Mostrando entradas con la etiqueta Deportes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deportes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de mayo de 2012

A VOLTAS COAS MOTOS

O luns, no xornal, as motos volvían a ocupar as páxinas dos deportes. Aproveitamos a noticia do mundial de motociclismo para lembrar os nomes das prendas que levan os pilotos, pero sobre todo, para coñecer a moto máis famosa do país que está a visitar o noso amigo Félix: A vespa. A comparación deste vehículo italiano co molesto insecto do que colle o seu nome, levounos a investigar sobre as diferenzas deste coa abella. Pero iso forma parte doutro pequeno proxecto que vos contaremos outro día.

sábado, 28 de abril de 2012

MOTOCICLISMO EN LEIRO

Esta fin de semana celébrase “O Gran Premio de España de Motociclismo”, pero en Leiro xa estivemos “quentando motores” dun xeito moi especial. O mestre Rafa sabe que andamos aprendendo os nomes dos deportes que aparecen no xornal e, ao chegar ao motociclismo, quixo axudarnos a coñecelo mellor traendo a clase ¡un auténtico equipamento de motorista!.
Explicounos que para practicar este deporte é necesario protexerse cunha roupa especial para evitar, na medida das posibilidades, lesións en caso de caídas. Casco, luvas, pantalón, chaqueta e botas. Todo está feito dun xeito diferente que pouco a pouco nos foi mostrando. Vimos, tocamos e incluso probamos … A ver se adiviñades quen son os “motoristas” que aparecen nas fotos … ¿Quen se anima a mandar un comentario coa resposta? …E xa que andamos a voltas coas motos, dende aquí animámosvos a visitar a exposición “Motos históricas. Cen anos sobre rodas” que se exhibe no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, nela expóñense 58 motos dende finais do século XIX ata finais do XX, máis información en http://www.museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/es.02010345.html

domingo, 11 de marzo de 2012

MAÑÁ ¡IMOS DE EXCURSIÓN!

Non vos esquezades, mañá hai que madrugar e chegar cediño á escola. Os autobuses teñen que marchar ás 9:00 se queremos que nos dea tempo de realizar todo o que temos programado para a xornada: ver o noso traballo exposto no Salón do Libro e os dos outros colexios, asistir á actuación do grupo Pavís Pavós, coñecer o Estadio de Pasaron onde xoga o equipo de fútbol Pontevedra FC…
Lembrades que non tedes que traer mochila, ocupan moito espazo e son máis complicadas para transportar dun sitio a outro. Simplemente metede un bocadillo e unha botella pequena de auga co nome posto nunha bolsiña de plástico.
Deste xeito poderemos levar todas nun carriño da compra e non teremos que cargar con peso. E sobre todo, deitarvos cediño para estar ben descansados e gozar  de todas as actividades.

lunes, 6 de febrero de 2012

RUGBY, DIFÍCIL DEPORTE

Ao principio, cando recortamos a foto, parecía que se trataba de futbol pero,  cando limos a noticia, comprobamos que se trataba de Rugby. A maioría dos cativos nunca escoitara falar del. Buscamos na enciclopedia dos deportes como se xogaba e, como non nos quedou moi claro,  pedimos axuda  ao profe Rafa. Contounos que o gorro co que aparecen os xogadores nas fotos é para non lastimar as orellas e colocounos en posición para comprendelo. A verdade é que non entendimos case nada pero rimos moito. Ao final como sempre simplificamos as cousas e rematamos xogando ao rugby ao noso xeito.

viernes, 16 de diciembre de 2011

DEPORTES NO XORNAL

Pouco a pouco imos familiarizán-donos coas sección do periódico. Ultimamente estámonos centrando nos deportes. A maioría de nós xa aprendemos a localizar as fotos sen maior dificultade, agora ven o difícil, saber de que deporte se trata. O fútbol distinguímolo con facilidade pero, co resto, aínda nos queda moito por traballar. Por agora andamos a recortar as fotos que atopamos nos xornais atrasados para ir identificándoos e clasificándoos coa axuda do profe Rafa. Se queredes saber porque temos nas fotos a cariña pintada de ratiños, visitade o blogue de música do cole ou picade directamente aquí, veredes que ben o pasamos na clase anterior.