Aínda que as previsións anunciaban auga, na nosa saída a
Portonovo dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben, gozamos dun tempo estupendo.
Tras a viaxe en bus que sempre esperta a ilusión nos cativos, chegamos á lonxa
onde nos explicaron o proceso de comercialización do peixe e o etiquetado.
Despois visitamos o porto e amosáronnos as principais
actividades pesqueiras e os aparellos que se empregan para capturar o peixe.
Na nave de redeiras coñecemos de primeira man o oficio de
reparación e armado de redes.
Ao rematar, fomos á praza de abastos a ver a gran
variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do
consumidor.
Ademais da súa amabilidade ao amosarnos os pescados e
explicarnos as súas características, déronnos unha chea de agasallos para levar.
Por último, chegou o momento de coñecer os alimentos do
mar dende o punto de vista gastronómico. Puidemos degustar unha merenda
mariñeira e levar nunha bolsiña as preparacións que nos sobraron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario