Ana e Noa tamén se uniron á iniciativa de cociñar os poemas de Florencio Delgado que fan referencia ao arco da vella e a serpe. Mirade nas imaxes de todo o proceso que ben lle saíron.
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
miércoles, 18 de mayo de 2022
martes, 17 de mayo de 2022
A SERPE E O ARCO DA VELLA DE NOA
Con motivo do Día das Letras Galegas, traballamos en clase algúns dos poemas de Manuel Delgado e decidimos levalos ás propostas culinarias da fin de semana. Noa animouse a cociñalos e mirade nas imaxes que ben lle quedaron.
miércoles, 1 de abril de 2020
ROI POETA
Mirade
o precioso poema sobre a situación que nos toca vivir inventou Roi. Nada máis
fermoso que expresar a través da poesía os nosos sentimentos e desexos. Seguro que
si Roi, coma ti ben dis no teu poema, isto pasará e todos xuntos ímolo celebrar.
Grazas por compartir tan lindas palabras connosco, ¡estás feito un artista!
Continuade
mandándonos os vosos poemas, será un xeito fabuloso de desenvolver a creatividade
dos meniños.
jueves, 26 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
NA CASIÑA CON POESÍA
O pasado
21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía. Para conmemoralo dende a nosa
casiña, propoñemos aos meniños que nos envíen un anaquiño do seu poema favorito
e o ilustren. Pode ser de calquera poeta ou inventado. Ou se o preferides enviar
un audio ou vídeo recitándoo como suxiren na aula de Ribadumia. Para quentar motores, publicamos o que eliximos de Rosalía de
Castro para o seu universo e que reescribiron e debuxaron entre todos.
Para os
indecisos nos seguintes enlaces tedes algunhas suxestións
domingo, 13 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Se na
casa tamén queredes aprender cousiñas sobre a vida e obra de esta autora,
podedes facer clic nas imaxes de abaixo e accederedes ás actividades en liña do Seminario Galán.
miércoles, 21 de marzo de 2018
¡FELIZ DÍA DA POESÍA!
Cada 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía. Na nosa aula
celebrámolo levando para casa un poema de Antonio Rubio
que comezaramos a reescribir fai tempo. Trátase do libriño “Zapato”
ilustrado por Óscar Villán e musicado por Cristina Martín Sanz.
viernes, 2 de marzo de 2018
ROSAS E REPOLOS
Convertidos en rosas e repolos, os meniños xa remataron a ilustración
do poema de Rosalía que elixiran para decorar a biblioteca. Mirade na imaxe que riquiño lles quedou.
lunes, 30 de mayo de 2016
REMATAMOS CON MANUEL MARÍA
Aínda que gozamos elixindo, lendo e ilustrando
os textos de Manuel María, a semana pasada dimos por rematado o traballo ao seu
redor co poema “O autobús” que
realizamos entre todos a proposta do equipo de biblioteca do centro. Cada clase
elaborou un dos publicados en “Primavera das letras” e con todos decoramos a biblioteca do colexio para renderlle
unha pequena homenaxe ao autor. Pero sen lugar a dúbidas o que máis gustou aos
cativos foi representarse montándose nese velliño bus que na súa imaxinación
lles leva á escola.
martes, 17 de mayo de 2016
PARA MERENDAR… ¡UN POEMA DE MANUEL MARÍA!
Xa que andamos a voltas con Manuel María decidimos
celebrar o Día das Letras Galegas cociñando un dos seus poemas: “A lebre”. Para
os que desexen imitarnos, a continuación vos deixamos o poema e a receita.
lunes, 16 de mayo de 2016
I CONCURSO DE DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS
O concurso de debuxo organizado pola ANPA do noso colexio
para conmemorar o Día das Letras Galegas, serviunos de incentivo para traballar
ao redor dos poemas de Manuel María. Cada cativo escolleu, escribiu e ilustrou
o seu favorito do libro “Os soños na gaiola” que ten publicado o autor. Como ademais
había que incluír os datos persoais, repasamos os número de teléfono, a idade e
ata o curso escolar. Levamos moito traballiño pero todos os meniños quedaron encantados co
resultado.
domingo, 17 de enero de 2016
OS MÉRCORES, XOGOS DE CARTAS
O poema de Federico García Lorca “Los reyes de la baraja”
que aprendemos o trimestre pasado, ademais de servimos para xogar ao pilla, empregámolo como detonante para comezar a traballar as matemáticas
a partir das cartas.
O primeiro, recoñecer os protagonistas do poema: os reis
da baralla e os seus paus. E con este obxectivo xogamos a ver quen sacaba cada
unha das figuras á vez que repasabamos a escritura dos nomes propios. Este trimestre os mércores xogaremos ás cartas, xa vos contaremos.
martes, 15 de diciembre de 2015
CORRE QUE TE PILLO
Hoxe de novo baseámonos nos poemas de
Federico García Lorca para brincar. Neta ocasión a segunda estrofa de “Los
reyes de la baraja” serviunos para xogar ao pilla e rir pintando a cara dos atrapados.
Para os que non se lembren dos seus versos, a continuación deixamos a versión
musicada de Vicente Monera que tanto nos gusta.
E xa postos a enredar, fixemos un repaso de todos os xogos que aprendemos durante o trimestre, mirade nas fotos que ben o pasamos.
domingo, 6 de diciembre de 2015
¡ATA SEMPRE XOSÉ NEIRA VILAS!
Esta semana os xornais trouxeron unha mala nova, a morte do escritor galego Xosé Neira Vilas. Na nosa biblioteca escolar temos un dos seus libros “Cantarolas”,
que tamén contén versos da súa compañeira Anisia Miranda.
Na nosa aula quixemos renderlle unha pequena homenaxe lendo algúns
dos poemas contidos nesta obra e especialmente “Historia dun grilo”. Neste enlace
da páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas, tedes unha escolma de cancións
compostas e interpretadas por músicos galegos inspirándose nestes poemas. A editorial
Kalandraka acaba de sacar unha nova edición do libro ilustrada por Leandro lamas.
sábado, 28 de noviembre de 2015
NA HORA DE LER… ¡NOVEDADES DE ANDALUCÍA!
Esta semana foron varias
as novidades literarias que viñeron a enriquecer os fondos da nosa biblioteca relacionados
con Andalucía. “¿Dónde cantan los pájaros que cantan?” de Juan Ramón Jiménez, “Cómo se llaman las niñas flamencas”, “Quiero bailar flamenco”, “Mi primer libro de Lorca”, “Juan Ramón Jiménez para niños y niñas… y otros seres curiosos” e da mesma colección o de Federico García Lorca. Como non podía ser doutro xeito, rapidamente comezamos a
dedicar a nosa hora de ler a estas pequenas xoias. Con cada un deles van xurdindo
diferentes actividades que xa vos iremos contando.
lunes, 23 de noviembre de 2015
VERDE QUE TE QUIERO VERDE
Aínda que realmente chámase “Romance sonámbulo”,
a este coñecido poema de Federico García Lorca gústanos chamalo “Verde que te
quiero verde”. A semana pasada estivemos traballando ao redor del e divertíndonos
cantándoo co ritmo flamenco que lle da Ketama na versión que ten con Manzanita. Para ilustralo axudámonos dos libros “Como dibujar animales”
e “Vamos a dibujar… un barco”. Con eles descubrimos como realizar un cabalo e un barco
dun xeito facilísimo e moi xeitoso.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
LA TARARA
Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, na escola estamos a traballar ao redor dalgúns escritores andaluces. Esta
semana centrámonos no poema “La Tarara” que Federico García Lorca compuxo a partir dunhas coplas populares.
Estes versos, nalgunhas zonas de España, son empregados como xogo de roda que
nós aproveitamos para aprender.
Hai moitas versións musicadas de “La Tarara”,
a continuación vos deixamos a de Antonio Vega que é a que máis nos gusta.
viernes, 14 de marzo de 2014
TORTA DE AMORODOS
Dende
o día do 177 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro, tíñamos
ganas de celebralo coa nosa tradicional torta de amorodos, pero as festas do
Entroido fixeron que o aprazaramos. Hoxe lembramos a nosa poeta favorita
recitando os seus poemas, escoitando o libro-disco “Rosalía pequeniña” e, por
suposto, cociñando unha riquísima torta de amorodos con nata.
lunes, 17 de febrero de 2014
TOKIO
Este é o título do conto que limos a semana pasada na biblioteca escolar. Con el
descubrimos algunhas cousas curiosas de Tokio, como que hai moitos corvos, que
regalan panos de man de papel con publicidade ou que as casas son moi caras.
Pero o que máis nos chamou a atención deste libro foi o nome da editorial que o
publica: media vaca.
Na nosa biblioteca non temos ningún andel co seu anagrama porque
unicamente temos este volumen. Os contos de todas aquelas editoriais das que
soamente adquirimos un ou dous exemplares están xuntos nun estante que aproveitamos
para coñecer.
Neste andel atopamos o
libro “Margarita”,
o poema de Rubén Dario que tanto nos gusta e que limos fai un par de semanas. A
continuación vos deixamos a súa versión en curtametraxe, veredes que bonito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















































