viernes, 30 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022

Este curso por fin puidemos volver a celebrar a chegada do Nadal xuntándonos cos nenos de todas as aulas e as familias.


 Tivemos unha maña repleta de actividades: contacontos, badaladas, merendola, visita do Apalpador e as espectaculares actuacións das aulas baixo a dirección da mestra Olalla de música. Grazas a todas as persoas que colaboraron na organización da festa.


A continuación vos deixamos con moito agarimo o divertido vídeo en lingua de signos que editou a mestra Malú. Picade na imaxe inferior para acceder a el.

miércoles, 21 de diciembre de 2022

martes, 20 de diciembre de 2022

OS RENOS DE ARROZ DE ANTÍA, BRAIS E LÚA

 

Os cociñeiros e cociñeiras de Leiro elaboraron uns renos de arroz espectaculares.

Arroz, olivas, salchichas, un pouco de tomate e listo para comer. 



Antía optou por substituír as olivas e o tomate por salchichas.

lunes, 12 de diciembre de 2022

EXCURSIÓN A PORTONOVO

Aínda que as previsións anunciaban auga, na nosa saída a Portonovo dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben, gozamos dun tempo estupendo. Tras a viaxe en bus que sempre esperta a ilusión nos cativos, chegamos á lonxa onde nos explicaron o proceso de comercialización do peixe e o etiquetado.


Despois visitamos o porto e amosáronnos as principais actividades pesqueiras e os aparellos que se empregan para capturar o peixe.

Na nave de redeiras coñecemos de primeira man o oficio de reparación e armado de redes.


Ao rematar, fomos á praza de abastos a ver a gran variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor.



Ademais da súa amabilidade ao amosarnos os pescados e explicarnos as súas características, déronnos unha chea de agasallos para levar.

Por último, chegou o momento de coñecer os alimentos do mar dende o punto de vista gastronómico. Puidemos degustar unha merenda mariñeira e levar nunha bolsiña as preparacións que nos sobraron.

PIRULETA DE PAPÁ NOEL DE NOA


A nosa cociñeira Noa tamén elaborou a piruleta de Papá Noel. Mirade nas imaxes que ben lle quedou axudándose  dun escarvadentes para facer a barba.


jueves, 8 de diciembre de 2022

BAIXO UN MESMO PARAUGAS


O pasado día 3, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un ano máis a nosa escola uniuse á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” para dar visibilidade a unha sociedade que acolle a todos os seus integrantes xeito igualitario, sen diferenzas, cun mesmo desexo de convivencia.

A PIRULETA DE PAPÁ NOEL DE LÚA

A nosa cociñeira Lúa xa elaborou a piruleta de Papá Noel que propuxemos a semana pasada. Mirade na imaxe que nos enviou que divertida lle quedou.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA

 

Para cada acción que implica violencia e nos fai sentir mal, abrimos unha porta a un acto que nos acouga e reconforta. Entre todos pensamos palabras que nos espertan emocións desagradables e outras cheas de empatía.

Por unha educación baseada no respecto, a tolerancia e a consideración mutua.

miércoles, 7 de diciembre de 2022

AS ÁRBORES DE NADAL DE ANTÍA, BRAIS E NOA


E chegou o momento de encher de árbores de Nadal as nosas propostas culinarias da fin de semana. Nesta ocasión propuxemos empregar mandarina coma ingrediente principal.

O noso chef Brais, usou plátano para o tronco e arándanos e fideos de colores para decorar.

Coma outras veces, contou coa inestimable axuda da súa irmá Lía.

E despois de cociñar, nada mellor que gozar saboreando a creación. 

A nosa cociñeira Noa optou por boliñas de chocolate na decoración da árbore.

Tres versións diferentes e todas boísimas!