Mostrando entradas con la etiqueta Landras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Landras. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de octubre de 2023

O PARQUE DE LANDRAS

Estes días no que o sol quenta de máis e a temperatura sube, facemos o recreo no “Patio de landras”. Así denominan os meniños ao parque polo gran carballo que medra ao seu carón e enche todo con seus froitos de outono. Coas landras,follas e pauciños as oportunidades de xogos multiplícanse. Os nenos enchen caldeiros, fan collages, debuxos, nomes … Como lles gusta a todos experimentar á sombra desta espectacular árbore!

martes, 26 de septiembre de 2017

OS BONEQUIÑOS DE ROI


Cada outono o patio da escola enchese de landras, pequenos tesouros cos que os meniños enredan durante o recreo. En si mesmas xa teñen un gran valor para os cativos, pero se ademais lle engadimos un pouquiño de imaxinación e a axuda da familia, creamos autenticas xoias para os nenos. Hoxe quedamos abraiados cos que trouxo Roi para compartir connosco, mirade que riquiños.

jueves, 21 de septiembre de 2017

COÑECENDO O AULA DE NATUREZA


Onte a mestra Ana veu a explicarlle aos meniños como vai ser o traballo que van realizar na aula de natureza durante o curso. Ensinounos as ferramentas e utensilios, falounos das medidas de protección, presentounos as súas mascotas e incluso mostrounos unha chea de sementes para que apreciaramos o diferente que poden chegar a ser. Para rematar contounos a bonita historia de “O carballo con botas” que ten unha semente moi especial como protagonista: a landra.

E falando de landras, mirade na foto que boneco máis xeitoso fixo con elas Laura e a súa mamá. Estes días o patio de recreo está cheo destes froitos secos e aos cativos encántalles xogar con eles. Neste enlace tedes varias ideas por se vos apetece a fin de semana axudar aos vosos fillos a levalas á práctica. 

lunes, 13 de octubre de 2014

XIRAFAS CON LANDRAS


Dende que viramos os que fixera Lucía coa axuda da súa mamá, todos queríamos ter monequiños  como os dela. O venres, decidimos aproveitar a tregua que nos deu a choiva para apañar landras e, paseniño, facer para todos. 
Comezamos realizando touros con cornos que era o máis solicitado, pero hoxe, coa xirafa que debuxou Pablo no caderno viaxeiro como detonante,  probamos a crealas con landras. A mestra Ana estivo axudándonos e ensinounos como decoralas con rotuladores. Agora todos queremos ter xirafas, a ver se as damos feito.

martes, 23 de septiembre de 2014

XOGUETES CON LADRAS


 Como xa vos comentaramos, aos nenos encántalles xogar coas landras que caen do carballo no noso patio de recreo. Fan comidiñas con elas, compáranas polo tamaño e a cor, témolles pitados ollos e boca e convertelas en improvisados monecos … Pero onte Lucía deixounos abraiados con pastor e as ovellas que realizou coa axuda da súa mamá e que compartiu connosco. Probade na casa a facer estes xoguetiños cos cativos e veredes como se divirten.

lunes, 15 de septiembre de 2014

¡CANTAS LANDRAS!


E follas, castañas, ourizos… cada día o noso patio de recreo aparece máis cheo destes elementos propios da vindeira estación. No calendario da escola comprobamos que faltan poucos días para que comece o outono e, coa súa chegada, son moitos os froitos que están listos para a colleita. Hoxe vimos como o castiñeiro da escola empeza a deixar caer os primeiros ourizos. Con coidadiño e a axuda das botas da mestra Rosana, conseguimos apañar algunhas castañas. Levámolas para clase, xunto as landras coas que nos gusta tanto xogar á hora do recreo e, nos vindeiros días, montaremos o noso recuncho de froitos do outono. Nel iremos colocando todos os que consigamos para observalos e aprender os seus nomes e características.

martes, 23 de octubre de 2012

FROITOS DE OUTONO

Grazas á colaboración das familias, o noso recuncho vaise enchendo de: cabazas, castañas, landras, marmelos … Nos vindeiros días, paseniño, iremos observando, comparando e estudando todos os froitos. Esta semana ímola dedicar ao millo. Hoxe estivemos vendo cales era as partes da espiga e como se chamaban, como tiñamos que facer para esfollar e que hai utensilios que facilitan o traballo. Pero o que máis nos gustou foi debullar. Ao principio custounos darlle con xeito, os nosos dediños esvaraban e os grans non saían, pero despois non queríamos parar. No encerado dixital vimos que coas espigas poden facerse bonecas e xoguetes como os das imaxes. Seguro que os nosos avós saben desto unha chea e nos poden facer algunha para traer a clase e ensinar aos nosos amigos. Os nosos maiores tamén foron pequerrechiños e xogaban a crear os seus propios xoguetes, animádevos a ensinar aos máis pequenos toda esa riqueza do noso patrimonio e evitemos que se perda.

martes, 29 de noviembre de 2011

XAIME E AS LANDRAS

Hoxe vimos un conto no que o seu protagonista, Xaime, plantou landras coma nós. Se na casa tamén queredes gozar coa súa lectura, aquí deixovos a seguinte  presentación

lunes, 28 de noviembre de 2011

AS LANDRAS DO NOSO CARBALLO

Aínda nos leva tempo dabondo, pero xa imos controlando a tarefa de poñer as luvas antes de traballar coa terra no xardín. Estes días andamos a plantar as landras que caeron do carballo da nosa escola.
Estamos a aprender moitas cousas sobre elas. Se as coidamos, tal vez medren e, dentro de moitos anos,  convértanse  nunha árbore como as que estudamos coa profe Ana.