Mostrando entradas con la etiqueta Día da nai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da nai. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de mayo de 2013

TORTA DE FROITAS

Para todos aqueles que non lles dera tempo de celebrar o día da nai, aquí lle deixamos a nosa proposta: sorprender ás mamás e ás avoas cunha sinxela e rica torta de froitas. Nós cociñámola o venres pasado, nas fotos podedes ver a receita e o proceso…

lunes, 6 de mayo de 2013

FELIPA E AS NOSAS MAMÁS

Como vos comentamos, a partir do retrato que Salvador Dalí fixo da súa nai, intentamos debuxar as nosas mamás para renderlles unha pequena homenaxe. Este é o resultado, esperamos que vos guste.


viernes, 3 de mayo de 2013

A MAMÁ DE DALÍ

Como este domingo celébrase o día da nai, esta semana coñecemos a Felipa, a mamá de Salvador Dalí. Observamos o retrato que o artista realizou dela e, intentando aprender da súa obra, debuxamos ás nosas mamás. Todas saíron guapísimas pero, como hoxe non conseguimos rematalas, será a vindeira semana cando presentemos en sociedade aos pequenos artistas de Leiro. Tamén vimos os retratos que Dalí realizou do seu pai e da súa irmá, pero esta fin de semana as protagonistas serán as mamás.

jueves, 31 de mayo de 2012

A MIÑA NAI GUSTARÍALLE VIAXAR A…

Dende o día da muller traballadora no que comezamos a coñecer mellor ás nosas mamás, son varias as cousiñas que fomos descubrindo delas á vez que enriquecíamos o noso vocabulario. Xa sabemos como se chaman, cal é a súa cor favorita, o que lles gusta comer e que medio de transporte prefiren para viaxar. Esta fin de semana toca saber onde desexarían ir… Tal vez a Londres, París ou Roma como o noso amigo Félix…

domingo, 6 de mayo de 2012

¡FELICIDADES MAMÁS!

E para celebralo xa temos lista a exposición “Mamás traballadoras de Leiro” que comezaramos co gallo do Día da Muller Traballadora baseándonos nas maternidades de Picasso. Cando empezamos co tema, moitos dos cativos non sabían como se chamaban a súa nai. Eles tíñano claro: “mamá chamase ¡mamá!”. Agora, ademais de ter unhas fotos preciosas que os nenos no paran de mirar, todos sabemos os seus nomes, e non soamente o da nosa, tamén as dos nosos compañeiros. Para coñecer mellor a eses marabillosos seres que nos coidan día a día, estamos a desenvolver un pequeno proxecto ao redor delas. Esta semana iniciamos o tema descubrindo cal era a súa cor favorita: verde, amarelo, violeta, marrón … pero a gran triunfadora foi a azul … Fixemos un listado, consultámolo para copiar as dos nosos amigos, axudámoslles a escribilo aos que se lle resistía algunha letra, comparamos, matizamos a tonalidade: “A verde non, a verde claro é a que ela prefire”. Esta fin de semana toca a gastronomía. ¿que lle gustará comer a nosa nai?...