miércoles, 27 de septiembre de 2023

PUZZLES

Para desenvolver o pensamento matemático, mellorar e centrar a atención, aumentar a capacidade de concentración, adquirir habilidades motoras, enriquecer o vocabulario espacial e, sobre todo, para que se divirtan mentres os meniños aprenden xogando, na aula utilizamos quebracabezas adaptados ás diferentes idades.



AS BOLBORETAS DE NOA E ANA

Paseniño o noso blog vaise enchendo de saborosas e nutritivas bolboretas. Hoxe temos as creadas por Ana e Noa. Grazas, familia! Quedaron xeniais!

lunes, 25 de septiembre de 2023

BOLBORETA DE UVAS

Coa volta á rutina, inauguramos o noso obradoiro de cociña con propostas que teñen as uvas como ingrediente principal. Comezamos cunha divertida bolboreta. 


En clase traballamos ao redor da receita con diferentes graos de implicación dependendo da idade dos meniños.

Os máis pequenos con letras móbiles e os maiores con grafías máis complexas.


Despois en casa podedes elaborar as diferentes receitas e enviarnos as fotos ao correo como fixeron Yaiza e Antía.

Podedes substituír os ingredientes suxeridos por outros que teñades na casa ou facer as vosas propias versións.Grazas a Yaiza e Antía por compartir as súas creacións connosco, quedaron chulísimas!

miércoles, 20 de septiembre de 2023

A BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta semana comezamos co horario habitual. Cada luns pasaremos parte da xornada na biblioteca escolar traballando ao redor da animación a lectura, a educación documental e a formación de usuarios.

Con Zapatocas, a mascota da biblioteca, xa realizamos o empréstito de libros e a posta en marcha das mochilas viaxeiras. Ben protexidiños nas bolsas de lectura, os contos da nosa biblioteca xa emprenderon o seu camiñar polos fogares dos meniños.

lunes, 18 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO 2023/24


Reencontrarse coas mestras e os amigos do curso pasado, coñecer aos novos compañeiros, volver ás rutinas e ás actividades escolares … A semana pasada desenvolvemos o período de adaptación de grandes e pequenos.



Paseniño fomos collendo o ritmo e xa estamos listos para comezar o novo curso escolar.