lunes, 19 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024


Este ano os piratas invadiron o noso festival de Carnaval. Grazas ao gran esforzo realizado pola ANPA do colexio, puidemos realizar unhas simpáticas fotografías nos espectaculares photocalls  que prepararon.

Ademais argallaron unha busca do tesouro chea de probas divertidas.


Tras superalas conseguimos o mapa do tesouro, puidemos atopalo e levar a recompensa para casa.

Tamén contamos coa actuación do Mago Paco que veu cargado de contos cheos de imaxinación.


Chegado o momento da merenda, recuperamos forzas con orellas, filloas, rosquillas e outros doces típicos destas datas elaborados con moito agarimo polas familias.

Rematamos a xornada cun desfile e a actuación de todas as escolas baixo a dirección da mestra Olalla de música. 


Moitas grazas a todos o que fixeron posible tan estupenda festa e en especial á ANPA do centro.

TEMPO DE ENTROIDO