Mostrando entradas con la etiqueta Andersen. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andersen. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Para conmemorar o nacemento do escritor Hans Christian Andersen, autor de contos tan famosos como “A Sereíña” ou “A Raíña das Neves”, dende 1967, o 2 de abril celebrase o Día Internacional do Libro Infantil. O seu obxectivo e espertar o amor polos libros para nenos e salientar a súa importancia. Na escola recuperamos a nosa maleta cargada de contos e películas deste escritor para a hora de ler e xa comezamos a mergullarnos neles. 

miércoles, 6 de junio de 2012

UNHA SEMANA CON ANDERSEN

Onte, cando vimos a maleta, non sabíamos que atoparíamos dentro. Na nosa inxenuidade tíñamos a esperanza de que, a bruxa do dente, que ás veces agocha as cousas da mestra para facela rabiar, escondera dentro os tres ordenadores que desapareceron da zona de informática. Pero non, agora xa estamos seguros de que os roubaron da nosa querida biblioteca ao redor da que tanto traballamos para conseguilos. Pero ao que íamos, a maleta que veu cargada de contos do escritor Hans Christian Andersen para a “hora de ler”. Son tantos que case non sabemos por cal decidirnos, e non soamente libros, tamén ten películas: O soldadiño de Chumbo,  Polgariña, O traxe novo do Rei… Onte Paula escolleu “A Sereíña” e hoxe Antía  “O Parruliño Feo”. Despois vimos no encerado dixital “A Raíña das Neves”. Ven para quedarse unha semana con nós, nos seguintes días investigaremos sobre este autor a ver se conseguimos convencelo e queda máis tempo entre nós. Se na casa tamén queredes aprender xogando, picade no LIM do seguinte enlace http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=111584