Mostrando entradas con la etiqueta Revista escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista escolar. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de junio de 2014

A NOSA REVISTA ESCOLAR Nº 13


Co final de curso chega a publicación da nosa revista escolar ZAPATOCAS. Con ela pretendemos facer unha pequena recompilación do traballado realizado no transcurso do ano académico. Antes de rematar as clase entregámola aos cativos en formato papel e, hoxe, procedemos a súa publicación dixital coa avantaxe de poder ver as súas páxinas en cor. Esperemos que vos guste tanto coma aos nenos.

miércoles, 12 de junio de 2013

A NOSA REVISTA

O final de curso achégase e os materiais elaborados na escola comezan a marchar para as casas dos pequenos. Sen lugar a dúbidas a revista escolar é un dos que máis éxito ten entre os cativos. Hoxe repartimos o número 12 da nosa revista “Zapatocas” e coma sempre foi recibida con moita ilusión e alboroto . Cada ano pretende ser un pequeno resumo do acontecido no centro durante o curso, esperamos que vos guste.


sábado, 16 de junio de 2012

PREPARÁNDONOS PARA O VERÁN

O xoves levamos a revista escolar, onte o noso calendario escolar da poesía … no transcurso da vindeira semana iremos rematando os nosos traballiños e chegaran aos fogares dos cativos. Teñen ganas de ensinarllos á familia e esperamos que elas síntanse tan orgullosas das súas producións coma eles mesmos. Se os conservades, dentro duns anos, poderedes volver a gozar lembrando as cousiñas que facían e os amigos que tiñan cando eran pequerrechiños.