Na nosa biblioteca escolar temos unha chea de libros de literatura infantil pero tamén moitos fondos onde buscar diversa información. Hoxe aproveitamos a nosa visita á biblioteca escolar para ver onde están situados os libros de Exipto. Comprobamos que todos teñen pegatina branca e o número 9 porque tratan de xeografía e historia.
Mostrando entradas con la etiqueta Exipto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exipto. Mostrar todas las entradas
lunes, 7 de marzo de 2022
martes, 1 de marzo de 2022
A MOMIA DE ANA E NOA
E xa que andamos a coñecer o Antigo Exipto, propuxemos elaborar unha divertida momia. E aquí están as creacións das nosas espectaculares cociñeiras
Ana e Noa.
EXIPTO
O barco onde viaxa o señor Fogg chega ao Canal de Suez. Aproveitamos a parada en porto para coñecer o impresionante Antigo Exipto.
lunes, 5 de mayo de 2014
COCIÑANDO… ¡O ANTIGO EXIPTO!
O
río Nilo cunhas beiras de kiwi e mazá riquísimas, un impresionante caiuco de
biscoito navegando polas súas cálidas augas de nata, as pirámides, o deserto… todo isto preparou Gabriel coa axuda da súa
mamá e o seu irmán Roi para nós a semana pasada. Graciñas á familia de Gabriel
por compartir os seus libros e cociñar esta espectacular torta.
martes, 15 de enero de 2013
GUÍA DE LECTURAS DE EXIPTO

Estamos traballando as últimas palabras do noso dicionario
de Exipto e pronto comezaremos a desmontar o recuncho de materiais relacionados
con ese país.
Para todos aqueles que, ao igual que o noso amigo Félix, desexen
viaxar e mergullarse nos costumes desta civilización, aquí lles deixamos unha guía
de lecturas coas nosas recomendacións. Xa sabedes que na nosa biblioteca escolar podedes atopar e solicitar en empréstito toda a bibliografía nela recollida.jueves, 10 de enero de 2013
XEROGLÍFICOS
Esta foi a palabra
que elixiu Mencía para o noso dicionario de palabras relacionadas con Exipto. Antes
de dar vacacións, ensinaranos toda a información que buscara ao respecto coa
axuda da súa familia na casa.
Comprobamos que no Antigo Exipto os
escribas empregaban eses debuxos aos que chamamos xeroglíficos, e deixamos
toda a información no noso recuncho.
En informática, co mestre
Rafa, estivemos compoñendo e escribindo o noso nome empregando eses signos. Se queredes
probar a facer os dos vosos amigos, podedes intentalo nos seguintes enlaces http://www.egipto.com/museo/alphabet/name.html
http://www.desarrollosdg.com.ar/educativos/comunicacion/traductor.php.
O martes lembramos como se escribía esta palabra e, como nos gusta ver
o noso nome en xeroglífico, fixémolo tamén en formato papel.martes, 18 de diciembre de 2012
CLEOPATRA
Cando soamente temos tres ou catro anos,
pronunciar as sílabas “Cle” ou “tra” resulta difícil, se ademais van xuntas na
mesma palabra o tema se complica.
Custounos moito aprender o nome da última
raíña de Exipto, Cleopatra,
pero foi divertido buscar, ler e ver os libros
que temos na nosa biblioteca escolar que falan deste famoso personaxe da historia.jueves, 13 de diciembre de 2012
O PAPIRO
Cando Mencía levou o dicionario de
Exipto que estamos elaborando entre todos, elixiu a palabra papiro.
Nos días seguintes
puxémonos a investigar sobre el. Nun libro, descubrimos que se trata dunha
planta á que os exipcios daban moitas utilidades e co proxector de opacos da
biblioteca puidemos ver todos as ilustracións do texto no encerado.
A mestra
contounos que antes a tíñamos no noso xardín, xunto ao estanque, e saímos a
buscala.
Agora non está, debeu de secar, pero a mestra Ana foi ao viveiro que
hai preto da nosa escola e tróuxonos unha para observala e despois plantala. A
verdade é que o que máis nos gustou foron as cóxegas que facían as follas cando
nos achegabamos á planta para observala. 
Neste enlace vimos como
un guía local mostra como se elaboraba o papiro, e mestra Marta deixounos un para
poder comprobar como estaba formado por moitas láminas. Graciñas “profes” Ana e
Marta por axudarnos a coñecer mellor o papiro.viernes, 7 de diciembre de 2012
GUZEYA
Unha
vez máis o calendario escolar deixounos sen o obradoiro de cociña dos venres.
Para todas aquelas familias que se animen a facelo na casa e decidan mergullarse
no mundo dos fogóns cos cativos, aquí vai a nosa proposta da fin de semana:
Guzeya. Despois de todo o trimestre coñecendo Exipto non podíamos deixar de
lado a súa gastronomía.
No libro “Recetas del mundo para compartir” que hai
na biblioteca, atopamos esta receita exipcia. Da man dos sobriños do Pato Donald,
podedes elaborar este sinxelo doce de coco. E para aqueles que non teñan coco
damos outra opción: “Momias
para comer”.
En salchicas, pizzas, bocadillos... ou sándwich, como o da imaxe,
que vimos en http://www.conmishijos.com/galerias/bodadillos-divertidos-para-la-merienda-de-los-ninos/sandwich-momia-para-ninos/, de calqueira xeito están ricas e é unha escusa para pasar unha divertida tarde en familia.
E xa sabedes, se vos animades a cociñar, enviarnos as fotos ao enderezo da
escola escoladeleiro@gmail.com
e publicarémolas.martes, 4 de diciembre de 2012
A NOSA MAQUETA
Desmontamos
o recuncho
de froitos do outono e xa lle fixemos sitio á nosa pequena maqueta
do río Nilo. As abelás, as noces e as améndoas gardámola para facer unha torta de
froitos secos con nata á volta das vacacións de Nadal. As espigas de millo atopámolas
cheas de bichiños e bolboretas, e decidimos reservalas para investigar sobre
eles en canto podamos. 
A fariña de millo pasou a converterse na area do deserto,
un anaco de papel de seda sería o río, a herbiña do xardín o delta do Nilo e a
terra fértil, colocamos as
pirámides que construímos a semana pasada e xa está
lista. 
Pero non queremos despedirnos dos froitos do outono sen ensinarvos as
fotos dun que nos trouxo Martiño e que degustamos fai un par de semanas. As súas
sementes parecen “gominolas”… ¿sabedes xa de que froito falamos?... ¿Cal era o
seu nome?... jueves, 29 de noviembre de 2012
PIRÁMIDES

A
semana pasada no libro “Pirámides”
que temos na biblioteca, vimos como se construíron estas marabillas, como se
foron deteriorando co paso do tempo e como son na actualidade. O martes, no
enlace http://www.airpano.ru/files/Egypt-Cairo-Pyramids/1-2 fixemos unha viaxe imaxinaria en helicóptero
ao redor delas e, hoxe, decidimos confeccionalas en papel.
Gustaríanos
facer unha pequena maqueta con elas xunto ao río Nilo, o deserto, os camelos…
pero non nos queda sitio na aula onde colocala.
A ver se mañá temos algunha
idea e ensinámosvos o resultado. Mentres,
os que esta fin de semana se animen a mergullarse no mundo da repostería, na
imaxe teñen unha orixinal pirámide de biscoito que vimos en http://laclasederocioramirez.blogspot.com.es/2012/03/un-desierto-muy-dulce.htmlviernes, 23 de noviembre de 2012
GLORIA E AS ADIVIÑAS
Na nosa
biblioteca de aula temos un libro novo de Gloria Fuertes que nos encanta: “Diviertete
con Gloria Fuertes”. Ten ilustracións grandes, versos para debuxar, para
xogar… e un poema que ultimamente nos gusta moito: “La
araña de España”. Especialmente cando
recitamos ¡TACATÁ, TACATÁ! a ritmo de palmas con toque flamenco. Probade na
casa cos cativos, seguro que vos divertides.
Pero
Gloria ademais de contos e poemas, tamén escribía adiviñas. Esta semana traballamos unha moi relacionada co proxecto que estamos a desenvolver ao redor
de Exipto, a ver se a acertades.
miércoles, 21 de noviembre de 2012
MOMIAS...
Fai semanas que sabemos que as momias
existen, pero non tiñamos moi claro que características das que lle asignabamos
eran reais e cales pertencían ao mundo da fantasía. Para axudar aos cativos
nesta complicada tarefa, nas últimas semanas estivemos traballando ao redor
delas. Buscamos nos libros da biblioteca e vimos o proceso de momificación.
Iso
axudounos a descubrir que dentro do corpo temos moitos órganos e que cada un
ten unha función. Xa sabemos que as momias non poden moverse porque están “mortas”,
pero tamén aprendemos a clasificar os libros. Hainos que serven para buscar
información pero outros o que ofrecen é diversión porque son contos. E falando
de diversión, unha das cousas que máis nos gusta das momias é a canción da “Momia
de colores” que nos ensinou o mestre de música Felipe.viernes, 16 de noviembre de 2012
DICIONARIO DE EXIPTO
Dende hai un par de
semanas un novo caderno viaxeiro anda a visitar os fogares dos cativos da nosa
aula. Trátase dun dicionario que imos construír entre todos de palabras
relacionadas con Exipto. Aproveitando a viaxe de Félix a este país e co
obxectivo de enriquecer o vocabulario dos nenos, cada familia, elixirá unha palabra
e axudará ao seu fillo a escribila e ilustrala. Posteriormente lerémola e
verémola na escola, aprenderemos todos o seu significado e traballaremos ao
redor dela.
Tamén poderán traer información ao respecto para que os pequenos
conten aos seus compañeiros o que descubriron, crear un novo recuncho
e aprender todos xuntos. A primeira en escoller foi Laura que se decantou por FARAÓN,
despois tocoulle a Anxo que elixiu MOMIA,
María PIRÁMIDE,
Ángela e Andrea CAYADO
e MAYAL respectivamente… O luns saberemos cales son as novas incorporacións
ao noso particular dicionario e nos vindeiros días iremos mostrando o que faremos con
elas.lunes, 15 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
FÉLIX ESTÁ EN EXIPTO
Contóunolo nunha carta que limos a
semana pasada. Nela fálanos de pirámides, camelos, desertos, incluso dun río
chamado Nilo… Hoxe, na biblioteca escolar, estivemos vendo os libros de Exipto que
hai nela.
Temos moitos e puidemos observar algunhas das cousas das que nos
falou Félix. Tamén descubrimos outras sorprendentes: uns signos estraños que a
mestra chamou xeroglíficos, reis e raíñas, xoias… ¡ata momias! E o que moitos
non se esperaban: ¡que existen de verdade!. 
Nas vindeiras semanas iremos
recompilando e organizando toda a información sobre este marabilloso país que o
noso amigo está a visitar. Por agora, xa sabemos que se queremos atopar
información de Exipto na biblioteca, temos que buscar na zona documental no
número 9, nos libros que teñen unha pegatina branca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






