Onte, coa confección da portada que sirve de guía de
lecturas, rematamos o noso calendario escolar dedicado a Leandro Lamas. Agora
soamente nos queda encadernalo e listo para empeza a usar en setembro.
Paseniño imos creando o noso particular calendario
escolar do vindeiro curso. Imos polo mes de xuño e son moitas as imaxes creadas
por Leandro Lamas que xa coñecemos. Paralelamente imos lendo os contos e poemas
que ilustra, así como escoitando as cancións dos CD que conteñen os libros
disco. Neste enlace
podedes ver o vídeo do conto do Apapaldor ao que dedicamos o mes de decembro.
Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, este ano o noso tradicional calendario escolar temático vai estar
dedicado a Leandro Lamas. En cada mes, ademais da serie numérica, imos traballar
obras realizadas polo autor, un libro e un verso do poema “Doce meses para
gozar” ilustrado el. Xa realizamos setembro, outubro e comezamos novembro. Mirade
no recuncho da biblioteca as imaxes tan coloridas que crea.