Continuamos o noso traballo ao redor dos nomes do
alumnado da aula. Nesta ocasión centramos a atención na inicial de cada un. Se
vos apetece podedes facer a mesma actividade na casa cos nomes da familia.
martes, 22 de noviembre de 2022
NOMES QUE EMPEZAN POR…
sábado, 1 de octubre de 2022
NOMES QUE TEÑEN…
Na aula seguimos traballando ao redor do nome propio. Nesta ocasión había que atopar os nomes dos nenos da clase que teñen determina letra. Pero no listado Noa non puido poñer o tercer nome que ten L porque faltaba o espazo para el. A ver quen lembra que nome de clase ten L ademais de Lúa e Noel. Podedes enviar un comentario coa resposta.
Sen lugar a dúbidas o que máis gustou da actividade foi emprear os rotuladores fluorescentes novos.
jueves, 29 de septiembre de 2022
O NOME DE NOEL
Noel xa lle ten atopado o lugar ideal ao seu nome na casiña. El optou polo
salón, o espazo que máis usa. Quedoulle perfecto no andel! A ver se alguén máis se anima a enviarnos o sitio
escollido.
sábado, 24 de septiembre de 2022
O NOME PROPIO
Coma todos os anos, o nome propio é o primeiro texto ao redor do que comezamos a traballar na aula. Para o alumnado de infantil é un texto sinxelo, curto e cheo de contido. En clase estamos vendo como se escribe o de cada neno, contando cantas letras teñen e outras actividades a través dun pequeno proxecto que desenvolveremos nas vindeiras semanas.
Se vos apetece, na casa tamén
podedes facer as mesmas propostas pero cos nomes da familia. E non esquezades
colocar nun lugar visible o cartel que levaron os nenos para casa co seu nome escrito.Se vos animades podedes enviarnos unha foto do lugar escollido a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos
as imaxes. Seguro que aos cativos lles gusta velas.
miércoles, 29 de septiembre de 2021
O NOME DE NOEL
Xa temos o lugar elixido por Noel para colocar o seu nome. Xusto ao lado dos contos que ten no salón e que escolle para contar á noite. Un lugar perfecto para identificar as letras no cartel e nalgúns dos seus contiños.
Tamén nos enviou unha foto coas castañas asadas que apañamos na escola. Di que estaban que estaban moi boas. Moitas grazas Noel por compartir connosco tan bonitos momentos.
domingo, 26 de septiembre de 2021
O CASTIÑEIRO DA ESCOLA
Unha escola rural coma a nosa ofrece a posibilidade de
gozar constantemente da natureza e os seus recursos. Coa chegada do outono, o castiñeiro
do xardín desprende os seus froitos que cada día recollemos con coidadiño. O venres
fixemos o reparto da colleita. Previamente realizamos cucuruchos de papel
reciclando folios vellos que cada neno decorou e personificou co seu nome. E por
último chegou o momento de contar e gardas as castañas. Xa nos contaredes se
estaban ricas.
jueves, 23 de septiembre de 2021
O NOME DE NOA
Noa Lede
xa nos enviou a foto co lugar escollido para colocar o seu nome. Ela optou pola
súa habitación, xusto enriba do seu escritorio. Un lugar perfecto para
practicar se hai algunha letra que lle fai rabiar .
Tamén nos enviou esta foto dun divertido boneco que fixo coa súa mamá. Mirade que chuliño lle quedou reciclando un tubo de papel hixiénico e empregando elementos da natureza. Un bonito modo de darlle a benvida ao outono. Grazas Noa por compartir connosco as túas imaxes.
martes, 21 de septiembre de 2021
COS NOMES PARA CASA
Hoxe, como cada principio de curso, os nenos levaron para casa un pequeno cartel co seu nome para colocar nun lugar visible. Cada ano o nome ten unha complexidade engadida para avanzar no coñecemento da lingua escrita, polo que debe de substituír ao anterior. Podedes colocalo na habitación, na porta do armario, na cociña, no baúl dos xoguetes … pero sempre ao alcance dos cativos. Se vos animades podedes enviarnos unha foto do sitio escollido por eles a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes no noso blog, seguro que aos cativos lle gusta velas.
domingo, 29 de noviembre de 2020
O NOSO NOME NA LINGUA DE SIGNOS
Grazas á mestra Malú, estamos aprendendo o abecedario e algunhas palabras na lingua de signos española (LSE). Hoxe vos deixamos este vídeo co alfabeto e unha proposta. Trátase de que animades aos nenos a deletrear o seu nome empregando esta lingua coma facemos na escola. Neste enlace tedes un exemplo de como o fan os alumnos do CEIP Tierra de Pinares. Se vos animades a enviarnos un vídeo facéndoo, publicarémolo. Pode participar toda a familia, será divertido tentar adiviñar como se chaman.
viernes, 18 de septiembre de 2020
COS NOMES PARA CASA
Axudade ao voso fillo a colocalo nun lugar visible (na porta da habitación ou armario, na neveira da cociña, no seu escritorio …) para que dispoña dun modelo para reproducilo e poder avanzar na aprendizaxe da linguaxe escrita. Se vos animades, enviarnos unha foto do sitio escollido a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes no noso blog, seguro que aos cativos lle gusta velas.
martes, 15 de septiembre de 2020
AS NOSAS NOVAS AMIGAS
Co inicio
de curso, tamén chegan os nomes das novas compañeiras. Estes días estámolos a
empregar para traballar o trazo das letras minúsculas á vez que os meniños
avanzan no coñecemento da lingua escrita.





































