Onte, para conmemorar o Dia Escolar da Non Violencia e a
Paz, Zapatocas propúxonos unha actividade baseada no mural “Construír”
de Lidia Cao. Ao igual que as mulleres representadas na obra da artista, entre
todos creamos unha construción que representa a paz. Cada alumno colocou con
coidadiño unha peza co seu nome e a palabra que considera pode contribuír á non
violencia. A paz, coma a nosa construción, precisa do esforzo de todos para
conseguir o equilibrio.
miércoles, 31 de enero de 2024
DÍA DA PAZ
lunes, 30 de enero de 2023
sábado, 28 de enero de 2023
PEDRAS PARA A PAZ
O vindeiro luns, celébrase o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano imos unirnos á conmemoración
cunhas pedriñas moi especiais que andamos a decorar coa axuda da mestra Olalla
e Ana.
Cada pedra, “soporte das primeiras manifestacións
artísticas da humanidade”, leva escrito
unha mensaxe de paz. Con todas as do alumnado da escola, baseándonos na idea do
Proxecto Pegada,
realizaremos unha composición.
lunes, 14 de marzo de 2022
BICOS PARA A PAZ
Alá polo
mes de xaneiro, a partir do contiño De que cor é un bico?, comezamos a traballar
ao redor dos bicos. Cada meniño escolleu unha cor coa que representar os seus. Con
todos eles creamos un mural cos nosos desexos de paz.
sábado, 30 de enero de 2021
AS NOSAS MASCOTAS E A PAZ
Hoxe conmemorase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este curso imos dedicalo a todos eses animais que nos axudan pero dun xeito moi especial, ofrecéndonos a súa compañía. Son as nosas mascotas. Os meniños crean un vínculo moi especial con elas e proba disto son as fermosas fotos que están chegando ao correo. Nos vindeiros días iremos coñecendo máis detidamente a cada unha delas.
viernes, 29 de enero de 2021
FELIZ DÍA DA PAZ!
Mañá día 30 de xaneiro, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Propoñemos celebralo en familia cunha saborosa e sinxeliña torta de chocolate. A continuación vos deixamos un vídeo cunha receita doada.
martes, 29 de enero de 2019
BUSCANDO SORRISOS…
lunes, 30 de enero de 2017
¡FELIZ DÍA DA PAZ!
lunes, 25 de enero de 2016
ZAPATOCAS E POMBA DA PAZ
viernes, 30 de enero de 2015
FELIZ DÍA DA PAZ
jueves, 22 de enero de 2015
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
Baseándonos no conto do vídeo anterior,“El monstruo de colores”, imos crear o noso bote de sentimentos para a paz. Pensamos enchelo das emocións positivas que axudan e facilitan a convivencia pero necesitamos que os cativos traian un bote de boca ancha para gardalas. Sírvenos calquera que non rompa se cae ao chan: o do cacao que lle botamos o leite, o das cremas, o da mascarilla do pelo … se non teñen poden traer unha caixiña, latiña ou calquera outro recipiente que non sexa moi grande. Ao noso recuncho de sentimentos xa comezaron a chegar os primeiros: o bote dos sobres de azucre, unha caixiña dun cinto, outra das cápsulas do café … Paseniño iremos decorándoas e enchéndoas de emocións.
jueves, 30 de enero de 2014
FELIZ DÍA DA PAZ
martes, 28 de enero de 2014
PREPARANDO O DÍA DA PAZ
viernes, 24 de enero de 2014
FÉLIX E AS GRÚAS DA PAZ
miércoles, 30 de enero de 2013
DÍA DA PAZ
E
chegou o día tan esperado. Queríamos encher as caixiñas cos bicos dos nosos
amigos pero primeiro tiñamos que comprobar que todas estaban listas. Algúns bicos
lle faltaba o nome, a outros a cor…
As caixiñas que chegaran no último momento
estaban sen decorar e a outras había que darlle un último repaso… No transcurso
da mañá fomos revisando e rematando todo, os que tiñan todo listo axudaban aos
máis pequenos e os que tiñan dúas caixiñas compartían cos que non trouxeran
ningunha. Antes de marchar para casa...martes, 29 de enero de 2013
BESOS, BESOS
Este é o título do precioso conto que fala
dos bicos da avoa, ruidosos coma saborosas piruletas; dos bicos de papá, que
pinchan coma cactos; dos bicos do avó, nos que a súa barba branca parece
algodón de azucre… A mestra atopouno na Biblioteca
Pública Municipal de Meis e prestáronllo
para ler na escola. Xa o devolvemos por se outro neno quere levalo, pero
gustounos tanto que ímolo mercar para telo na nosa biblioteca escolar. Dende
este blogue, animamos a toda a comunidade educativa a facerse socios das
bibliotecas municipais, son gratuítas e poderedes gozar de lecturas tan
fermosas coma esta.
Como vedes, en clase seguimos a voltas cos bicos e a
caixiña que estamos a preparar para enchela deles. Os que se esqueceran de
traelas aínda están a tempo. Lembrade que serve calquera con tal de que sexa
pequena: a dos queixiños en porcións, a dos zapatiños
da irmá, a das galletas… Mañá, día escolar da paz, intercambiaremos os
biquiños que con tanto agarimo estivemos a preparar. Hoxe estivemos contando os que
tíñamos, necesitamos 20 de cada cor para que teñamos todos. Mañá axudaremos a
rematar aos pequenos e aos que estiveron enfermos. ¡Teñen tantas ganas de levalas
para casa que non lles da chegado o día! martes, 22 de enero de 2013
MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON OS BESOS?
Este é o título do conto no que nos imos
basear para conmemorar este ano o día escolar da paz e non violencia. Nel, a
mamá do neno protagonista, fálanos de bicos
laranxas cheos de vitaminas, amarelos que son cálidos e intensos, e brancos,
que expresan a paz e tranquilidade que sinto ao teu lado… Nós, en clase, tamén
lle imos dar cor aos nosos bicos. Cada neno escolleu o que máis lle gusta,
cunha única condición: non se pode repetir a cor…
Porque o día da paz imos
repartir os bicos entre todos os nosos amigos. Queremos encher unha caixiña con
eles, e facer como Kati, a meniña do conto “Unha
manchea de bicos” que os ten gardadiños para cando lle fan falta. Para cando
teñamos medo, botemos en falta aos compañeiros, esteamos tristes… Sempre hai un
bico para cada momento, e con eles, todo é máis doado. Estes días, os contos de
bicos van ser os protagonistas. miércoles, 2 de mayo de 2012
NUNCA MÁIS

O pasado
xoves 26 de abril conmemorouse o 75 aniversario do bombardeo de Guernica. “Centenares
de persoas morreron ou resultaron feridas …”. “O 1 de maio Picasso descubre no
xornal o horror” … con estas palabras sinxelas conta o libro “Y
Picasso pinta Guernica” a historia da traxedia e como Picasso crea o seu
cadro máis famoso nun berro de paz.
Na escola tamén quixemos lembrar este
día tan sinalado, reflexionando sobre a crueldade da guerra e lembrando o poema
de Ignacio
Sanz “El Guernica”. Pero sobre todo cunha idea na cabeza: ¡Nunca máis!




































