Mostrando entradas con la etiqueta Buxaina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buxaina. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2011

AS BUXAINAS MARCHARON PARA CASA

Esta semana as buxainas volven a bailar nos fogares dos cativos. O venres xa levamos todas para casa, por agora o traballo na escola con elas rematou. Houbo quen aprendeu a lanzalo, algúns a enrolar a “piola” arredor do peón, outros os nomes das súas partes, pero todos descubrimos o divertido que é velo bailar. Así que xa sabedes, ¡a practicar cos cativos!.
Se queredes ver un simpático vídeo de cómo o profe Rafa intentaba axudarnos a coller coa man a buxaina mentres bailaba, visitade o blogue de psicomotricidade do cole ou picade aquí.

domingo, 27 de noviembre de 2011

AS NOSAS BUXAINAS


Galácticas
 
Algodonosas

Esteladas
¡Que bonito está o mural que se montou coas buxainas de todos os cativos!. Hainas para todos os gustos…

Preparadas para o Nadal



Coloridas







E moitas máis que non son capaz de colgar...

Nas clases de informática, ademais de traballar as partes do peón, os pequenos tamén deixaron aflorar a súa faceta artística. Se queredes ver todas as fotos, podedes visitar a galería de imaxes da web do cole ou acceder directamente picando aquí.
 

sábado, 12 de noviembre de 2011

SEMANA DA BUXAINA NA ESCOLA

O luns hai que lembrarse de traer decorada a buxaina que levamos o venres para casa. Pero sobre todo, non vos podedes esquecer de xogar moito en familia con ela esta fin de semana. Para o peón en formato papel, podedes empregar calquera cousa que teñades na casa: teas, botóns, lá, adhesivos, pastas, caramelos... será divertido crear un mural con todos. Para os que busquen inspiración aquí vos deixo unha páxina cunha pequena mostra de buxainas de diferentes países. Na columna da esquerda deste enlace http://www.baldufa.com/portalinicio.htm, tamén tedes unha interesante recompilación se picades en “países y peonzas”.Como nota curiosa sinalar este “trompo alimenticio” para promover hábitos nutritivos saudables. Picade na imaxe se queredes máis información.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

POR SAN MARTIÑO, BUXAINAS AO CAMIÑO

¡Que doado parece cando a baila o profe Rafa e que difícil cando a lanzamos nós!. Intentámolo coa súa axuda, agarrándonos el o brazo, dicíndonos como debíamos colocarnos… pero ¡que complicado!... o que máis nos gusta é cando a colle coa man sen que deixe de bailar, pona na nosa e a buxaina continua bailando… Xa sabedes, o venres é o día do peón, a ver se entre todos conseguimos aprender e, sobre todo, evitar que desaparezan estes xogos que tanto nos poden facer desfrutar en familia. Así que papá, avó, mamá… practicades con nós e veredes canto rimos.