Mostrando entradas con la etiqueta Andainas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andainas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de noviembre de 2021

ANDAINAS

 

Co obxectivo de fomentar a actividade física e evitar o sedentario, un curso máis comezamos coas nosas andainas diarias ao redor da escola. Por outra banda, este adestramento serviranos para facer a final de curso o pequeno tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.

Ademais, ao estar a nosa escola inmersa na natureza, en cada camiñada atopamos pequenos descubrimentos cheos de posibilidades: un formigueiro, unha bolboreta, os buratos da toupeiras …

miércoles, 28 de abril de 2021

ÁRBORES FROITEIRAS

 

Cada día que camiñamos aproveitamos a andaina para descubrir ou gozar das sorpresas que a natureza nos ofrece. Esta semana dedicámola a observar os cambios que a primavera realizou nas árbores froiteiras da horta da escola. Paseniño imos lembrando os nomes que aprendemos coa mestra Ana na aula de natureza e vendo como se van formando os froitos a partir das flores.

viernes, 16 de abril de 2021

TESOUROS NAS ANDAINAS

 

Coa chegada do bo tempo recuperamos as nosas andainas diarias na contorna da escola. Ademais de adestrarnos, por se a final de curso podemos facer un anaquiño do Camiño de Santiago coma outros anos, cada día atopamos pequenos tesouros.

Onte descubrimos unha chea das herbas que a mestra chama “coxeguiñas”. Estivemos apañando nelas para facer un ramo de flores secas que hoxe adornamos reciclando recortes de plástico. Coa axuda da mestra Ana investigamos e soubemos que se trata da briza, unha herba que ten ademais outros nomes tan fermosos coma “tremedeira”.


miércoles, 18 de septiembre de 2019

COMEZAMOS COAS ANDAINAS

Un ano máis, imos a sumarnos á idea das escolas da milla coa nosa propia versión adaptada as idades dos nosos alumnos. Co obxectivo de evitar o sedentarismo, cada día sairemos a camiñar pola contorna escolar ata sistematizar un quilómetro diario. Deste xeito, ademais de evitar a tan prexudicial obesidade infantil, serviranos de adestramento para a final de curso facer o anaquiño do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.

domingo, 23 de septiembre de 2018

COMEZAMOS COAS ANDAINAS

Un ano máis, co obxectivo de combater o sedentarismo entre os máis pequenos e potenciar as actividades ao aire libre, cada día imos camiñar ao redor da escola. Deste xeito, ademais de adquirir hábitos saudables, unímonos ao reto das escolas da milla, desenvolvemos unha maior resistencia e aprendemos a desprazarnos en orde cando imos en grupo.

jueves, 28 de junio de 2018

FACENDO O CAMIÑO…

Despois de todo un curso camiñando para estar en forma, o luns da semana pasada por fin chegou o gran día e emprendemos andaina dende Ponte de Cabanelas. Paseniño fomos percorrendo a ruta, observando a fauna e a flora, saudando aos peregrinos, identificando sons e, sobre todo, gozando da natureza. Na paria fluvial paramos a descansar, pintar e xogar, merendamos, recuperamos folgos e continuamos ata Pontearnelas. Grazas a todos os que colaboraron para poder levar a cabo esta actividade, en especial ás familias e as mestras María, Ana, Anabel e Olalla de educación física.














martes, 17 de octubre de 2017

AS ESCOLAS DA MILLA


O sedentarismo converteuse nunha ameaza para os meniños que pasan máis horas sentados fronte á televisión e o ordenador que xogando ou realizando actividades ao aire libre. Para combatelo, o programa escolar “Las escuelas de la milla anima a todos os colexios a axudar aos nenos a percorrer unha milla diaria cos seus compañeiros de clase. Ao igual que o curso pasado, na nosa escola decidimos participar adaptando o reto ás idades dos nosos alumnos. Se a climatoloxía o permite, cada día camiñaremos ao redor do centro ata acadar o quilómetro diario. Deste xeito, ademais de adquirir hábitos saudables e outros beneficios, estaremos en forma se a final de curso decidimos volver a facer un anaquiño do Camiño de Santiago como o ano pasado.
Comezamos hoxe facendo un percorrido pequeniño pero traballando aspectos importantes como saber ir en fila, seguir o camiño marcado, no empuxar, adaptar o ritmo da marcha aos máis pequenos, esperar polos demais …