traballar ao redor dos xornais e a prensa dixital. Comprobamos que a maioría dos nenos non está familiarizado con este tipo de soporte impreso. Consideran que os periódicos úsanse para non manchar a mesa cando se pinta ou para envolver obxectos. Poucos coñecían a súa función informativa. Por este motivo, se na casa ledes a prensa escrita e vos apetece, os nenos poden traer o periódico á escola. Será un xeito motivador para que todos vaian coñecendo a importancia deste medio de comunicación e cada día ver o que acontece no mundo.
Mentres iso sucede, a nova aparecida na versión dixital do Faro de Vigo sobre o tiburón martelo, serviunos para coñecer
algunhas curiosidades deste animal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario