miércoles, 26 de octubre de 2022

A CATRINA DE LÚA

 

Que espectacular e chea e cor a catrina que elaborou a nosa cociñeira Lúa! Unha proposta do máis nutritiva e saudable.

martes, 25 de octubre de 2022

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

Hoxe coa axuda da mestra Ana realizamos unhas divertidas arañas reciclando tubos de papel hixiénico. Mañá xogaremos con elas e colocarémolas nunha arañeira xigante que nos trouxo Noa para decorar a clase.

lunes, 24 de octubre de 2022

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

 

Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas co fin de concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o labor dos bibliotecarios. Para conmemoralo, dende a biblioteca escolar editouse a seguinte guía de lectura onde os dinosauros son os protagonistas.


domingo, 23 de octubre de 2022

AS CATRINAS DE AARÓN E BRAIS

 

Esta fin de semana foron as catrinas as que chegaron ás propostas culinarias. Os nosos chefs de Leiro prepararon dúas versión diferentes e ambas espectaculares.

O noso cociñeiro Aarón optou por darlle cor empregando kiwi e amosándose do máis creativo.



O noso cociñeiro Brais contou coa inestimable axuda da súa irmá Lía e fixeron cadansúa xenial creación con plátano.



viernes, 21 de octubre de 2022

PREPARANDO O MAGOSTO

Con cartóns de leite baleiros, folios que non servían e uns debuxos de castañas, mirade que recipientes realizamos para gardar as castañas do magosto.


HORA DE LER

Cada día despois do recreo chega uns dos momentos máis máxicos da xornada. O encargado do día escolle que libro prefire ler entre os seleccionados por Zapatocas. A mascota da biblioteca cada semana nos prepara unha bolsiña chea de contos. Como nos gustan!

O DINOSAURO DE NOEL

O noso cociñeiro Noel xa nos mandou as fotos do seu saboroso dinosauro. Mirade que ben lle saíu.

miércoles, 19 de octubre de 2022

OS ESQUELETOS CHEGAN Á BIBLIOTECA


Zapatoca tamén quere mergullarse de cheo no mundo dos esqueletos e preparou un recuncho cheo de libros desta temática. O luns limos o seguinte conto que ten un esqueleto especial coma protagonista, pero tamén fala de emocións e cadros famosos.

AS PIZZAS ESQUELETOS DE ANA, LÚA E NOA

 

Os esqueletos tamén chegaron as casas de Ana, Lúa e Noa. As nosas cociñeiras elaboraron as deliciosas pizzas que vedes nas imaxes. Que ricas!!



lunes, 17 de octubre de 2022

REIS E RAÍÑAS DO MES DE SETEMBRO

Co obxectivo de potenciar o consumo de froita entre os meniños, este ano volvemos a poñer en marcha os álbums comefroitas. Cada día que os nenos  traian unha froita para merendar e a coman, gañarán un selo. Os que no transcurso do mes coman sete pezas, obterán unha coroa e serán nomeados reis ou raíñas da froita dese período de tempo. Mirade cantos reis e raíñas tivemos no mes de setembro.

AS PIZZAS ESQUELETO DE ANTÍA E NOEL

O vindeiro 28 de outubro celebramos a festa do Samaín na que os esqueletos serán os protagonistas. Para ir quentando motores, esta fin de semana propuxemos elaborar pizzas con esta temática.

Os nosos cociñeiros Antía e Noel xa se puxeron marcha e mirade que estupendas lle quedaron.


sábado, 15 de octubre de 2022

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

 

O xoves pasado fomos ao Museo de Pontevedra a coñecer a Trea, unha boneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida fai millóns de anos.

Da súa man, e empregando réplicas arqueolóxicas, descubrimos algúns dos materiais significativos que se exhiben no Museo e por que son tan importantes.

Incluso puidemos non soamente tocar, senón tamén probar, os torques de ouro.


Despois recuperamos forzas coa merenda.

Ao rematar camiñamos ata o Café Moderno para visitar unha exposición sobre a arte Pop.

Alí descubrimos unha obra da artista Yayoi kusama que coñecemos o curso pasado. 

Acabamos a xornada decorando cabazas imitando o seu particular estilo a base de puntos.

O ESTEGOSAURO DE LÚA

 

A nosa cociñeira Lúa elaborou un espectacular estegosauro  empregando uvas en lugar de fresas para as placas do lombo. Quedoulle xenial co seu nome incluído!

martes, 11 de octubre de 2022

ADOPTAR UN DINOSAURIO

 

A semana pasada Zapatocas tíñanos preparado este simpático conto para ler na biblioteca. 


Ademais de  divertirnos do lindo con el, serviunos de escusa para traballar ao redor dos días da semana.

FELICIDADES AARÓN!


Este domingo Aarón cumpriu 4 anos. Xa é todo un chico maior! Parabéns!!


lunes, 10 de octubre de 2022

O ESTEGOSAURO DE ANTÍA

A nosa cociñeira Antía xa nos enviou o estegosauro que elaborou a fin de semana. Quedoulle espectacular!

DINOSAUROS DE PLASTILINA

 

Noa e Ana levaron a proposta culinaria ás artes plásticas. Realizaron dous dinosauros espectaculares con plastilina de cores. Mirade nas imaxes do proceso que chuliños lle quedaron. Están feitas unhas artistas!