Mostrando entradas con la etiqueta Día do pai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do pai. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de marzo de 2014

¡FELICIDADES PAPÁS!

Hoxe fixemos a nosa particular conmemoración do día do pai lendo contos que teñen ao noso proxenitor como protagonista. En “P de papá” vimos como un papá, para axudar o seu fillo, é capaz de transformarse nas cousas máis incribles: nun abrigo, nun colchón, nun carrusel... Aínda que en  “Mi papá es el mejor” tamén descubrimos que hai papás veraneo, papás navideño… ¡ata papás sobre rodas!. E como non nos deu tempo de ver “Un papá a la medida”, aquí vos deixamos o vídeo por se queredes coñecelo en familia.



E non vos esquezades que hoxe ás 18:00 horas comeza a Campaña de Animación á Lectura da Biblioteca Municipal de Meis, co contacontos para bebés “Palma Repalma” de Pavís-Pavós.