Mostrando entradas con la etiqueta Prehistoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prehistoria. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Como remate final ao proxecto que desenvolvemos este curso ao redor da prehistoria, visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Nunha visita guiada, descubrimos os petróglifos, percorremos o poboado da Idade de Bronce e, por suposto, vimos a exposición.

Todo isto acompañados da monitora Carla e as súas explicacións.

Despois de repoñer forzas coa merenda, realizamos un obradoiro onde aprendemos como moían o millo miúdo na antigüidade e sementamos fabas.

jueves, 23 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

Este curso por fin puidemos volver a celebrar o Carnaval xuntándonos todas as aulas do colexio. O Xurásico e a prehistoria foron os temas centrais dos disfraces de grandes e pequenos.

As familias prepararon uns traxes espectaculares e a ANPA varios decorados impresionantes.



A primeira hora da mañá o Maggo Deimi fíxonos rir e deixounos abraiados coa súa maxia.


Despois chegaron o baile de Entroido e os xogos.


Repuxemos forzas cunha rica merendola e saímos a realizar o desfile pola contorna.


O broche final púxoo a mestra Olalla de musica coa bonita actuación dos meniños a ritmo de bailes que tiñan a prehistoria como eixo central.

miércoles, 15 de febrero de 2023

LA CUEVA DE NICO

Como nos gustou este contiño que limos fai unhas semanas na biblioteca! 

 

Tanto que decidimos crear un cavernícola coma o protagonista. Xa vos ensinaremos o resultado cando o rematemos.

MANS E ÓSOS PREHISTÓRICOS DE ANA, NOA E LÚA

 

Xa temos máis fotos deses saborosos ósos e mans prehistóricos.

As nosas cociñeiras levaron moito traballiño.

Amasando, recortando e dando forma.


Pero o resultado foi espectacular.



miércoles, 1 de febrero de 2023

OS ÓSOS PREHISTÓRICOS DE BRAIS

O noso chef Brais tamén elaborou uns impresionantes ósos prehistóricos coa inestimable colaboración da súa axudante de cociña Lía.


Con moita precisión foi preparando a súa creación ata crear un prato espectacular.

Que rico!

lunes, 30 de enero de 2023

OS ÓSOS PREHISTÓRICOS DE ANTIA E NOEL

 

Esta fin de semana os fornos das familias de Antía e Noel traballaron intensamente.

Ambas elaboraron uns ósos prehistóricos xeniais.

Primeiro prepararon a masa. 

Despois tiveron que darlle a forma adecuada.

Para seguidamente engadirlle os seus ingredientes favoritos.

E ao final vén o mellor…

E agora a receita para os que se animen a probar.

AS MANS PREHISTÓRICAS DE NOEL

 

Xa temos as fotos das mans prehistóricas elaboradas polo noso cociñeiro Noel.

Meteu de cheo as mans na masa para elaborar esta saborosa receita.

O esforzo tivo a súa recompensa con este espectacular resultado.


 Animádevos a probar!

sábado, 28 de enero de 2023

PEDRAS PARA A PAZ


O vindeiro luns, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano imos unirnos á conmemoración cunhas pedriñas moi especiais que andamos a decorar coa axuda da mestra Olalla e Ana.

Cada pedra, “soporte das primeiras manifestacións artísticas da humanidade”,  leva escrito unha mensaxe de paz. Con todas as do alumnado da escola, baseándonos na idea do Proxecto Pegada, realizaremos unha composición.

jueves, 26 de enero de 2023

AS MANS E OS ÓSOS PREHISTÓRICOS DE NOA

 

A nosa cociñeira Noa tivo hoxe unha xornada intensa entre fogóns.

Mirades nas imaxes canto traballiño levou elaborando as dúas receitas á vez.

Pero o resultado foi espectacular.

Que rico!